Saltar ao contido

Lingua tepehuana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tepehuano
O'otham
Falado en: México
Rexións: Chihuahua e Durango
Total de falantes: 55.000 (censo de 2020)[1]
Familia: Linguas uto-aztecas
 Uto-aztecas meridionais
  Linguas tepimanas
   Tepehuano
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: varios:
ntp — Lingua tepehuana do norte
stp — Lingua tepehuana do suroeste
tla — Lingua tepehuana do sueste
tep — Lingua tepecana
Mapa
Status

O tepehuano do norte está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O tepehuano do sur está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua tepehuana é o nome xeral de tres linguas estreitamente relacionadas (as linguas tepehuana do norte, do suroeste e do sueste) pertencentes á póla pimana da familia uto-azteca, todas elas faladas no norte de México. A lingua tamén é coñecida como o'otham polos seus falantes.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Tepehuano do norte

[editar | editar a fonte]

O tepehuano do norte é falado por unhas 10.000 persoas (censo de 2020)[1] en varios asentamentos en Guadalupe y Calvo e Guachochi, Chihuahua, así como no norte de Durango.[4]

Tepehuano do sur

[editar | editar a fonte]

O tepehuano do sur é falado por unhas 45.000 persoas,[1] divididas de maneira igualitaria en:

  • Tepehuano do sueste no concello de Mezquital, no estado de Durango.
  • Tepehuano do suroeste, no suroeste de Durango.

O tepehuano do sur coexiste coa lingua mexicanera; hai algún matrimonio mixto entre os dous grupos étnicos, e unha serie de falantes son trilingües en mexicanero, tepehuano e castelán.

Exemplo de texto

[editar | editar a fonte]
Tepehuano do norte
Gʌrooga aapipʌsmaacʌdʌ
tʌvaagɨʌrʌ daja, aatʌmʌ
ipʌlidɨ ɨʌoodami
gʌšiia duutuadagɨ.
Vai otoma aʌna
istuigaco gatʌaanʌda
agai aapi ʌʌgɨ tami
oidigɨ daama.
Vaidʌ ʌpʌduuna
pʌštumaasɨ aapɨ ipʌlidi
tami oidigi daama
poduucai isduucai
ʌpʌvueeyi tʌvaagiʌrʌ.
Gʌrsoiñañi tʌtai viaaca
aatʌmʌ cuaadagai
tʌšɨ ʌʌšɨ tʌgito sivɨ
vʌʌtarʌ.
Gʌroigʌldañɨ
gʌrsoimaascamiga
tʌsmaacʌdʌ ivueeyi
poduucai tʌsduucai
oigʌldi aatʌmʌ ʌgai
ismaacʌdʌ šoimaasi
gʌrvuiididi.
Maiti dagito
išʌDiaavora gʌraagiadan
taadacagi isiduñia
aatʌmʌ soimaasi.
Cʌʌ maatʌ aatʌmʌ
isaapi ʌrʌgʌʌ
baitʌc ʌaacamitʌvaagiʌrʌ
dai oidi daama
tomastuigaco,
dai aapi vaamioma viaa
guvucadagaɨ
tomastuigaco istomali
ʌmo ʌmai daɨ
isaliʌšɨ gʌaagai
ɨsvʌʌšɨ oodami gʌsiaa
duutuadagɨ
tomastuigaco.
Noso Pai que estás no ceo:
santificado sexa o teu nome,
veña a nós o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
O noso pan de cada día dánolo hoxe;
e perdóano-las nosas ofensas
como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal.
Amén.
Tepehuano do sur
Utogga atemo tubaggue :dama Santu sicamoe
uggue ututugaraga
duviana uguiere api
odduna gutuguito
daraga tami dubar
dama tubggue.
Udguaddaga ud macane
schibi ud joigadane
ud seca doada raga
addu cate abemo
joigudu jut jaddune
maitague daguito soy
macire ud niuca
dacane api odduna.
Amen, Jesus.
Noso Pai que estás no ceo:
santificado sexa o teu nome,
veña a nós o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
O noso pan de cada día dánolo hoxe;
e perdóano-las nosas ofensas
como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal.
Amén.
  1. 1,0 1,1 1,2 Lenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Goberno de México (ed.). "Catálogo de las lenguas indígenas nacionales: Variantes lingüísticas de México con sus autodenominaciones y referencias geoestadísticas". Consultado o 26 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]