Jean Baptiste Colbert de Beaulieu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1905 París, Francia |
Morte | 26 de xaneiro de 1995 (89 anos) Joinville-le-Pont. Illa de Francia. Francia |
País de nacionalidade | Francesa. |
Q89547790 | Estudos da moeda celta da Galia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudos celtas, numismática, arqueoloxía. |
Ocupación | arqueólogo |
Premios | |
- 1976: Medalla da RNS. - 1981: Premio Derek Allen (BA). |
Jean Baptiste Colbert de Beaulieu, nado o 25 de decembro de 1905 en París e finado o 26 de xaneiro de 1995 en Joinville-le-Pont, na rexión da Illa de Francia, foi un erudito, numismático e historiador, director de investigación do CNRS, especialista na numismática celta e en concreto no estudo da moeda gala, cuxa serie de cuños estableceu baseándose nunha nova metodoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu era médico exerceu esta profesión pouco tempo. Durante a segunda guerra mundial dirixía un laboratorio de produtos de beleza en Bruxelas.[1]
A súa curiosidade fixo que se interesase por ámbitos tan diversos como a astronomía, a pintura clásica, a numismática, a filatelia, a radio ou os libros antigos, sobre os que publicou diversos artigos, así como sobre outros estudos históricos.[1] En 1931 fundou en Aviñón o Groupe numismatique du Comtat et de Provence, do que foi nomeado presidente de honra en 1970.[2].
En 1948, nunha das súas frecuentes viaxes de volta a Francia, atopou un grupo de moedas nun anticuario de Sanit-Jacques-de-la Lande que, coa axuda de Paul Naster, catalogou como moedas celtas da Galia; ese mesmo ano e sobre ese mesmo tema publicou o seu primeiro artigo sobre numismática.[3][4] A partir dese momento dedicou gran parte da súa vida á clasificación dos cuños destas emisións, para o que estableceu unha nova metodoloxía.[1]
O 1 de outubro de 1951 ingresou, da man de Adrien Blanchet, como bolseiro de investigación no CNRS, onde 25 anos despois culminou a súa carreira como director de investigación. Nesa institución desenvolveu as súas investigacións sobre a moeda da Galia, que deron lugar a numerosas publicacións, entre as que destaca o tratado de numismática celta publicado en 1973, onde expón a súa metodoloxía e sintetiza as súas achegas doutros traballos parciais.[5][6][7][8]
Colbert de Beaulieu foi membro de diversas sociedades e entidades académicas. En 1963 foi un dos fundadores da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos (SENA), en París, que presidiu e da que foi nomeado posteriormente presidente de honra.[9][10]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1976): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[11]
- (1981): Premio Derek Allen, da Academia Británica.[12]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Colbert de Beaulieu foi un autor prolífico: entre 1948 e 1983 a súa bibliografía totaliza 306 artigos (máis de oito cada ano). Esta é unha listaxe dos seus traballos monográficos e unha escolma dalgúns dos seus artigos máis representativos:[13][14][15][16][17]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1960). Catalogue des collections archéologiques de Montbéliard. 2: Les monnaies gauloises (con F. Blind e P-D. Labarrière). Les Belles Lettres, París.
- (1962). Catalogue des monnaies gauloises du Jura. Les Belles Lettres, París.
- (1967). Catalogue des collections archéologiques de Besançon. IV: les monnaies gauloises. Les Belles Letres, París.
- (1970). Les monnaies gauloises des Parisii (con G, Fabre). Impr. nationale, París.
- (1973). Traité de numismatique celtique. I: méthodologie des ensembles. Les Belles Lettres, París.
- (1978). Les monnaies antiques d'Afrique du Nord trouvées en Gaule. CNRS, París. ISBN 9782222022503
- (1986). Recueil des inscriptions gauloises. III: Les calendriers (con P-M. Duval, M. Lejeune et al.). . CNRS, París. ISBN 9782222036685
- (1998). Recueil des Inscriptions Gauloises. IV: Les légendes monétaires (con B. Fischer). París. CNRS, París. ISBN 9782271054487
- (2002). Recueil des inscriptions gauloises. II-2: Textes gallo-latins sur "instrumentum" (con M. Lejeune, P-M. Duval et al). CNRS, París. ISBN 9782271058447
Escolma de artigos
[editar | editar a fonte]- (1948). "La trouvaille de monnaies celtiques de Saint-Jacques-de-la-Lande". En Revue belge de numismatique, 94. Páxinas 15-76.
