Igrexa de Klinte
Igrexa de Klinte | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Klinte |
Coordenadas | 57°22′42″N 18°13′56″L / 57.378444444444, 18.23225 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Klinte (sueco: Klinte kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Klinte, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A parte máis antiga da igrexa de Klinte é a base da súa torre que foi construída na primeira metade do século XIII en estilo románico. É a única parte que queda dunha igrexa anterior románica. Ao redor do ano 1300 o coro e a nave desa primeira igrexa foron substituídos polos actuais de estilo gótico. Durante esa época tamén foi engadida a parte superior da torre para harmonizar o conxunto.[1]
Externamente a base da torre ten un portal e unhas fiestras románicas. A parte superior mostra fiestras góticas. O portal do coro é digno de mención debido aos seus capiteis, un perfecto exemplo da escultura en pedra da época.[1]
Internamente a bóveda do coro está decorada con frescos semellantes aos da igrexa de Rone. Na fiestra oriental do coro consérvanse aínda algúns paneis das vidreiras orixinais, representando escenas relixiosas. Pénsase que foron realizados polo mesmo artesán que elaborou as vidreiras da igrexa de Alskog. Entre o mobiliario destaca a cruz triunfal, que data do século XV. O retablo de arenita é do ano 1643 e foi esculpido polo escultor Gert van Eghen. A pía bautismal é de 1667 e os bancos datan do século XVII.[1]
A igrexa foi restaurada no ano 1933.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o aire
-
Portal do coro
-
Interior da igrexa
-
Cruz triunfal
-
Pía bautismal