Saltar ao contido

Lingua tongva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tongva
eyooshiraaw
Outros nomes:Gabrielino / Gabrieleño
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Sur de California
Extinción: ca. 1900
Familia: Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Tákica
   Cupana
    Tongva
Escrita: alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xgf
Mapa

A lingua tongva (sinalada en laranxa).
Status

O tongva está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua tongva (tamén coñecida como gabrielino ou gabrieleño) é unha lingua morta[2][3] da familia uto-azteca, falada outrora polo pobo tongva, un pobo indíxena que habitou arredor da actual cidade dos Ánxeles, en California. Non é unha lingua de fala cotiá dende os anos corenta. O pobo tongva agora fala inglés, mais algúns están tentando revivir a súa lingua usándoa en conversacións cotiás e contextos cerimoniais. No presente, a lingua tamén se está a utilizar en clases de dinamización lingüística e nalgún debate público sobre cuestións relixiosas e ambientais.[4] O tongva está estreitamente relacionado coa lingua serrano.[5] Os nomes de varias cidades e barrios do sur de California son de orixe tongva, incluíndo Pacoima, Tujunga, Topanga, Azusa, Cahuenga no paso de Cahuenga e Cucamonga no Rancho Cucamonga.

Os derradeiros falantes nativos de tongva viviron a comezos do século XX. A lingua está documentada principalmente nas notas de campo inéditas de John Peabody Harrington feitas durante esa época. O "Proxecto J.P. Harrington", desenvolvido por The Smithsonian a través da Universidade de California, Davis, codificou para a súa documentación aproximadamente 6.000 páxinas das súas notas sobre a lingua tongva, traballo realizado por un membro tongva durante tres anos. Non se comprobou se uns supostos falantes nativos de tongva faleceron na década de 1970.

O planetoide 50000 Quaoar recibiu o nome do deus creador tongva.[6]

Mrs. James Rosemeyre (nada como Narcisa Higuera), fotografada aquí en 1905, foi unha dos últimos falantes fluídos de tongva. Un informante para o etnógrafo C. Hart Merriam, foi a fonte do endónimo amplamente utilizado tongva.[7]
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Glottolog 4.4 – Tongva
  3. Gabrielino-Fernandeño –- MultiTree
  4. Fortier, Jana (decembro de 2008). Native American Consultation And Ethnographic Study, Ventura County, California (Informe). La Jolla, California: California Department of Transportation. pp. 13–14. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  5. Golla, Victor (2011). California Indian Languages (en inglés). University of California Press. ISBN 978-0-520-26667-4. 
  6. Byrd, Deborah (19 de febreiro de 2013). "Quaoar, a rocky world orbiting beyond Neptune". EarthSky. Consultado o 31 de agosto de 2014. 
  7. Lepowsky, M. (2004). "Indian revolts and cargo cults: Ritual violence and revitalization in California and New Guinea". En Harkin, M. E. Reassessing revitalization movements: Perspectives from North America and the Pacific Island. Lincoln, NE: University of Nebraska Press. pp. 1–61. ISBN 9780803224063. Consultado o 19 de agosto de 2013.