Refraneiro galego sobre o porco
Aparencia
- Artigo principal: O porco na cultura popular galega.
- A bo porco, boa landra [1].
- A cada porco chégalle o seu San Martiño [2][3].
- A cada porco lle chega o seu San Martiño [3].
- A quen porcos lle faltan, touzas lle roncan [4].
- A todo porco chégalle o seu San Martiño.
- A todo porquiño lle chega o seu san Martiño.
- A tódolos porcos lles chega o seu San Martiño.
- Abre o porco, verás o teu corpo.
- Abril mata o porco no cobil e maio mátao dun ano [5].
- ¡Alegría alegrote, que o rabo do porco está no pote!
- Anaco de touciño pide trago de viño [6].
- Ano acabado e porco cebado, son contento e regalo [7].
- Ano de landras, ano de graxas [7][8][9].
- Antes de pan viño, antes de viño touciño, e antes touciño que liño.
- Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño [10].
- Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño [10].
- Ao lacón e ao touciño, grolos de viño [11].
- As verzas quéroas untadas; as patacas, fariñentas e pra compango do porco, quero costelas salpresas [12].
- Auga de maio, mata o porco dun ano.
- Auga en maio mata o porco dun ano [13].
- Ave por ave, o porco, se voase [14].
- Bacoriño no celeiro non quer compañeiro [15].
- Ben boa vida pasa o porco, e máis dorme no cortello [1].
- Bicos de porco non chegan ó ceo.
- Cabrito de mes, porco de tres, muller de dezaoito e home de vinte e tres.
- Cada porco ten o seu san Martiño [1].
- Caldo sin grasa, pan sin tasa [16][17].
- Ceba o porco dende agosto se queres que estea gordo [1].
- Ceba o teu porco dende agosto se queres que teña bo lombo.
- Ceba o teu porco dende o mes de agosto, se queres que teña bo lombo [1].
- Ceba o teu porco polo agosto se queres ter bo porco [1].
- Coa axuda dos veciños, sóbense os gatos os touciños [6].
- Coas xarapadas de abril, mexa o porco no cubil [18].
- Comer osos da soá, barba untada e barriga vá [19]
- Comerás do porco e mudarás de acordo [1].
- Comerciante e porco, despois de morto [1].
- Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [1].
- Das carnes o carneiro, dos peixes o mero, das aves a perdiz e mellor a "codorniz" e se o porco voara a todos lle ganara.
- Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro.
- De Lestrobe, nin bo porco nin bo home [20][21]
- De pais porcos, fillos marranos [22].
- De rabo de porco nunca bo virote [23].
- Despois de Santa María, non tóque-lo porco da ría [24].
- Día de santo Tomé, colle o porco polo pé [25].
- Día de santo Tomé ó porco polo pé [1].
- Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo [1].
- Do mar, o salmón, e da terra, o lacón [26].
- En abril, a sardiña val pernil [27].
- En abril inda está o porco no cubil [28].
- En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao dun ano [29].
- En abril ronca o porco no cubil.
- En agosto, o porco pon o entrecosto [30].
- En maio o porco vai ó tallo.
- En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.
- En martes, nin porco mates, nin churra botes que pitos saque [31].
- En martes nin te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates [27].
- En martes non te cases nin te embarques, nin o teu cocho mates, nin o teu pan cozas, nin a túa tea urdas, nin a túa filla cases, nin dos da túa casa te apartes.
- En martes non te cases, nin te embarques, ni o teu porquiño mates [31].
- En xaneiro media arca e medio palleiro e o porco enteiro.
- Entrecostos e soás, son honra das mesas e ósos pros cás [32].
- Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil [33].
- Fillo de porco, marrau de seguro.
- Home sen fortuna: parto de porca en maio e da muller na seitura.
- Hoxe, cabaleiro, e onte porqueiro [34].
- Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can.
- Marzo marzoso, pola mañán cara de porco, polo serán cara de vran [35].
- Muller gobernadeira, domingo de Antroido lava a salgadeira.
- Nadal sen porco non veñan moitos.
- Namentras capo non asubío [15].
- No abril, mata o porco no cubil, e no maio mátao dun ano [28].
- No mes de Santos sacha a horta e capa o rancho.
- No mes dos mortos mata os teus porcos.
- No mes dos Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bo caldo cos untos.
- No mes morto nin sáche-lo horto nin cápe-lo porco.
- No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
- No san Martiño, porco e viño.
- No san Xoán deixa o touciño e come pan.
- No santo Tomé, agarra o porco polo pé.
