Hoel II da Bretaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1030 (Gregoriano) |
Morte | 13 de abril de 1084 (53/54 anos) Quimper, Francia |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde Duque |
Familia | House of Cornouaille (en) |
Cónxuxe | Havoisa da Bretaña (1066 (Gregoriano)–) |
Fillos | Mathias II de Bretagne, Alan IV da Bretaña |
Pais | Alain Canhiart e Judith of Nantes |
Irmáns | Benoît de Cornouaille Guérech II de Cornouaille |
Hoel II da Bretaña (Hoel de Cornualla ou máis propiamente Hoel V de Cornualla), chamado Houel Huuel en bretón, nado c. 1030[1] e finado en Kemper o 13 de abril de 1084, fillo máis vello de Alan Canhiart, conde de Cornualla, e Xudite de Nantes, filla e herdeira de Judicael, conde de Nantes, foi conde de Cornualla e Nantes, e despois duque da Bretaña de 1066 a 1084.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Converteuse en conde de Cornualla á morte do seu pai en 1058, e en conde de Nantes, que xa administraba antes da morte da súa nai Xudite, en 1063. Para fortalecer o control da casa de Cornualla sobre Nantes, fixo elixir (1059) e logo consagrar (1061) ao seu irmán máis novo Guerech de Cornualla como bispo da cidade ao seu irmán máis novo Guerech II de Cornualla (o bispo Guerech II de Nantes). Á morte de Guerech o 31 de xullo de 1079, o seu segundo irmán Bieito de Cornualla, abade de Santa Cruz de Quimperlé desde 1066, sucedeuno á fronte do bispado.
Antes do 1058, Hoel casara con Havoisa da Bretaña, filla do duque Alan III da Bretaña e irmá de Conan II. Á morte deste último, Havoisa herdouno e Hoel converteuse en duque consorte da Bretaña o 11 de decembro de 1066. Só o condado de Rennes escapou da súa autoridade, ao ter sido entregado a Geoffroy Grenonat, un fillo ilexítimo de Alan III da Bretaña.
Durante o principado de Hoel, os señores bretóns que participaran na conquista de Inglaterra con Guillerme o conquistador gañaron feudos importantes na nova conquista. Foi nesta ocasión cando Alan, fillo de Eudón de Porhoët, obtivo o condado de Richmond.[2]
O comezo do seu reinado foi tranquilo, pero a súa muller Havoisa morreu en 1072. Hoel tivo que afrontar, entre 1075 e 1077, un levantamento dos señores bretóns dirixidos por Geoffroy Boterel (fillo de Odón de Penthièvre), Geoffroy Grenonat (fillo de Alan III), Eudón I de Porhoët e outros señores da Alta Bretaña, mesmo do seu patrimonio de Cornualla. Hoel só liquidou a sublevación coa axuda de Guillerme o conquistador e a intervención nos combates do seu fillo máis vello Alan IV Fergent.
O duque Hoel residía en Quimper e en Nantes coa súa corte. Hoel faleceu o 13 de abril de 1084.[1]
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]Da súa unión antes de 1058 con Havoisa da Bretaña naceron cinco nenos:
- Alan IV Fergent, duque da Bretaña.
- Matías II da Bretaña, conde de Nantes.
- Eudon, citado nun diploma do cartulario de Redon en 1089.
- Adela II, abadesa de Saint-Georges de Rennes desde 1085 ata a súa morte o 14 de outubro de 1152.
- Havoisa, coñecida por un diploma do cartulario da Abadía de Saint-Georges de Rennes de 1085.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jean-Christophe Cassard, Houel Huuel: Conde de Cornouaille puis duc de Bretagne (ca. 1030-1084), t. CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), p. 95-117
- Joëlle Quaghebeur, La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire, pouvoirs, noblesse, Presses Universitaires de Rennes (2002) (ISBN 2868477437).
- André Chédeville & Noël-Yves Tonnerre, La Bretagne feudale XIe - XIIIe siècle . Ouest-France Université Rennes (1987) (ISBN 27-37300-14-2).
- Artur Lemoyne de La Borderie, historiador de Bretaña: Tome troisième . Reimpreso por Joseph Floch Imprimeur Éditeur à Mayenne (1975), Le duc Hoël de Cornouaille p. 24-29.
- Henri Poisson, Les Ducs de Bretagne de la maison de Cornouaille: Hoël, Alain Fergent, Conan III, Lorient, Édition Bretagne et culture, 1968