Facultade de Comunicación de Pontevedra
Facultade de Comunicación de Pontevedra | |
---|---|
Vista xeral da facultade e entrada da mesma | |
Universidade: | Universidade de Vigo |
Localización: | Pontevedra |
Campus: | Pontevedra |
Enderezo: | Campus da Xunqueira 36005 |
Ano de fundación: | 29 de xullo de 1993 |
Decano: | Xosé Manuel Baamonde Silva |
Docentes: | 66 |
Estudantes: | 700 [1] |
Teléfono: | 986801999 |
Correo electrónico: | sdfasoc@uvigo.es |
Páxina web: | facultadedecomunicación pontevedra |
A Facultade de Comunicación de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no campus da Xunqueira.
Historia
[editar | editar a fonte]A Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, xerme da actual Facultade de Comunicación, creouse polo decreto 192/1993, do 29 de xullo, no seu artigo 19.[2] A licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas, única no Sistema Universitario de Galicia, foi a primeira implantada na facultade. O decano-comisario que elaborou o plan de estudos para a nova licenciatura foi Alejandro Pizarroso Quintero, catedrático da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.[3] O plan de estudos foi aprobado o 1 de xullo de 1994.[4]
A facultade de Ciencias Sociais entrou en funcionamento en Pontevedra o 10 de outubro de 1994 nun edificio provisional, o antigo fogar provincial na rúa Serra, na que permaneceu ata o ano 2000[5] no que empezou a funcionar o novo grande edificio da facultade construído no Campus da Xunqueira, deseñado polo arquitecto santiagués José Carlos Arrojo Lois.[6]
En 1999 polo decreto 250/1999 do 9 de setembro, no seu artigo 4, implantáronse na facultade os estudos de Xestión e Administración Pública sendo a segunda carreira universitaria que se puido cursar no centro.[7]
En maio de 2003 autorizouse á facultade para impartir a licenciatura en Comunicación Audiovisual así como o cambio de nome de Ciencias Sociais, pasando a denominarse Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.[8][9]
O 7 de xullo de 2022, por decreto 133/2022, creouse no Campus de Pontevedra a Facultade de Dirección e Xestión Pública, pasando o grao de Dirección e Xestión Pública a impartirse nesa facultade.[10][11][12]
O 29 de decembro de 2022, polo decreto 230/2022 da Consellería de Educación a facultade pasou a denominarse Facultade de Comunicación.[13][14]
Titulacións
[editar | editar a fonte]Como estudos de posgrao acolle os seguintes másters:[15]
- Máster en Dirección de Arte en Publicidade.[16][17]
- Máster en comunicación en medios sociais e creación de contidos dixitais.[18][17]
Ademais ofrece o Doutoramento en Comunicación, aprobado polo Consello de Universidades.[17][15]
Instalacións
[editar | editar a fonte]No primeiro piso da Facultade sitúase a Biblioteca Central do Campus de Pontevedra. O edificio dispón de dous estudios de radio e dous platós (de televisión e de cinema). Ademais conta cunha sala de protools, onde se pode rodar unha maqueta profesional, de doce cabinas de edición de Avid e de varias aulas de informática.[6]
Equipo decanal
[editar | editar a fonte]O decano da facultade é Xosé Manuel Baamonde Silva, e os vicedecanos son José Pita, Xabier Martínez Rolán e Rosa Ricoy Casas. A secretaria é Silvia García Mirón.[19][20]
Actividades
[editar | editar a fonte]A facultade acolle unha semana de conferencias e actividades formativas centradas na creatividade publicitaria e audiovisual e que se desenvolven no mes de abril. Agrúpanse baixo o nome de Culturkata e nelas participan como relatores profesionais de referencia e egresados.[21]
A facultade tamén outorga os premios Resaka das Letras, RdL. A Galipedia recibiu no 2006 "G" de platino, a maior distinción.[22]
Cultura
[editar | editar a fonte]A finais de abril, a festa maior do campus de Pontevedra, Santa Kata ou Santa Catabirra, está dedicada á patroa da Facultade de Comunicación, Santa Catarina de Siena. Miles de mozos de toda Galicia participan nesta festa.[23]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Entrada da facultade
-
Fachada sur
-
Fachada lateral suroeste
-
Fachada traseira da facultade
-
Fachada nordés
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Gobierno gallego ratifica el cambio de nombre de Ciencias Sociales y de la Comunicación". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de decembro de 2022.
