Alan III da Bretaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 997 (Gregoriano) |
Morte | 1 de outubro de 1040 (Gregoriano) (42/43 anos) Vimoutiers, Francia |
Causa da morte | veleno |
Lugar de sepultura | Abadia de Fécamp (pt) |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Cónxuxe | Bertha of Blois (1018 (Gregoriano)–) |
Fillos | Geoffroy Grenonat, Conan II da Bretaña, Havoisa da Bretaña |
Pais | Geoffrey I, Duke of Brittany e Avoise da Normandia |
Irmáns | Eudes de Penthièvre |
Alan, ou Alano III de Rennes, nado en 997 e finado o 1 de outubro de 1040, foi un nobre normando que foi conde de Rennes e duque da Bretaña entre 1008 e 1040.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Alan era fillo do duque Godofredo I e da súa esposa Havoisa de Normandía,[1]
Sucedeu ao seu pai en 1008,[2] porén, tendo en conta de que era menor de idade, a súa nai exerceu a rexencia,[3] mentres que o seu irmán Ricardo II de Normandía asumiu a tutela do ducado da Bretaña.[4]
En 1010 unha gran rebelión campesiña, que se estendeu desde o ducado de Normandía ao da Bretaña, puxo en serio risco a rexencia de Havoisa, que animou ao seu fillo para que levara aos nobres a esmagar a rebelión.[5]
Conflito con Roberto I de Normandía
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Roberto I de Normandía.
En agosto de 1027, cando Roberto I de Normandía tomou o poder no seu país, ao parecer Alan, primo seu, aproveitou a conmoción resultante para sacar a Bretaña da soberanía normanda.[4] A principios da década de 1030, Roberto atacou con éxito a cidade de Dol e Alan, en resposta, invadiu o Avranchin, ataque que foi rexeitado, pero que non foi o último, xa que continuaron as incursións dun e doutro lado.[6]
Despois de que Roberto levara a cabo unha invasión por terra e por mar, Roberto de Évreux, arcebispo de Ruán e tío de ambos os dous primos conseguiu unha tregua entre os seus dous sobriños, en Le Mont-Saint-Michel, onde Alan xurou fidelidade a Roberto.[7] Cando este partiu cara a Terra Santa (principios de 1035), designou ao seu primo Alan como un dos gardiáns de seu fillo Guillerme[8]
Últimos anos
[editar | editar a fonte]En 1037, á morte do arcebispo de Ruán, Roberto, o goberno de Normandía quedou en mans de Alan e o seu primo Xilberto de Brionne,[9] que designaron para a sede vacante ao arcebispo Mauger de Ruan, tratando de gañar o apoio deste para o duque Guillerme.[9]
O 1 de outubro de 1040, mentres asediaba un castelo rebelde en Vimoutiers, Ducado de Normandía, Alan morreu de repente.[9] Segundo Orderico Vita, foi envelenado por normandos.[10] Non moito despois, Xilberto de Brionne tamén foi asasinado mentres cabalgaba cuns amigos.[9]
Familia
[editar | editar a fonte]En 1018 Alan casou con Berta de Blois, de quen tivo dous fillos:[1]
- Conan II, duque da Bretaña
- Havoisa, duquesa da Bretaña.
Despois do 14 de maio de 1046, a súa viúva casou en segundas nupcias con Hugo IV de Maine.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan III da Bretaña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Crouch, David. The Normans. Hambledon Continuum, Nova York, 2007.
- Orderico Vital. The Ecclesiastical History of England and Normandy, Trans. Thomas Forester, Vol. II. Henry G. Bohn, Londres, 1854.
- Palgrave, Francis. The History of Normandy and England, Vol. III. Macmillan & Co. Londres, 1864.
- Piette, Gwenno. A concise History of Brittany. University of Wales Press, Cardiff, 2008.
- Schwennicke, Detlev. Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, Band II. Verlag von J. A. Stargardt, Marburgo, 1984.
- The Gesta Normannorum Ducum of William of Jumieges, Orderic Vitalis, and Robert of Torigni, Vol. II. Ed. e trad. Elisabeth M. C. Van Houts. The Clarendon Press, Oxford e Nova York, 1995).
Predecesor: Godofredo I |
Duque da Bretaña 1008 – 1040 |
Sucesor: Conan II |