Gafo
Aparencia
O gafo é un personaxe do folclore galego. Como adxectivo popular pode referirse a un enfermo de lepra, alguén molesto ou quen por algunha enfermidade ten contraídos ou curvados os dedos. Dentro do folclore da mitoloxía galega refírese a unha influencia máxica negativa, unha crenza de tipo animista.
O autor galego Vicente Risco e o párroco de Melide Amador Rodríguez Martínez definen do seguinte xeito a crenza no gafo:
Hai en Galiza moitas formas de representación popular do Grande Axente máxico, descendetes d´algunha forma semellante ao mana, orenda, manitu, etc. dos pobos primitivos. Son éstas o encanto, o meigallo, os aires cativos, a frida d´ollo, a fada e o gafo.
Se non determiña ben o que é o gafo. As cruces d´oliveira bendita das portas da corte, pónse contra o gafo. Gafo e gafura son espresiós empregadas en Galicia e Asturias pra desiñal.as infruenzas máxicas ruís, do mesmo xeitoqu´as verbas lurpio, cativo, ruín, etc., empregadas com´adxetivos.[1]
.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Seminario de Estudos Galegos (1929). Terra de Melide. p. 446 e ss.