Wikipedia:Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller
Esta é a Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller, continuación do Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller celebrado en Ourense o 10 de marzo de 2018.
Unha wikimaratona é unha reunión (presencial ou virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia, neste caso para tentar pechar a fenda de xénero existente entre os artigos e na que poden participar todo tipo de persoas, aínda que non teñan experiencia previa coa Galipedia.[1]
Buscamos ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que inclúan unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas. Tamén aproveitaremos para celebrar o décimo sexto aniversario da Galipedia que se cumpre tamén o 8 de marzo.
Cando, onde e como
[editar a fonte]A actividade terá lugar o 9 de marzo de 2019 na Biblioteca Pública de Ourense, podes ver aquí a súa localización.
Comezará ás 10:30 e desenvolverase durante toda a mañá (máis abaixo podes ver o programa).
Para poder tirarlle todo o partido ao wikimaratón o ideal é asistir de forma presencial. Así, amais de editar, é posible coñecer outros wikipedistas, intercambiar experiencias e darlle visibilidade ao proxecto.
Programa de actividades
[editar a fonte]- 10:30 - 11:30 Obradoiro de iniciación á edición na Galipedia
- 11:30 - 12:15 Wikimaratón de artigos
- 12:15 - 12:30 Pausa para café
- 12:30 - 13:30 Wikimaratón de artigos
Información para participantes
[editar a fonte]Cuestións xerais
[editar a fonte]Nunca engadas contidos con dereitos de autor ós artigos. Non se poden copiar os contidos doutras páxinas web, libros, artigos etc., salvo que teñan unha licenza libre compatible coa da Galipedia. |
Tanto se optas por achegarte ata Ourense, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.
Non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches no programa que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.
E tampouco fai falta que cargues co teu equipo: no local temos á nosa disposición ordenadores de sobremesa para que poidamos traballar a gusto. Pero se che resuta máis cómodo traballar co teu portátil, tamén podes traelo: nós fornecerémosche a conexión á rede sen fíos para que poidas traballar.
Recomendación ós novos editores: levar xa creada a conta en Galipedia, leva só un minuto e só son dous pasos, pero fará que comecemos todos a tope! :)
- Accedendo á páxina principal e, na parte superior dereita, premendo en Crear unha conta
- Cubrir os campos solicitados (os únicos obrigatorios son o nome e contrasinal), e tras premer en Crear a conta xa tes a túa conta creada.
- Importante: Non esquecer o voso nome de usuaria/o e o contrasinal.
Nun pequeno videotitorial que pode serche de axuda para abrir conta en Galipedia publicado pola Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago podes ver como facer o teu rexistro de participante na wikimaratona. Pódelo consultar acó e tamén nesta mesma páxina, á esquerda.
Unha cousa que si podes traer, e sería moi interesante, é algún libro sobre as biografías de mulleres nas que imos traballar. Hai varias recompilacións dispoñibles con información sobre o tema, e moitos libros que afondan na vida e obra de moitas delas. Toda esta información é de moita utilidade para achegar contido ós artigos e tamén para usar como fonte para engadir as referencias axeitadas. Podes revisar a sección A biblioteca da wikimaratona máis abaixo, e incluso engadir máis libros que coñezas e non estean no listado.
Tamén é importante que teñas en conta a Política de espazo amigable para os eventos da Fundación Wikimedia.
Axudas co galego
[editar a fonte]Os artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.
Artigos propostos
[editar a fonte]Para coordinarnos, e non facer varias veces o mesmo traballo, o mellor é que antes de comezar a traballar nun artigo lle poñas o aviso {{En uso}}. Para iso só tes que editar o artigo dándolle á pestana editar a fonte, engadas ó comezo o texto {{En uso}} e premas no botón Publicar os cambios (debaixo da ventana) para gardar esa modificación. Deste xeito aparecerá unha mensaxe de aviso de que ese artigo xa está a ser modificado. Cando remates as túas edicións, lembra eliminar o aviso do mesmo xeito. |
Podes participar de varias maneiras:
- Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.
