Saltar ao contido

Lingua luiseña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luiseño
Chamꞌteela
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Sur de California
Total de falantes: ~40 (2000)
Familia: Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Tákica
   Cupana
    Luiseño
Escrita: alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: lui
Mapa

A lingua luiseña (sinalada en gris no sur).
Status

O luiseño está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O luiseño é unha lingua uto-azteca de California falada polo pobo luiseño, un pobo indíxena que no momento do primeiro contacto cos europeos no século XVI habitaba na área costeira do sur de California, dende o Condado dos Ánxeles até o Condado de San Diego, California. O pobo foi chamado "luiseño", debido á súa proximidade coa Misión San Luis Rey de Francia.

A lingua está moi ameazada, mais conta cun activo proxecto de revitalización lingüística,[2] co apoio de lingüistas da Universidade de California en Riverside.[3] A tribo Pechanga ofrece clases para nenos, e en 2013, "a tribo ... comezou a financiar unha clase de posgrao en luiseño na Universidade Estatal de California, San Bernardino, un dos poucos cursos universitarios de linguas indíxenas con créditos do país".[4] En 2012, creouse un videoxogo en luiseño para a Nintendo DS orientado a ensinar a lingua aos mozos.[5][6]

O dialecto juaneño, falado polo pobo acjachemen, está extinto.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. *Marisa Agha (2012-03-18). "Language preservation helps American Indian students stick with college". The Sacramento Bee. Arquivado dende o orixinal o 2012-03-21. Consultado o 2012-08-08. 
  3. "Preserving the Luiseno Indian Language: The California Report". The California Report, californiareport.org. Consultado o 8 de maio de 2010. 
  4. Olson, David (2013-02-15). "TRIBES: Campaign to save Native American languages". Press-Enterprise, PE.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2013. Consultado o 2013-02-23. 
  5. Deborah Sullivan Brennan (2012-09-01). "Video games teach traditional tongue". North County Times (Escondido, California). Arquivado dende o orixinal o 2012-08-07. Consultado o 2012-10-21. 
  6. "Video Games Make Learning Fun". SpokenFirst, Falmouth Institute. Consultado o 2012-10-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chung, Sandra (1974). Remarks on Pablo Tac's La lingua degli Indi Luiseños. International Journal of American Linguistics 40. pp. 292–307. doi:10.1086/465326. 
  • Clifford, Christian (2017). Meet Pablo Tac: Indian from the Far Shores of California. CreateSpace. 
  • Hyde, Villiana Calac; Elliot, Eric (1994). Yumáyk Yumáyk: Long Ago. University of California Press. 
  • Hyde, Villiana (1971). An Introduction to the Luiseño Language. Malki Museum Press. 
  • Kroeber, A. L.; Grace, George William (1960). The Sparkman Grammar of Luiseño. Berkeley: UC Berkeley Press. 
  • Tagliavini, Carlo (1926). La lingua degli Indi Luisenos. Bologna: Cooperativa Tipografica Azzoguidi. 
  • Sparkman, Philip Stedman (1908). The culture of the Luiseño Indians. The University Press. Consultado o 24 de agosto de 2012.