Saltar ao contido

Igrexa de Ala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Ala
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónAla
Coordenadas57°25′08″N 18°38′07″L / 57.419, 18.63516667
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Estiloarquitectura románica
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Ala (sueco: Ala kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Ala, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

[editar | editar a fonte]

A parte máis antiga desta igrexa de nave única é a nave, construída durante o século XII. O coro actual, do mesmo ancho que a nave, foi engadido durante a metade do século XIII, substituíndo a coro é a unha ábsida anteriores considerablemente máis pequenos,[1] creando así un longo edificio cunha única célula, algo raro entre as igrexas de Gotland.[2] A torre é un pouco máis antiga que o coro. Os portais do sur, pertencentes á anterior igrexa, mostran algunhas esculturas de pedra pouco comúns.[3]

No seu interior a igrexa está decorada con frescos medievais, formados por dous conxuntos realizados en dous períodos diferentes. O máis vello data de finais do século XIII e representa animais lendarios e ornamentos. O máis recente é do século XV e amosa unha escena da lenda de San Martiño, unha gran pintura representando a Paixón de Cristo feita polo artista coñecido como Passionsmästaren, e outros temas relixiosos.[3]

A igrexa foi devastada por un incendio no ano 1938 e a meirande parte do seu mobiliario, incluída unha cruz triunfal do século XIII, quedou destruído. A pía bautismal, feita con pedra calcárea local, foi dous poucos obxectos que sobreviviron.[2] O incendio comezou na torre, onde se estaban a realizar traballos de carpintería, e enguliu a igrexa en 15 minutos.[2] Entre os anos 1938 e 1940 leváronse a cabo traballos de restauración, e a igrexa tivo un novo órgano en 1955.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Söderberg, Bengt G (1978). Gotlandskonst, ed. Kyrkorna på Gotland: The churches of Gotland. Visby. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Sjöstrand, Eva; Jonson, Christer; Geijerstam, Bengt af (2013). Gotlands museum, ed. Änglar & drakar: en gotländsk kulturskatt. Visby. ISBN 978-91-88036-88-9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 86–88. ISBN 9129410355.