- ↑ "DECRETO 192/1993, do 29 de xullo, polo que se axustan titulacións impartidas na Comunidade Autónoma, se concede autorización de novos estudios e se crean máis centros no sistema universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia. 17 de agosto de 1993.
- ↑ 3,0 3,1 "Dos décadas formando a comunicadores". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de outubro de 2014.
- ↑ "Resolución de 7 de noviembre de 1994, de la Universidad de Vigo, por la que se ordena la publicación de los planes de estudios conducentes a la obtención de los títulos de Licenciado en Psicopedagogía, Diplomado en Trabajo Social y Diplomado en Educación Social de la Facultad de Humanidades de Orense y Licenciado en Publicidad y Relaciones Públicas de la Facultad de Ciencias Sociales de Pontevedra." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 23 de novembro de 1994.
- ↑ "Aquellos maravillosos años de vino, rosas y revolución en Ciencias Sociais". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 "Buenas instalaciones y sinergias para paliar la falta de espacio". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ "DECRETO 250/1999, do 9 de setembro, polo que se crean centros e se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan na Universidade de Vigo.". Diario Oficial de Galicia. 17 de setembro de 1999.
- ↑ "La Universidad aprueba el plan de estudios de Comunicación Audiovisual". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 2003.
- ↑ 9,0 9,1 "DECRETO 265/2003, do 15 de maio, polo que se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan no Sistema Universitario de Galicia.". Diario Oficial de Galicia. 23 de maio de 2003.
- ↑ "Visto bueno a la creación de las facultades de Deseño y Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Ratifican la creación de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública en el campus de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de xullo de 2022.
- ↑ "DECRETO 133/2022, de 7 de julio, por el que se aprueba la creación de la Facultad de Diseño, de la Facultad de Dirección y Gestión Pública, y de la Facultad de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022.
- ↑ "Publicado en el DOG el cambio de nombre de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación". Pontevedra Viva (en castelán). 20 de xaneiro de 2023.
- ↑ "DECRETO 230/2022, de 29 de diciembre, por el que se modifica la denominación de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación de la Universidad de Vigo" (pdf). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 20 de xaneiro de 2023.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 "Penúltimo paso para el cambio de nombre de Ciencias Sociales a Facultad de Comunicación". Pontevedra Viva (en castelán). 16 de decembro de 2022.
- ↑ "«Síntome afortunada polo ambiente que atopei»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 2020.
- ↑ "Un máster con emprego seguro". Diario de Pontevedra. 7 de decembro de 2022.
- ↑ "Xosé Baamonde elegido decano de la facultad de Ciencias Sociais". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de decembro de 2015.
- ↑ "Xosé Baamonde elegido decano de la Facultad de Ciencias Sociales e da Comunicación". Pontevedra Viva (en castelán). 17 de decembro de 2015.
- ↑ "Culturkata: da publicidade contra as desigualdades á verificación da información". Diario de Pontevedra. 18 de abril de 2023.
- ↑ "A Resaka das Letras premia a Galipedia como mellor sitio web en galego". Vieiros. 1 de xuño de 2006.
- ↑ "Miles de jóvenes de toda Galicia participan en la fiesta Santa Kata 2017". Faro (en castelán). 28 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Facultade de Comunicación de Pontevedra |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra
- Facultade de Belas Artes de Pontevedra
- Facultade de Deseño de Pontevedra