Saltar ao contido

Lingua náhuatl de Guerrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Náhuatl de Guerrero
Nawatlajtoli
Falado en: México
Rexións: Guerrero
Total de falantes: 125.000 (censo de 2000)
Familia: Uto-azteca
 Nahua
  Náhuatl
   Central
    Náhuatl nuclear
     Náhuatl de Guerrero
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ngu
Mapa
Status

O náhuatl de Guerrero está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua náhuatl de Guerrero é unha variedade da lingua náhuatl falada no estado de Guerrero en México por unhas 125.000 persoas do pobo náhuatl. Tamén é coñecida como azteca de Guerrero. Fálase en varios concellos do Río Balsas incluíndo Tepecoacuilco de Trujano, Huitzuco de los Figueroa, Atenango del Río, Copalillo, Mártir de Cuilapan, Zitlala, Tixtla de Guerrero, Mochitlán, Quechultenango, Chilapa de Álvarez, Ahuacuotzingo, Olinalá, Atlixtac, Zapotitlan Tablas, Ayutla de los Libres, Cualác, Huamuxtitlán, Xochihuehuetlán, Tlapa de Comonfort, Alpoyeca, Xalpatláhuac e Alcozauca de Guerrero. Escríbese en alfabeto latino. Existen materiais de vídeo para o ensino da lingua, ademais dun dicionario nesta lingua. É unha lingua coa estrutura suxeito-verbo-obxecto. As palabras tenden a ser longas con afixos e clíticos.

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

O náhuatl de Guerreiro non é tonal. Un 'l' longo pronúnciase 'j'l (hl) na variedade de Guerrero, polo que a palabra para 'casa', que é 'calli' noutras variedades do náhuatl, pronúnciase 'calli' ou 'káhli' en Guerrero.[2]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Dictionary of Nahuatl terms, including the story of the flower Cuetlaxochitl (poinsetta).". Arquivado dende o orixinal o 2013-10-16. Consultado o 2013-05-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]