Setembro na cultura popular galega
Aparencia
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de setembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
O mes tamén se coñece co nome de San Miguel[1].
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.
- A castaña no agosto quere beber e no setembro comer.
- A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
- A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.
- A sombra quer ser de agosto, e o sol, de setembro [2].
- Agosto a madura e setembro vendima a uva.
- Agosto e setembre non duran sempre [3].
- Agosto madura e setembre vendima as uvas [3].
- Aí vén San Miguel, co seu tonel [4].
- Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel [5].
- De San Miguel a San Miguel, nin rosario nin muller [6].
- De setembro a San Simón non cóma-lo mexillón [7]
- En agosto, as castañas arder e en setembro beber [3][8].
- En agosto secan as fontes e en setembro arden os montes.
- En agosto secan as fontes, e en setembre os montes.
- En agosto, secan os montes e en setembro, as fontes [3][9].
- En setembre, come e vende, mais non sea tanto o vender que non deixes qué comer [10].
- En setembre e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo [10].
- En setembre, ou pontes caer, ou montes arder [11].
- En setembro arden os montes e secan as fontes.
- En setembro colle o viño e non durmas no camiño.
- En setembro come e vende, pero non sexa tanto o comer que non deixes de vender.
- En setembre non hai vella que non temble.
- En setembro os melóns atópanse polos rincóns.
- En setembro vendima correndo.
- No agosto a fariña e no setembro, a fouciña.
- No setembre, colleita e non sembres.
- No setembre come e vende, mais non sea tanto o comer que non deixes qué vender.
- No setembre come e vende, mais non sea tanto o vender que non deixes qué comer.
- No setembro arden os montes e secan as fontes.
- No setembro, ou montes arder ou fontes caer [12].
- Nosa Señora de marzo, Diola traia; nosa Señora de setembro, Diola deteña [13].
- O que en agosto ou setembre non dá cebada, en San Xoán non fai xornada [14].
- O que vendima en san Miguel, bebe ben.
- Ós comenzos de setembre aparella as cubas pra vindimar as uvas [10].
- Pola Virxe do Portal pon a xente a vendimar [15].
- Polas vendimas vende as túas galiñas, pola Navidade vólveas mercar.
- Polo san Mateu cada un vendima o seu.[16].
- Polo san Mateu ou vendimas tu ou vendimo eu.
- Polo san Mateu, sementa ti, semento eu.
- Polo san Mateu, vendima ti, vendimo eu.
- Polo San Mateo vindima a reo [17].
- Polo san Mateu, vindima ti, vindimarei eu [17].
- Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel [18].
- Polo san Miguel mete as uvas no tonel.
- Por san Miguel, mete o viño no tonel.
- Polo San Miguel sabe o touciño a mel [18].
- Polo San Miguel xa o coenllo se ve ben [18].
- Polo san Nicolás, as uvas vendimarás [19].
- Polo san Xenaro, vendimas pró carro [20].
- Polo san Xil nogueiras a espelir [21].
- Polo san Xoán á sardiña, e en setembro á vendima.
- Por san Mateu semea do teu, e se non tes do teu, semea do alleo.
- Por san Mateu vindima ti, vindimo eu.
- Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño [22].
- Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle a ver.
- Por Santa Erea, toma os bois e semea.
- Por santa Tecla abala a nogueira [23].
- Por santa Técola acábanse as queixas.
- Por Santiago esconde o coello o rabo; e por San Miguel, vólveselle ver [24].
- Quen en san Miguel esterca, dende a casa rega [25].
- San Mateu, vindima ti, vindimarei eu.
- San Miguel das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras.
- San Miguel das uvas, tarde nos vés e pouco nos duras.
- San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.
- San Migueliño das uvas maduras, que tarde nos vés e que pouco nos duras. Se dúas veces ó ano viñeras, moito ben nos deras.
- San Migueliño das uvas maduras, tarde me vés e pouco me duras.
- San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.
- San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Así como eles son santos, traian os trebóns mansos [26].
- San Reimundo tira a anduriña do outro mundo e san Cebrián vólvea a levar [27].