- Non dá morcilla o que non mata porco.
- Non hai cocho bon nin ruín que non lle chegue o seu sanmartín.
- Non quero bácoro que ande con chocallo [36].
- Non se fixo o mel pró fuciño do porco [37].
- Non ten entrecosto o que non mata porco [32].
- Ó ano torto, horto; ó torto torto, cabra e horto; e ó torto retorto, cabra, horto e porco [7].
- O boi e o leitón, en xaneiro crían riñón.
- O caldo, engrolado, pros porcos é un bo bocado [17].
- O can afeito ó touciño, anque lle pele o fuciño [38].
- Ó chegar o San Martiño, mátase o porco e próbase o viño [3].
- O cocho, no agosto pon o entrecosto [39].
- O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas [40][41].
- O frío de abril mata o porco no cubil.
- O frío de abril mata o porco no seu cubil [28].
- O home e o porco non se conocen ata despois de morto.
- Ó lacón e ó touciño, tragos de viño [42].
- O máis ruín porco topa unha boa landra [1].
- Ó matar o porco, praceres e xogos; ó comer as morcillas trouladas e risas; e ó pagar o porco, pesares e choros [1].
- Ó matar os porcos, praceres e xogos; ó comer as morcillas, praceres e risas; e ó pagar os diñeiros, doos choriqueiros.
- O neno i o bacoriño, van a onde lle dan un bocadiño [43].
- O pato e o leitón, canto máis axiña vai á cazola, millor [44]
- Ó porco dalle de comer se o has de manter [1].
- O porco de maio coa súa nai vai ó tallo.
- O porco débelo manter se ti o has de comer [1].
- O porco do mes de maio vai ó tallo.
- O porco en agosto pon o entrecosto.
- O porco i o sogro quixéraos mortos [1].
- Ó porco i o xenro ábrelle a porta, que xa él virá cedo [1].
- Ó porco manteno, e non lle contes o tempo [1].
- O porco no agosto pon o entrecosto [1].
- O porco que é pró lobo non hai san Antón que o garde [1].
- O porco sarnento revolve o cortello [1].
- O que non mata porco, non da morcilla nin entrecosto [1].
- O que nunca tivo nada, e chega ter un cochiño, anda sempre pola rúa, currí, currí, currichiño.
- O que nunca tivo nada, e agora ten un porquiño, anda todo o día, currichí, currichiño.
- O que porco nace porco morre.
- Ó que porcos lle faltan, touzas lle roncan.
- O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto [32].
- O que queira un bo entrecosto que o meta no mes de agosto.
- O rico que queira empobrecer, que cebe porcos pra vender.
- O sogro e o porco soio son bos despois de mortos.
- O touciño fai o caldo [6].
- Ó touciño, mételle tragos de viño [6].
- Onde coidas que hai touciños, hai estacas [6].
- Onde hai touciños non hai corres [6].
- Onde pensas que hai touciños, non hai tornos pra colgalos [6].
- Os aires de abril fan meter o porco no cubil.
- Os porcos e os grelos, peores se marelos.
- Ós porcos non se lle dá, préstaselle.
- Ósos de soán, barba untada e barriga en van.
- Pola santa Lucía xa o caldo alumía.
- Polo abril ronca o porco no cubil [28].
- Polo san Andrés agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao para Navidá.
- Polo san Andrés hai porcos gordos para vender.
- Polo san Andrés mata o teu porco coma o tes.
- Polo san Andrés mata o teu porco como é.
- Polo san Lucas, mata o teu porco e barra as túas cubas [1].
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas [45].
- Polo san Martiño, mata o teu porquiño.
- Polo San Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño [3].
- Polo san Martiño, mete o porco no cortelliño.
- Polo San Miguel sabe o touciño a mel [46].
- Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño [47].
- Polo san Tomé colle o porco polo pé [1].
- Polo san Tomé dálle ó porco polo pé.
- Polo santo Tomé, dálle polo pé e se non é groso, nunca é.
- Por san Andrés, agarra o porco polos pés; e se non o queres matar, déixao pra Navidá [1].
- Por san Andrés, quen non ten porco, mata a muller.
- Por San Andrés, toma o porco polo pé [48]
- Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
- Por san Martiño mata o teu porquiño e proba o teu viño.
- Por san Pedro, o cocho no medio.
- Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por Santos, sacha a horta e capa o rancho [49].
- Porca de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro.
- Porca no maio vale máis nos comenzos que no cabo [50].
- Porco agostado é medio cebado.
