Igrexa de När
Igrexa de När | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | När |
Coordenadas | 57°15′26″N 18°37′31″L / 57.25734, 18.62529 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de När (sueco: Närs kyrka) é unha igrexa medieval luterana en När, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A parte máis antiga da presente igrexa de När é a torre, construída a mediados do século XIII. Orixinalmente foi deseñada para ser capaz de funcionar como unha torre defensiva, con seteiras aínda visibles na primeira planta. A nave e o coro actuais engadíronse á torre ao redor do ano 1300. Dunha igrexa románica anterior no mesmo lugar non se conserva ningún resto.[1]
Externamente a igrexa ten dous portais decorados con esculturas de pedra na súa fachada sur. Internamente está dividida por dúas columnas centrais. Entre o mobiliario, a pía bautismal románica é a peza máis antiga. Foi realizada polo escultor coñecido como Hegvald e os seus relieves representan motivos relixiosos. A igrexa tamén ten unha cruz triunfal medieval. A meirande parte do resto do mobiliario é dos séculos XVII e XVIII. Nunha das lychgates que conducen ao edificio hai unha tumba decorada do ano 1322.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o sur
-
Portal da nave
-
Interior da igrexa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 218–219. ISBN 9129410355.