- San Técola que vindima as uvas e os figos leva.
- Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.
- Santiago trai as béveras e os figos leva santa Tecra [28].
- Se en agosto e setembro non dás cebada, en todo o ano non poñas albarda.
- Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda [29].
- Se queres mel, por San Miguel.
- Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel, míraas polo san Miguel [30].
- Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san Miguel.
- Setembre, ou leva as pontes ou seca as fontes [10].
- Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes.
- Temperá é a castaña que por setembro regaña.
- Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano [31].
- Vale máis nubrado en agosto que sol de setembro.
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- Iste pandeiro que toco/ non é meu, que é de Isabel,/ que llo pedín emprestado/ para ir ó San Miguel [32].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Constantino García González, s. v. San Miguel.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: i o sol.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.
- ↑ San Miguel, 28 de setembro. Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel. No orixinal: Ahí ven.
- ↑ O refrán alude ás chuvias de verán nas que confían os labregos, desde maio (mes no que adoita caer o Día da Ascensión) a setembro (San Miguel).
- ↑ O primeiro San Miguel ten que ser o que se celebra o 28 de setembro, e o segundo pode ser o que se celebra o 8 de maio. O refrán alude a que as noites son curtas e hai que aproveitar para durmir.
- ↑ Refrán referido ás mareas vermellas do mexillón, que adoitaban comezar nestas datas.
- ↑ No orixinal: i en setembro (ERG).
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. agosto.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Eladio Rodríguez González, s. v. setembre.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978)
- ↑ É dicir, o mesmo hai moito sol como chove a arraiar. Elixio Rivas Quintas (1978). ¿Erro por pontes caer?
- ↑ A Nosa Señora de marzo é a Anunciación de María, o día 25; a Nosa Señora de setembro é a Natividade de María, o día 8. O refrán refírese á merenda, que comeza en marzo mentres que en setembro acaba o tempo de merendar. Fonte: Elixio Rivas Quintas (1988).
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: qu’en, da, San Juan, jornada.
- ↑ A Virxe do Portal celébrase o 8 de setembro. En Ribadavia, onde é a patroa, o 9 de setembro.
- ↑ San Mateu, 21 de setembro.
- ↑ 17,0 17,1 Eladio Rodríguez González, s. v. vindimar.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.
- ↑ Hai un san Nicolao, de Tolentino, que se celebra o 10 de setembro. O refrán non pode referirse a San Nicolao de Mira (ou de Bari), que é o 6 de decembro.
- ↑ San Xenaro de Benevento, 19 de setembro.
- ↑ San Xil, 1 de setembro; é patrón de Bóveda, onde se celebra o día seguinte.
- ↑ Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.
- ↑ Santa Tegra (Tecla, Tecra, Trega, Técola), 23 de setembro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago.
- ↑ Rosario Soto Arias 2013.
- ↑ Non parece lóxico relacionar ó San Pedro de xuño coas tormentas, polo que este refrán debe referirse a San Pedro de Mezonzo, que se celebra o 10 de setembro. Hai outros San Pedro pero máis lonxe de San Simón.
- ↑ San Reimundo Fitero, 15 de marzo, época na que comezan a aparece-las andoriñas; San Cibrao, 16 de setembro.
- ↑ Santa Tecra - Santa Trega- celébrase o 23 de setembro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: Si, año.
- ↑ As Candeas ou a Candelaria é o 2 de febreiro; e san Miguel, o 29 de setembro. Eladio Rodríguez González, s. v. abella.
- ↑ San Fernando, 30 de maio; San Cibrao, 16 de setembro.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 90. Refírese á festa de San Miguel que se celebra no lugar de Gaiás (Santa Cruz de Grou, Lobeira) o 29 de setembro, aínda que Xaquín Lorenzo di en nota a rodapé que se fai o 29 de xullo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra 1904.
- ESMORÍS RECAMÁN, Federico: Refranero fisterrán. Cuaderno de Estudios Gallegos XIV, 42, 1959, 107-129.
- FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992.
- GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985.
- LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977.
- MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas. Contribución al diccionario gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
- SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.
- VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
- ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Galaxia, Vigo 1972.