Saltar ao contido

Bermés, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bermés»)
Bermés
Igrexa de Santa María de Bermés.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°43′08″N 8°16′29″O / 42.7189781, -8.2747893
Área7,8 km²
Poboación227 hab. (2011)
Densidade29,1 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Bermés é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 227 habitantes (114 mulleres e 113 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

En 1978 descubríronse en Bermés catro estelas funerarias dos séculos I-III, preto do centenario Carballo Grande[2].

Celébrase O Clamor, rogativa para demandar choiva, cun intercambio de imaxes entre Bermés e Vilariño, e a recuperada Feira das Mulas ou Feira do Vento, no lugar do mesmo nome.

O 14 de agosto comezan as súas festas patronais, coa celebración da Festa do Xamón. Nesta festa, celebrada desde 1999, pódese degustar este produto gratuitamente mercando unha xerra conmemorativa do evento.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Bermés.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Bermés

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Bermés no concello de Lalín (Pontevedra)

Bermés | Bermés do Fondo | Camiño Real | Campo de Bermés | Lamela | Oís Grande | Oís Pequeno | Orxás | O Regado | Riádigos | O Vento

Parroquias de Lalín

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]