Igrexa de Eke
Igrexa de Eke | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Eke |
Coordenadas | 57°10′05″N 18°22′44″L / 57.16806, 18.37902 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Eke (sueco: Eke kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Eke, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A presente igrexa coa súa nave románica e torre gótica estivo precedida por unha stavkirke no mesmo lugar, da cal se atoparon fragmentos baixo o chan da igrexa no ano 1916. A stavkirke estaba decorada con pinturas de estilo bizantino.[1]
As partes máis antigas do actual edificio son a nave e o coro, que datan de mediados do século XIII. A desproporcionada torre foi engadida ao redor do ano 1300. Posteriormente engadíuse a sancristía no ano 1833, e agrandáronse todas as fiestras orixinais agás unha.[1] Ese ano os murais medievais foron borrados con cal e foron descubertos novamente en 1916.[2]
Externamente a igrexa está dominada pola masiva torre. Esta ten un portal gótico, mentres que a nave ten portais románicos decorados coe n pedra calcaria vermella e arenita gris-verde de xeito alterno.[1]
No seu interior a igrexa está ricamente decorada con frescos medievais. Os máis antigos, do século XIII, atópanse no coro e representan animais imaxinarios, ornamentos xeométricos e follaxe. Os outros son de mediados do século XV e amosan escenas da Paixón de Cristo e doutras historias da Biblia.[1]
Entre o mobiliario da igrexa destaca a pía bautismal do escultor románico coñecido como Sigraf que data do século XII, así como unha Madonna de madeira de ao redor do ano 1500. Os bancos e o púlpito son do século XVIII.[1]
A igrexa foi restaurada en 1916 e entre 1969 e 1971.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o aire
-
Pía bautismal
-
Portal sur da nave
-
Frescos do interior
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 119–120. ISBN 9129410355.
- ↑ Jonson, Christer (2017). Angels et dragons : Gotland's cultural treasures. Visby: Gotlands Museum. ISBN 9789188036988. OCLC 1077527198.