Saltar ao contido

A silva na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Locucións[editar | editar a fonte]

  • Avogado das silveiras: aplícase a quen, sen ter o título de avogado, presume de saber de leis. Tamén, a quen adoita actuar de mala fe para provocar disputas e preitos dos que tirar algún proveito.
  • Fillo de tralas silveiras: fillo de solteira.[1]
  • Ser coma unha ovella atada a unha silva: mostrar pouca disposición.[2]

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Ano de amoras, ano de choras[3][4].
  • Pouca lá e polas silveiras[5].
  • Se San Xoán chora, a silveira non dá mora.[6]
  • Se San Xoan chora, a silveira non dá moras.[7]

Cantigueiro[editar | editar a fonte]

  • A silva que me picou/ ela no camiño queda,/ inda me non picou silva/ que me non vingase dela[8].
  • A silveira prendediza/ prende no aro da poza;/ tamén os amores prenden/ no curazón dunha moza[9].
  • Antes quero á miña porta/ unha silva que me pique/ que non unha mala lengoa/ que a miña honra me quite[10].
  • Arriba raposo,/que estás tras do toxo,/non comas o año/a Pedro Castaño/que vai na ribeira/catar a manteiga/pra a vella parida/que está na silveira/con feixe de estelas/queimando as canelas.
  • Dices que non pode ser/ silva verde dar un cravo,/ védelo eiquí ben bonita/ criado no monte bravo[11].
  • Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno.[12]
  • Moreniña, moreniña,/ morena coma unha mora;/ non sei que ten o moreno/ que a todo o mundo namora[13].
  • O crego da miña aldea/ ten as cirolas rachadas/ que llas rachou a silveira/ por correr tras das criadas.[14]
  • O paxaro cando canta/ mete o rabo na silveira,/ esí fai a boa moza/ cando non hai quen a queira.[15]
  • O paxaro, cando canta,/ mete o rabo nas silveiras;/ tamén o meten as mozas/ cando non ten quen os queira.[16]
  • O reiseñol cando canta/ mete o pico na silveira,/ tamén eu me adivertía/ cunha meniña solteira.[17]
  • Quen me dera miña nai/ anque fora dunha silva,/ que anque me a silva picara/ eu sempre era a súa filla[18].
  • Teño unha flor de silveira/ que me deu o meu amor/ cando viñamos da festa,/ da festa da Conceición[19].
  • Teño unha silveira á porta/ que de contado me prende,/ teño unha mala veciña/ que sen diñeiro me vende[20].
  • Tu disme que non me queres,/ non me dá pena maldita,/ que a mancha dunha mora/ con outra verde se quita[21].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García 1985.
  2. Cerviño 2013.
  3. Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  5. Equivale a eramos poucos e pariu a avoa.
  6. Soto 2013.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 47.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 47. No orixinal: de unha.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández, 41.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 70.
  12. Rivas 1978.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández, 105.
  14. Bouza 1929, p. 196.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández, 122.
  16. Ramón 1982, p. 217.
  17. Xaquín Lorenzo Fernández, 123.
  18. Xaquín Lorenzo Fernández, 137.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández', 152. Festa de Santa María a Real de Entrimo, o 15 de agosto.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 153.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández, 157.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]