Saltar ao contido

Lingua comanche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comanche
Nʉmʉ Tekwapʉ̲
Pronuncia:ˈnɨmɨ ˈtekʷapɨ̥
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Oklahoma (antigamente, Texas, Novo México, Kansas, Colorado, Oklahoma)
Total de falantes: 100 (2007)
Familia: Uto-azteca
 Númica
  Númica central
   Comanche
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: com
Mapa

Distribución dos falantes antes da colonización.
Status

O comanche está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O comanche[2] é unha lingua indíxena norteamericana, da familia uto-azteca, e da subfamilia númica, que empregaban os comanches. No ano 2000 contaba con case 700 falantes[3], concentrados nas reservas da parte occidental de Oklahoma.

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

Aínda que existen varias propostas sobre a orixe do nome Comanche, crese que procede do termo da lingua ute Ko·mantci· 'o meu inimigo' (pronunciado [kɨ.ˈman.tsi] ou [kɨ.ˈma.tsi])[4][5], mentres que a denominación propia para a súa lingua é nʉmʉ tekwap ʉ (lingua do pobo).[6]

A lingua comanche é moi semellante á lingua dos shoshones a pesar de que certas modificacións de baixo nivel de consoantes en comanche dificultan a comprensión mutua.[7]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comanche.
  3. "Censo USA, ano 2000". Consultado o 20-12-2016. 
  4. Hämäläinen, Pekka (1998) "The Western Comanche Trade Center: Rethinking the Plains Indian Trade System" The Western Historical Quarterly 29(4): pp. 485-513, p. 488
  5. Bright, William (2004). Native American Place Names of the United States. University of Oklahoma Press. p. 77. 
  6. Wistrand Robinson, Lila; Armagost, James (1990). Comanche Dictionary and Grammar. Summer Institute of Linguistics and The University of Texas at Arlington Publications in Linguistics Publication 92 (Dallas. Texas: The Summer Institute of Linguistics and The University of Texas at Arlington). 
  7. McLaughlin, John (1992). "En Counter-Intuitive Solution in Central Numico Phonology". International Journal of American Linguistics 2 (58): 158–181. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]