Casa dos Vaamonde
Casa dos Vaamonde | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Fachada da casa dos Vaamonde | ||||
Tipo | casa ![]() | |||
Estilo | Gótico, Renacentista | |||
Uso(s) | Vivenda particular | |||
Localización | ||||
Enderezo | Rúa Amargura, 15 | |||
Localización | Pontevedra | |||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia de Pontevedra | |||
Concello | Pontevedra ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 1500 ![]() | |||
Implicados | ||||
Propietario | Familia Cadavid-García Caamaño[1] | |||
[ Wikidata ] |
A Casa dos Vaamonde, tamén coñecida como Antigo Cuartel de Carabineiros, é unha casa señorial de orixe gótica e arquitectura renacentista[1] situada no centro histórico da cidade de Pontevedra.
Localización
[editar | editar a fonte]A casa atópase na esquina da rúa Amargura coa rúa Isabel II[2] na parte alta oeste do casco antigo da cidade, preto da basílica de Santa María a Maior.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta casa nobre é unha das construcións civís máis antigas da cidade.[2] Inicialmente pertenceu á familia Vaamonde ou Ba(h)amonde e construíuse entre finais do século XV e principios do século XVI, en torno ao ano 1500. Levantouse nun dos lugares máis importantes da cidade da época, na esquina coa rúa principal denominada Rúa do Açougue (actual rúa Isabel II).[1]
Os Vaamonde estendéronse desde o norte de Galicia ao resto da Península Ibérica e en Pontevedra emparentaron con destacadas liñaxes.[3]
Só se conserva unha parte da casa nobre inicial de maiores proporcións,[2] que no século XV ocupaba o espazo comprendido entre o Eirado de Santa María e a rúa Amargura. No século XIX a casa foi cuartel do Corpo de Carabineiros[1] e nela estaba establecida a Comandancia de Carabineiros de Pontevedra, cuxa función inicial era a vixilancia de costas e fronteiras.[4] No século XX na década de 1950 na casa estivo instalada unha escola de ensino primario.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]
A casa posúe unha planta baixa e dous andares correspondentes a tres corpos delimitados por franxas de granito horizontais. Na fachada principal, a porta de acceso está precedida por tres chanzos de pedra. Posúe un arco conopial[6] bilobulado, cun pequeno escudo partido na clave. A metade esquerda do escudo (que posúe un casco con penacho dunha soa pluma) presenta un faixado de oito ordes correspondentes a unha liñaxe descoñecida e a outra metade un xaquelado de tres e nove ordes, armas primitivas da familia Vaamonde.[7]
Nesta fachada ábrense dúas xanelas no primeiro piso, a da esquerda cun arco conopial[1] labrado sobre lintel e decorado con lacería e outra balconeira no corpo superior. Na fachada lateral da rúa Isabel II ábrese unha fiestra de arco rebaixado decorado con floróns na planta baixa[1] e dúas ventás máis no primeiro piso e outras tres (dúas balconeiras) na planta superior.
Na cornixa da parte superior das fachadas destaca a decoración de semiesferas ou bólas de pedra,[2] un elemento típico da arquitectura do Renacemento en Pontevedra,[1] que tamén se atopa na cornixa da Casa das Campás.
No escudo de armas da casa medianeira veciña, figuran tamén as armas dos Vaamonde, ademais das dos Mariño (tres ondas) e os Andrade e os Menelao (unha aguia).[8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachadas
-
Fachada lateral da Casa dos Vaamonde
-
Fachada con fiestra con arco conopial decorado con lacería
-
Ventá coa súa decoración de floróns
-
Fachada renacentista
-
Fachada principal e casa veciña
-
Decoración renacentista en forma de bólas na parte superior dunha das fachadas.
-
Escudo de armas da casa veciña
-
Fachada principal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Fontoira Surís 2009, p. 224.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Riveiro Tobío 2008, p. 27.
- ↑ Messia de la Cerda y Pita 1989, p. 340.
- ↑ "Comandancia de Carabineros de Pontevedra" (PDF). Gaceta de Madrid (en castelán). 21 de febreiro de 1880.
- ↑ "Pontevedra, ¡Tan bonita!". Pontevedra Viva (en castelán). 26 de xuño de 2022.
- ↑ Nieto González 1980, p. 32.
- ↑ Messia de la Cerda y Pita 1989, p. 338.
- ↑ Messia de la Cerda y Pita 1989, p. 344.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa dos Vaamonde ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 224. ISBN 9788484573272.
- Messia de la Cerda y Pita, Luis F. (1989). Heráldica, escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona de Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 337-340. ISBN 848684522X.
- Nieto González, Remigio (1980). Pontevedra. Guía monumental ilustrada (en castelán). Pontevedra: Asociación de comerciantes de la calle Manuel Quiroga. p. 32.
- Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 27. ISBN 9788482890852.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antigo cuartel de Carabineiros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.