Havoisa da Bretaña
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1037 Rennes, Francia |
Morte | 19 de agosto de 1072 (34/35 anos) |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Duquesa Duquesa |
Cónxuxe | Hoel II da Bretaña (1066 (Gregoriano)–) |
Fillos | Mathias II de Bretagne, Alan IV da Bretaña |
Pais | Alan III da Bretaña e Bertha of Blois |
Irmáns | Conan II da Bretaña Herberto II do Maine Paula of Maine |
Havoisa da Bretaña ou Hawisa da Bretaña en bretón Hawiz Breizh, nada en Rennes en 1027 e finada o 19 de agosto de 1072, era filla do duque Alan III da Bretaña e irmá do duque Conan II da Bretaña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Casou antes do 1058 co conde Hoel de Cornualla, tamén coñecido como Hoel V de Nantes, ao que achegou os dereitos ao ducado da Bretaña á morte do duque Conan II o 11 de decembro de 1066: a casa de Rennes traspasou o ducado á casa de Cornualla. Foi a duquesa titular entre 1066 e 1072, mentres que o seu marido Hoel era duque de iure uxoris (por dereito da súa muller). Despois da súa morte en 1072, Hoel seguiu no goberno como rexente en nome do seu fillo Alan IV da Bretaña, ata a súa morte en 1084; entón o fillo subiu ao seu trono.