Saltar ao contido

Ponte de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte de Santiago

Tipoponte trabe e ponte de vigas Editar o valor en Wikidata
Material usadoFormigón armado Editar o valor en Wikidata
Custo173.000.000 ₧ Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°26′05″N 8°38′30″O / 42.4348, -8.6416
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloPontevedra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPontevedra Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación10 de setembro de 1983 Editar o valor en Wikidata
Inauguración10 de setembro de 1983 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura17 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude99 m Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A ponte de Santiago cruza o río Lérez na cidade de Pontevedra, discorrendo por ela a estrada N-550. Une o centro da cidade coa zona da Xunqueira e o barrio do Burgo.

O proxecto desta ponte para desconxestionar o tráfico da ponte do Burgo pola que pasaba a N-550[1] presentouse en 1980. A súa construción iniciouse en xuño de 1981 e foi levada a cabo polo ministerio de Obras Públicas do goberno de España cun custo de 173 millóns de pesetas.[2]

Foi inaugurada o 11 de setembro de 1983 polo exministro de Obras Públicas Jesús Sancho Rof.[2] O seu pleno rendemento non se produciu ata a reforma da avenida de Bos Aires e a inauguración da avenida de Compostela o 3 de xullo de 1987, que con catro carrís deu continuidade á ponte de Santiago e proporcionou unha nova saída á cidade desde o norte cara a Santiago de Compostela e A Coruña.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha ponte do tipo trabe feita en formigón armado,[4] con dous taboleiros apoiados en catro piares. Cada un dos dous taboleiros ten tres vans. A luz do van central é de 48 metros e a dos laterais 25 metros.

A ponte ten 99 metros de lonxitude[4] e 17 metros de longo. Consta de catro carrís para vehículos, varandas e dúas beirarrúas. A ponte termina na beira norte cun amplo paso para peóns e ciclistas.[5] Comunica a rúa Padre Amoedo Carballo coa Avenida de Compostela.

Nos seus primeiros anos de funcionamento denominouse simplemente Terceira Ponte ata a apertura ao tráfico da Avenida de Compostela,[6] momento no que por ser a saída natural da cidade cara a Santiago de Compostela pasou a denominarse Ponte de Santiago.[7]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]