Refraneiro galego da vaca
Aparencia
(Redirección desde «A vaca na cultura popular galega»)
A seguir recóllese a pegada da vaca na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
O becerro, xato, cuxo, vitelo ou pucho
[editar | editar a fonte]- Cada ovella coñez o seu rexelo e cada vaca o seu tenreiro/becerro.
- Cuxo/Puchiño/Xatiño mamote ben dorme.
- Cuxo mansiño de tódolos tetos mama.
- O becerriño manso mama a súa nai e a outras catro.
- De becerro verás o boi que terás.
- De pequeniña verás a vaquiña que terás /qué vaquiña terás
- De pequeniño verás o boi que terás /qué boi terás.
- De pequeno conocerás qué boi terás.
- De pequeno verás o boi que terás /qué boi terás.
- De piquiniño /xato verás qué boi terás.
- De xatiña verás a vaquiña que terás.
- O boi que terás, de tenreiro o verás.
- De vacas e xatos van os coiros ó mercado.
- En sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras.
- O crego de Albarellos ten máis touras cós seus novelos.
- O que perdeu un boi e atopou un xato, xa non perdeu tanto.
- Ós pobres Deus mándalles nenos, ós ricos mándalles becerros.
- Ós probes mándalles Deus nenos; e ós ricos, becerros.
- Que dea a vaca bo tenreiro, que moito leite coa herba no prado non hai que esperalo
- Que dea a vaca bon becerro /bos xatos e bo leite coa herba do prado n'o hai que esperalo.
- Xatiña de vaca brava turra sempre.
O touro ou boi
[editar | editar a fonte]- Cando che dan o almallo, acude co barazo.
- De antre o touro e o boi, navalla do capador/coitelo de castrador.
- Do toro ó boi, a navalla do castrador/capador.
- Do toro ó boi sólo vai un castrador.
- Entre o touro e o boi, o coitelo capador.
- En terra allea hastr'as vacas turran ós bois.
- Quen perde o almallo, búscalle o chocallo.
- Touriño e muller onde aches dos teus.
- Touro e muller da túa terra deben ser.
Capas
[editar | editar a fonte]Capa marela
[editar | editar a fonte]- A vaca marela non hai quen poida con ela.
- Boi marelo escuro, ara polo mol, ara polo duro.
- Boi marelo lourado, primeiro morto que ampeado.
- Boi marelo, pouco andar e moito penso.
- Mal lle vai á corte onde o boi teixo non tose/tuse.
- Mariquiña do terbelledoiro, o teu pai ten un boi loiro.
- Miña marela gallarda, ara, carreta e non cansa.
- Nin bo Pedro nin boi marelo, nin boa herba por riba do rego, nin boa mula que faga "gin" nin boa muller que fale latín.
- Nin bo porco, nin bo marelo, nin boa herba por riba do rego, nin boa mula que faga "xin" nin boa muller que fale latín.
- Nin bo Xan nin bo Pedro, nin boi marelo enriba do rego /nin boi morto por riba do rego.
- Non hai mal que por mal non veña, morreume a sogra e pareume a vermella.
- O que non munxe marela, non fai queixo nin manteiga.
Outras capas
[editar | editar a fonte]- A vaca branca, nin na casa nin na praza.
- Gando branco, millor é velo no prato.
- Gando branco, nin no pasto nin no banco.
- Nin vaca con píntegas nin muller ispida.
Os cornos
[editar | editar a fonte]- A vaca, chover, chover, astra o corno amolecer; a besta, secar, secar, astra o beizo regañar.
- Chover, chover, astra o meu corno amolecer.
- O boi diz: "¡Tanto chovese astra que os cornos lle amolecesen!".
- ¡Que tanto chovese que ate os cornos lle amollecesen.
- Miña marela gallarda, ara, carreta e non cansa.
- Miña vaquiña gallarda, ara, carreta e non cansa.
- Non hai preito que non se arregre nin corno que non se endereite.
