Saltar ao contido

Ángel del Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ánxel del Castillo López»)
Modelo:BiografíaÁngel del Castillo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1886 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1961 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Circunscrición electoral da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudo da historia da arte e arqueoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, historiador da arte, arquitecto Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeObdulia García Cerdido Editar o valor en Wikidata
Fillosseis Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 5993 BNE: XX906189 BUSC: castillo-lopez-angel-del-1885-1961

Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Ángel del Castillo en 1933.

Foi un erudito de tardía formación, pois non puido iniciar a formación universitaria até cumpridos os corenta anos. Gran parte da súa vida estivo adicada á docencia, exercéndoa na Escola de Comercio, academias particulares e a Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 foi elixido membro adxunto da Real Academia Galega, integrándose coma membro numerario en 1927. En 1924 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.

Militante de Acción Republicana, na República foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 22 de maio de 1932, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933.

A súa achega á defensa, clasificación e preservación do patrimonio artístico galego é de grande importancia, destacando a súa obra Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia[1] (Editorial de los Bibliófilos Gallegos 1972, reeditado en 1987 e en 2008),[2] con introdución e bibliografía de José Filgueira Valverde.

Ademais, escribiu unha novela curta A Dona das Torres, Lénda Galega,[sic] de 21 páxinas, publicada o 22 de agosto de 1925 no número 12 da revista Lar. Trátase dunha lenda ambientada no século XV, con notas históricas e documentais que aumentan o atractivo da narración, transformándoa nun relato pseudohistórico.

Desde 1946 foi o cronista oficial da cidade da Coruña e desde 1951 tamén da provincia homónima.[3]


Predecesor:
César Vaamonde Lores
 
Cronista Oficial da Coruña
 
1942 - 1961
Sucesor:
Juan Naya Pérez

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra polo goberno francés en 1934.[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-62-9. 
  2. «La Barrié reedita el inventario de patrimonio artístico gallego de Ángel Castillo »
  3. Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán). 
  4. El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 8.
  5. Nela aparecen: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Pedrayo, Risco, del Castillo e Rafael González.
  6. De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]