- (1951). "La trouvaille de Saint-Jacques-de-la-Lande : nouvelles constatations". En Revue Belge de Numismatique, 97. Páxinas 105-116.
- (1954). "La contremarque dans le monnayage d'or gaulois". En Gallia, 12-1. Páxinas 55-72.
- (1963). "Les monnaies de Vercingétorix". En Gallia, 21-1. Páxinas 11-75.
- (1966). "La monnaie de Caletedu et les zones du statère et du denier en Gaule". En Revue Archéologique du Centre de la France, 5. Páxinas 101-129.
- (1973). "Chronologie des bronzes gaulois et ‘British potin coins’". En Revue Belge de Numismatique, 119. Páxinas 5-41.
- (1979). "Le statère réputé arverne de Saint-Alban-sur-Limagnole (Lozère)". En Revue archéologique du Centre de la France. 18-1-2. Páxinas 49-50.
- (1980). "Le bronze d'OXOBNOS et l'ensemble des monnaies tardives de la Loire moyenne". En Revue Belge de Numismatique, 126. Páxinas 9-30.
- (1983). "Les monnaies de Mouliets-et-Villemartin (Gironde)". En Gallia, 41-1. Páxinas 25-57.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Fischer, B. (1995). Páxina 261.
- ↑ "Colbert de Beaulieu Jean-Baptiste". Comité des travaux historiques et scientifiques.
- ↑ Véxase (1948) e (1951) en "Publicacións - Escolma de artigos".
- ↑ Gihard, P-M. (2016-b-) Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 24.
- ↑ Véxase (1973) en "Publicacións - Monografías".
- ↑ Guihard. P-M.; Van Heesch, J. (2016). "Que reste-t-il du Traité de Numismatique Celtique ? Relire l’œuvre de Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu (1905-1995) vint ans après.". En Revue belge de numismatique. CLXII.
- ↑ Gihard, P-M. (2016-b-) Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 27.
- ↑ Fischer, B. (1995). Páxinas 261-262.
- ↑ Charlet, C. (2016). "Un demi-siécle de SENA, par Laurence Calmels". En CGB.fr. Informations numismatiques.
- ↑ Fischer, B. (1995). Páxina 263.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Derek Allen Prize". The British Academy.
- ↑ Gihard, P-M. (2016-b-) Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 26.
- ↑ "Colbert de Beaulieu, Jean-Baptiste 1905-1995 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Colbert de Beaulieu, Jean-Baptiste (1905-1995)". Persee.fr
- ↑ "Colbert de Beaulieu, J.-B (Jean-Baptiste)". WorldCat Identities.
- ↑ "Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu (1905-1995)". Bibliothèque nationale de France.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Callegarin, L. (2016). "Le dossier aquitain de J.-B. Colbert de Beaulieu". En Revue belge de numismatique. 162. Páxinas 207-240.
- De Callataÿ, F. (2016). "Importations et innovations méthodologiques dans l'oeuvre de Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu, ou Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu, la Belgique et les conceptes nomades Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". En Revue belge de numismatique. 162. Páxinas 23-24.
- Delestrée, L. P. (2016). "Colbert de Beaulieu et sa théorie des hégémonies monétaires". En Revue belge de numismatique. 162. Páxinas 67-84.
- Doyen, J-M. (2016). "Colbert de Beaulieu et la chronologie". En Revue belge de numismatique. 162. Páxinas 53-66.
- Fischer, B. (1995). "Nécrologie: J.-B. Colbert de Beaulieu". En Études celtiques. 31. Páxinas 261-264.
- Gihard, P-M. (2016-a-). "Le "Traité de numismatique celtique" dans la correspondance de J.- B. Colbert de Beaulieu conservée au Département des Manuscrits de la Bibliothèque nationale de France". En Revue belge de numismatique. 162. Páxinas 5-22.
- Gihard, P-M. (2016-b-). "Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu (1905-1995). Del’inorganisé jusqu’à la structure Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Compte rendu, 63. International Numismatic Council. Páxinas 22-31.
- Naster, P. (1987). "Éloges liminaires". En Mélanges offerts au docteur J.-B. Colbert de Beaulieu. Le Léopard d'or, París. Páxina 1.