- Ó boi morto acañarlle /agarrarlle /acáñalle o corno.
- Ó boi morto, collerlle o corno.
- O que deixa o seu polo alleo, colle un corno e méteo no seo .
- Os cornos das vacas non son como os dos bois.
- Xente de Noia, campana de pau, tocan á misa co corno.
Os tetos
[editar | editar a fonte]- A vaca, canto máis se munxe, máis grande ten o teto.
- Vaca alugada, tetos enxoitos.
- Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.
Extremidades
[editar | editar a fonte]- Bravo está o touriño, dinmo/llo as presunllas, porque esgarabata e non arrebuña.
- A vaca farta, do rabo fai a cama.
- A vaca farta, do seu rabo fai bragada.
- A vaca farta, do seu rabo fai cama.
- Á vaca farta o rabo élle abrigado.
- O boi afartado fai cama do rabo.
- O boi farto déitase no prado e fai cama do rabo.
- Do boi co rabo recachado, ponte a salvo.
- O touriño, cando é bravo, ó andar recacha o rabo.
Características
[editar | editar a fonte]Características positivas
[editar | editar a fonte]Gando grande e ben feito
[editar | editar a fonte]- Boi grande, are ou non are.
- Chocallo de prata e bois rombós son as boas señaes do labrador.
- Testa vén a vaca, inda que fraca.
- Vaca barrigona e ovella corna nin a des nin a troques por outra.
Vaca que dá moito leite
[editar | editar a fonte]- A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no vran.
- A vaca, para ser leiteira, ha de ter ubre larga, os cornos aguzados e fuciño achatado.
- A vaca para ser leiteira ten que ter o teto longo, corna aguzada e fuciño mocho.
- ¿Eres leiteiriña de Arroxo? Xa, xa (te conozo).
- Vaca de leite, pouco traballo.
- Vaca leiteira non vai á feira.
- Vaca remoedora, leite amorra.
Gando vello que traballa ben
[editar | editar a fonte]- Á vaca vella aguzarlle /aliviarlle a rella.
- A vaca vella turra do arado, a xuvenca deprende ó seu cabo.
- Ara con boi vello, que non che perderá o rego.
- Axunto da vaca vella deprende a ara-la xovenca.
- Axunto do boi vello afeizóase o xuvenco /deprende a ara-lo xuvenco.
- Cabe do boi vello deprende a turra-lo xuvenco.
- O boi vello puxa do arado e o novo deprende ó seu cabo.
- Boi vello faise novo no lameiro.
- Boi vello folga/refolga no lameiro.
- Pra o boi vello, verde lameiro.
- Boi vello faise ó meu subeu e ó teu.
- Boi vello labra cos ósos.
- Boi vello, sólo cos ósos puxa o carro.
- Boi vello non olla o rego.
- Boi vello polo uso ara.
- Boi vello, rego dreito /suco dereito.
- O boi, cando vai vello, máis dreito leva o rego.
- O boi, cando vai vello, millor tira o rego.
- O boi, cando vello, millor leva o rego.
- O boi, canto máis vello, millor leva o rego.
- O boi millor leva o rego.
- O boi vello, de seu leva o rego.
- O boi vello leva o suco ó dereito.
- Boi vello, pola rilleira.
- Bois vellos con canga nova, envelga torta.
- Bois vellos con xugo novo, rego torto.
- Parella nova, envelga torta.
- Parella vella con canga nova, envelga torta; e, se nova, nin dreita nin torta.
- Parella vella con canga nova, envelga torta; e si nova a parella, nin torta nin dereita.
- Parella vella con xugo novo, tira o rego torto e parella nova con xugo vello, nin torto nin dereito.
- Mal lle vai á corte cando o boi vello non tose.
- Mal vai a corte onde o boi vello non tose.
- Onde o boi vello non tuse, a fouce enferrúxase.
- ¡Malia do sobeu no que non turra o boi vello!
- Ó boi adoito, térmalle a teiró que che ara solo.
