Zángano
Aparencia
Na mitoloxía galega, o zángano é un ser imaxinario con aspecto de bo mozo, que anda dun sitio a outro alí onde haxa mozas traballando. Achégase onda elas e demórase tempo e tempo a entretelas, impedindo así que fagan o seu labor. Ninguén sabe de onde veñen nin a onde van logo desta trasnada,[1] algo que adoita facer -aparecer e desaparecer- de forma súbita.
Para zafarse del, as mozas cantan esta cantiga, que as fontes non localizan:
"Morte, que andas polo mundo
vinde buscar ó zángano
se habedes de vir, vinde logo,
antes que faga máis dano"Cuba, px. 264
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuba, Xoán Ramiro; Miranda, Xosé; Reigosa, Antonio (2022). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-1110-072-4.
- Vaqueiro, Vítor (2011). Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Galaxia.