Facultade de Deseño de Pontevedra
Facultade de Deseño de Pontevedra | |
---|---|
Vista do edificio da Xunta onde está prevista a localización provisional da facultade | |
Universidade: | Universidade de Vigo |
Localización: | Pontevedra |
Campus: | Pontevedra |
Enderezo: | Rúa Benito Corbal, 47 36001 |
Ano de fundación: | 7 de xullo de 2022 |
Decano: | Marcos Dopico Castro[1] |
Docentes: | 22 (a tempo completo)[2] |
Estudantes: | 260[2] |
Teléfono: | 986801890 |
Correo electrónico: | deseno@uvigo.gal |
Páxina web: | facultadededeseño pontevedra |
A Facultade de Deseño de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no centro da cidade, único no noroeste de España.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O proceso para a implantación da Facultade de Deseño na cidade de Pontevedra púxose en marcha en outubro de 2020.[4][1]
A Facultade de Deseño de Pontevedra creouse en 2022 polo decreto 133/2022, do 7 de xullo, no seu artigo 1.[5][6] Segundo o citado decreto a facultade poderá albergar á parte do grao en deseño, outras futuras titulacións, tanto de grao como de máster, relacionadas co ámbito do deseño. Aínda que nun principio estaba previsto o comezo das clases na facultade en 2022 coa posta en marcha do grao en Deseño, aprazouse finalmente por atraso nos trámites administrativos para o curso académico 2023-2024.[7]
A sede inicial provisional da facultade de Deseño son as plantas sexta e sétima[8] do Edificio da Xunta de Galicia cedidas para uso da universidade no centro da cidade de Pontevedra, na rúa Benito Corbal, 47.[2][9] Está prevista a construción dun edificio específico que acollerá a sede definitiva da facultade no barrio de Tafisa, na marxe esquerda do río Lérez, na beira oposta á que se atopa o campus da Xunqueira.[10] Ata a construción do novo edificio no barrio de Tafisa, a docencia desenvolverase no edificio da rúa Benito Corbal e tamén nalgúns espazos compartidos na Facultade de Belas Artes como os talleres téxtiles.[1]
Titulacións
[editar | editar a fonte]- Grao en Deseño.[1] É un título único no Sistema Universitario de Galicia. Contémplanse dúas orientacións, unha de deseño gráfico e dixital e outra en deseño de moda, ofrecendo unha formación transversal baseada en áreas de coñecemento relacionadas coas Belas Artes e as áreas de Comunicación Audiovisual, Informática, Historia da arte, Deseño, Socioloxía ou Didácticas Especiais.[11]
Como estudos de posgrao a facultade acollerá o seguinte máster:
- Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda. Na actualidade o máster impártese na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e será adscrito á facultade de Deseño no curso académico 2023-2024.[1]
Equipo decanal
[editar | editar a fonte]O decano-comisario da facultade de Deseño é Marcos Dopico Castro.[3][1]
Actividades
[editar | editar a fonte]Na cidade celebráronse actividades relacionadas co deseño noutros centros universitarios do campus de Pontevedra como as relacionadas co Encontro Nacional de Deseño organizadas en outubro de 2022.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Ratifican la creación de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública en el campus de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Luz verde a la creación en Pontevedra de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de febreiro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "«Ahora la titulación es un proyecto de campus y no de Belas Artes»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xullo de 2019.
- ↑ "Luz verde a las facultades de Deseño y de Xestión Pública en el campus de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 8 de febreiro de 2022.
- ↑ "Visto bueno a la creación de las facultades de Deseño y Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2022.
- ↑ "DECRETO 133/2022, de 7 de julio, por el que se aprueba la creación de la Facultad de Diseño, de la Facultad de Dirección y Gestión Pública, y de la Facultad de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022.
- ↑ "Peligra la implantación del Grao en Deseño en el campus el próximo curso". Diario de Pontevedra (en castelán). 30 de marzo de 2022.
- ↑ "Forestais e DXP repiten como os únicos graos que empezan o curso con vacantes". Diario de Pontevedra. 5 de setembro de 2023.
- ↑ "El grado en Diseño y Creación tendrá espacios propios en el edificio administrativo de Benito Corbal". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de maio de 2020.
- ↑ "Un edificio modular albergará las facultades de Deseño y Dirección e Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2022.
- ↑ "Diseño y Creación tendrá facultad propia en Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 18 de xullo de 2019.
- ↑ "Pontevedra, capital española del diseño". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Facultade de Deseño de Pontevedra |