- O boi ben vezado traballa a carón do faco.
- O boi máis vello panda por ser mal labrada a horta.
- O boi termente atura a semente.
- Ó boi vello dálle mantenza e darache a pelexa.
- O boi vellouqueiro conoce ó seu amo e ó seu come-deiro.
- Ó boi vello non lle búsque-la corte, que xa che dará el coela.
- Ó boi vello non lle busques abrigo, búscallo ó becerriño.
- Ó boi vello non lle múde-la corte.
- Ó boi vello non lle cates abrigo.
- Ó boi vello non lle cates achego, porque el vaise ó verde e deixa o seco, mais, se verde non acha, o seco apaña.
- Poldro, de poldrela; becerro, de vaca vella.
O pastoreo
[editar | editar a fonte]- A vella conta unha hestoria e o vaqueiro unha vitoria.
- As farfaliñas do zarrón polo serán boas son.
- Asembra de pastores, perda pra os señores.
- Cando cantan os pegureiros, rabean os amos.
- Cando arraia o soalleiro, quenqueira é pigoreiro; cando o inverno vén, xa non hai quen.
- Co vranciño é bo calquer goriño, ca iauga e a neve cata quen cho leve.
- Polo vran calquer pastor é barragán, polo inverno míralle o pelexo.
- Cando chove e fai sol, alegre está o pastor.
- Cando chove e fai sol, ledo anda o pastor.
- Cando neva na serra, sexa pastor quen o desexa.
- Cando neva, sexa pegureiro quen quera.
- Cando neva, sexa vaqueiro quen quera.
- Cando neve na serra, sexa pastor quen queira.
- Cando neve, sexa vaqueiro quen o terme.
- Nin con neve sexas vaqueiro nin de roín sexas servidor.
- De vacas falan os vaqueiros e de vento os mariñeiros.
- De ventos fala o mariñeiro, de vacas o pegureiro.
- De vello, vacas gardar, pouco durar.
- O que queira co vello acabar mándeo de inverno ó monte a gardar.
- Deixa o pegureiro as vacas, mentras a molina non para.
- Fonte de vaqueiros no inverno ten auga; no vran é cagalleiro.
- Máis quero ser vaca que vaqueiro.
- Non todo o que leva pelica é pegureiro.
- O fillo do pegureiro non se cría sin laieiro.
- Ó pastor que moito se gaba, o demo lle linda as vacas.
- Ó pegureiro vello, fato pequeno.
- Ó portelo do pastor chamou a fame e non entrou.
- Ó que veña do maroto e ó que veña do xaldo para a braña do vaqueiro, miña parte douna ó diaño.
- Onte vaqueiro e hoxe cabaleiro.
- Peguriño novo linda mal o gado.
- Xente nova non garda o gado.
- Por mal pegureiro se teña o que non troca de herbeira.
- Vaqueiro e cocho invernizo, Dios non vos fixo.
- Vaqueiro e porco invernizo, o demo vos fixo.
- Vaqueiro pola neve e porco con frío, o demo que os leve.
- Vaqueiro pola neve, que o demo o leve.
Outros
[editar | editar a fonte]Refráns xeográficos
[editar | editar a fonte]- Estrela boeira, vaite deitar que os vosos boeiros vanse cear.
- Para pasa-lo Touriñán, ou rentes da costa ou adentro do mar.
- En carne tenreira, Galicia a primeira.
- En Caroi, nin boa vaca nin bo boi, pero montador, do mellor.
- En Galicia despídenme os lameiros e en Castela recébenme os macelos/coitelos.
- Moza de Deza e vaca da Ulla, ben é verdá que de cento unha.
- Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha.
- Vaca de Entrimo e muller de Gaiás, fuxe delas como dos cás.
- Vaca de Manzalvos e muller da Mezquita ... quita, quita.
- Vacas de Ulla e muller de Bendoiro, n'as metas na casa que che é un agoiro.
- Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús: Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela (1994).