- Porco de febreiro vai co seu pai ó fumeiro [1][51].
- Porco de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro.
- Porco fiado ronca todo o ano [1].
- Porco fiado, inverno e verau malo [1].
- Porco limpo nunca engorda [1].
- Porco que está sen cebar non se debe matar [1].
- Porco que se está cebando, non hai San Antón que poida gardalo [1].
- Porcos e xenros, Dios os acerte.
- Pra matar o porco tanto ten o día de santa Lucía como pró outro día.
- Pra o porco e a galiña, que pase a Santa Mariña.
- Pro ruín porco sempre hai unha boa castaña [1].
- Quen porco nace, porco morre.
- Quen soilo ten un porco faino gordo [1].
- San Antón a san Roque meteulle preito porque ó seu porquiño traboullo o cadelo.
- San Antonio co seu porco ía por un camiño, i o porco ía decindo: non me comas o touciño.
- San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
- San Xoán come pan e san Andresiño touciño.
- San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño.
- Santa Lucía anda co porco á porfía.
- Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.
- Santo Tomé, agarra o cocho polo pé.
- Se no Samartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño.
- Se non matas porco, non terás entrecosto [1].
- Se o deixaran, vendía o porco de san Antón [52].
- Se o porco voara non houbera ave que coel se igualara.
- Se queres colle-lo entrecosto, empeza a cebar en agosto.
- Se queres graxiña, cébao na santa Mariña.
- Se queres ter bo lombo, ceba o porco desde agosto.
- Se queres ter un bo porco, cébao no mes de agosto.
- Sempre ó porco máis ruín halle tocar unha castaña boa.
- Sempre un porco ruín atopou unha belota boa [53].
- Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
- Si comes porco en febreiro, frío polo invernadeiro.
- Sol de xaneiro, porco ó bulleiro [54].
- Tallada de touciño quer gulapo de viño [6].
- Tanto dá touciño como soá [6].
- Teña eu porcos anque non teña ollos [1].
- Ti dona i eu dona, ¿quén botará o porco fóra? [55].
- Tres anos hai que me casei, e que porco non matei: este ano, i o pasado i o ano que me casei [1].
- Un porco é unha botica [1].
- Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
- Veñen os porcos do monte botarnos da nosa corte [1].
- Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [47].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
- ↑ En sentido figurado, significa que ó final todo o mundo ten o seu merecido.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.
- ↑ Cando se busca algo con moito interese, calquera cousa nos fai pensar que xa o atopamos. Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No texto: mayo, matô.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Eladio Rodríguez González, s. v. touciño.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. ano.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. landra.
- ↑ 10,0 10,1 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
- ↑ X. L. Franco Grande, s. v. lacón.
- ↑ No texto: berzas.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ave.
- ↑ 15,0 15,1 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884), s. v. caldo.
- ↑ 17,0 17,1 Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978). Define xarapada como chuvieira forte e fría.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. soá.
- ↑ Angueira, Anxo (2012). Iria. Vigo: Xerais. p. 239.
- ↑ Angueira, Anxo (2002). Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro. Vigo: A Nosa Terra. p. 56.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1988).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. rabo.
- ↑ Santa María, 15 de agosto. O refrán refírese ó mexillón e outros mariscos e está relacionado co consello de non comer marisco nos meses con r, que comezan, precisamente, ó rematar agosto.
- ↑ Santo Tomé, 21 de decembro.
- ↑ Clodio González Pérez, 142.
- ↑ 27,0 27,1 Lino Lema Bouzas, 4.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 28,3 Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. abril. No texto: mayo, matao, de un.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No texto: pón.
- ↑ 31,0 31,1 Eladio Rodríguez González, s. v. martes.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 Eladio Rodríguez González, s. v. entrecosto.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. bácoro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mel.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can.
- ↑ Real Academia Gallega, s. v. agosto.
- ↑ "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. lacón.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. neno.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pato.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Lucas.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.
- ↑ 47,0 47,1 Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
- ↑ San Andrés, 30 de novembro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Santos.
- ↑ Chámase porca de maio ó temporal que adoita producirse nese mes (Elixio Rivas Quintas 1988).
- ↑ O fumeiro e a estrutura de paus ou táboas que se coloca na cambota da lareira para curar ou secar chourizos
- ↑ Disque este refrán se aplicaba a un crego moi amigo dos cartos.
- ↑ Porque a peor xente é a que máis sorte ten. Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Bulleiro é terra chea de lama.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. dona.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
- FRANCO GRANDE, Xosé Luís: Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo 1972.
- GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
- LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
- VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.