Saltar ao contido

Xoán de Requeixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán de Requeixo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) Xohán de Requeixo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Johan de Requeixo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor en Wikidata

BUSC: johan-de-requeixo

Xoán de Requeixo[1], Xohán[2] de Requeixo ou Johan de Requeixo foi un xograr galego de finais do século XIII. Levan o seu nome un colexio e a biblioteca municipal de Chantada.[3][4]

Existen discrepancias sobre o lugar do seu nacemento, aínda que o seu nome e a súa obra conservada inducen a pensar que naceu na parroquia de Santiago de Requeixo.[5] Antonio Rei Somoza sitúao nunha concesión foral de 1247 que realiza o abade de Oseira ao seu favor.[6] O escritor Xosé Lois García Fernández sostén que era un sacerdote da parroquia de Requeixo.[7]

No 2004, grazas á iniciativa da Asociación Xohán de Requeixo, erixíronse cinco monólitos cos poemas conservados deste poeta medieval.[8]

É autor de cinco cantigas de amigo, todas cantigas de romería, en torno ao santuario de monte Faro en Chantada.[9]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 
  2. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 
  3. "Novas | CEIP Xoán de Requeixo". Consultado o 2021-02-02. 
  4. "CONCELLO DE CHANTADA :: WEB OFICIAL :: Bilbioteca Municipal". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 2021-02-02. 
  5. "CONCELLO DE CHANTADA :: WEB OFICIAL :: Historia". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2021. Consultado o 2021-02-02. 
  6. Vázquez García, Tania, Johan de Requeixo, xograr esquecido das terras de Asma, Alicerces. Revista de Estudos do Miño Medio, 2, 2017, p. 155. https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/15775 Arquivado 28 de xullo de 2020 en Wayback Machine.
  7. Xosé  Lois GARCÍA FERNÁNDEZ, Os trobadores das terras de Chantada, Sada, Ediciós do Castro, 2001, p. 44
  8. "Cruces, flores y mascarillas para ir a ver a la Virgen a lo alto del monte Faro" (en castelán). 2020-09-08. Consultado o 2021-02-02. 
  9. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-02-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]