Saltar ao contido

Costanza da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCostanza da Bretaña

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Constance de Bretagne Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1161 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Bretaña, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1201 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Nantes, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaabadía de Villeneuve Editar o valor en Wikidata
Condesa de Richmond
20 de febreiro de 1171 – 5 de setembro de 1201 (finada no cargo)
← Conan IV da BretañaArtur I da Bretaña →
Duquesa da Bretaña
31 de xullo de 1166 – 5 de setembro de 1201 (finada no cargo)
← Conan IV da BretañaArtur I da Bretaña →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudataria Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuquesa da Bretaña
Duquesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaConde de Penthièvre Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGuido de Thouars (1199 (Gregoriano)–)
Godofredo II da Bretaña (1181 (Gregoriano)–)
Ranulf de Blondeville Editar o valor en Wikidata
FillosMatilde da Bretaña
 () Godofredo II da Bretaña
Lionor da Bretaña
 () Godofredo II da Bretaña
Artur I da Bretaña
 () Godofredo II da Bretaña
Alicia de Thouars
 () Guido de Thouars
Catarina de Thouars
 () Guido de Thouars
Margarida de Thouars
 () Guido de Thouars Editar o valor en Wikidata
PaisConan IV da Bretaña Editar o valor en Wikidata  e Margarida de Huntingdon Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenrique de Bohun Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteA Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Penthièvre-9

Costanza de Penthièvre[1] (en bretón: Konstanza Penture, ou Konstanza Breizh), nada c. 1161 e finada o 5 de setembro de 1201, foi duquesa hereditaria da Bretaña entre 1166 e 1201, e a condesa hereditaria de Richmond entre 1171 e 1201. Costanza era a filla de Conan IV, duque da Bretaña e conde de Richmond, e da súa esposa Margarida de Huntingdon, condesa de Herford, irmá dos reis Malcolm IV e Guillerme I de Escocia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O pai de Costanza, Conan IV, reunira o Ducado da Bretaña en guerras con Henrique II de Inglaterra. Despois das guerras con Henrique II, Conan IV enfrontou rebelións dalgúns nobres bretóns. Fixo unha chamada de axuda a Henrique II para sufocar as rebelións. En 1166, como parte do seu acordo con Henrique II, en troques da axuda do rei, Conan IV prometera á súa filla e única herdeira, para casar con Godofredo Plantagenet, o cuarto fillo lexítimo de Henrique II de Inglaterra e Aliénor de Aquitania, e abdicou no seu favor. Henrique II tomou baixo a súa custodia á nena, e administrou a Bretaña ata que o seu fillo Godofredo tivese a suficiente idade para gobernar o ducado.

En 1181, con vinte anos de idade, Costanza foi obrigada a contraer matrimonio con Godofredo Plantagenet. En 1186, Godofredo foi pisado até a morte nun accidente de equitación durante un torneo en París. Costanza, a partir de entón converteuse na gobernante titular da Bretaña, aínda que tivo que soportar as inxerencias inglesas na Bretaña.

Porén, o 3 de febreiro de 1189, Henrique II de Inglaterra arranxou que Costanza casase con Ranulfo de Blondeville, 6° conde de Chester, un dos máis poderosos condes de Inglaterra. En 1191 o rei Ricardo I de Inglaterra proclamou oficialmente ó seu sobriño, Artur da Bretaña, o fillo de Costanza, como o seu herdeiro nun tratado asinado con Filipe II de Francia.

Para promover a posición e a herdanza do seu fillo Artur, Costanza incluíuno no goberno do ducado en 1196. O matrimonio de Costanza con Ranulfo deteriorouse, cando Ranulfo encarcerou a Costanza no mesmo ano. Con Costanza prisioneira, varias rebelións foron provocadas na Bretaña no seu nome. Ranulfo cedeu á crecente presión e tivo que liberar a duquesa en 1198. De regreso na Bretaña, Costanza tiña o seu matrimonio anulado.

Máis tarde, en 1199 en Angers, Costanza tomou a Guido de Thouars como o seu seguinte esposo.

Entre 1199 e o momento da súa morte, no parto das súas fillas xemelgas, Costanza aconsellou ó seu fillo cara a unha alianza con Francia, seguindo a política do seu defunto esposo Godofredo II.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.