- Ampliando a información de artigos xa creados ou creando outros novos, aproveitando os teus propios coñecementos, ou botando man dos recursos que poñeremos ao teu dispor.
Se queres podes propor máis artigos modificando estas táboas ou deixar un comentario na páxina de conversa.
Cando remates de amañar ou crear un artigo, por favor, engade na columna de "Notas" o texto {{Feito}} para poder saber de forma sinxela o traballo que fixemos nesta wikimaratona.
Galegas
[editar a fonte]- Véxase tamén: Wikipedia:Wikiproxecto galegas.
Nesta lista engadiremos os artigos sobre mulleres galegas sobre os que podemos traballar. Uns xa existen e poden revisarse e ampliarse, e outros non existen e habería que crealos.
Tamén podes atopar outros artigos a crear en Álbum de Mulleres.
Hai outras listas máis no Wikiproxecto galegas. Unha delas é de galegas que non teñen artigo na Galipedia pero si ficha en Wikidata. Podes facer unha tradución dos artigos das outras linguas.
Artigo | Avisos | Provincia | Notas | |
---|---|---|---|---|
1 | Inés de Castro | faltan referencias | ||
2 | Helena de Carlos | faltan referencias | ourensá | |
3 | Sabela Arias Castro | formato wiki | luguesa | artigo en es.wiki |
4 | María Abel Diéguez | faltan referencias | atleta olímpica (Lugo 1974) GEG | |
5 | Ángeles Barreiro Rico | curto de máis | GEG | |
6 | María Victoria Díaz Riva | Álbum da JAE | ||
7 | Carmén López-Cortón | Álbum da JAE | ||
8 | Paz Parada Pumar | Álbum da JAE | ||
9 | Carmen Arias López | Álbum da Emigración | ||
10 | Juana Rouco Buela | Álbum da Emigración | ||
11 | Josefina Fernández Mosquera | historiadora | ||
12 | Eva Carrera | Colección Afundación | ||
13 | Almudena Fernández Fariña | Colección Afundación | ||
14 | Ana García Pan | Colección Afundación | ||
15 | Ana Legido Soto | Colección Afundación | ||
16 | Celsa Ferrín Moreiras | ourensá | ||
17 | Montse Calleja | curto de máis | ourensá | |
18 | Pilar Wirtz Molezún | coruñesa | monxa da Compañía de María e editora de Encrucillada | |
19 | Rosa María Cid Galante | ourensá | Investigadora da Historia das mulleres ourensás na súa páxina e Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades 2019. | |
20 | Wasthy Conde | ourensá | tenista. Fontes[2][3] [4][5] | |
21 | María Teresa Eiriz Vázquez | ourensá | Pioneira do transporte de pasaxeiros [6][7] | |
22 | Maribel Outeiriño | ourensá | xornalista, coñecida polo seu traballo no xornal La Región |
Esta é unha lista de galegas con ficha en Wikidata e sen artigo na Wikipedia en galego:
Esta lista xérase a partir de datos incluídos en Wikidata e actualízase periodicamente mediante un bot.
As edicións feitas na zona da listaxe serán eliminadas na seguinte actualización!
Outros artigos
[editar a fonte]Aquí podes ver unha lista de artigos sobre os que tamén podemos traballar na wikimaratona, os artigos foron escollidos porque son de calidade ou bos na Wikipedia en castelán ou inglesa. Se se traballa con calma neles, tamén poderían ter esa distinción na Galipedia, Wikipedia:Artigos de calidade.
Artigo | Avisos | Notas | |
---|---|---|---|
1 | Día Internacional da Muller | Actualizar co paro internacional de mulleres 2019 | |
2 | Mariya Spiridónova | Cómpre revisar transcrición nomes rusos | Calidade en es.wiki |
3 | Isabel II do Reino Unido | Calidade en es.wiki | |
4 | Harriet Tubman | curto de máis | Calidade en es.wiki |
5 | Alfonsina Storni | Calidade en es.wiki | |
6 | J. K. Rowling | Calidade en es.wiki | |
7 | Mary Shelley | Calidade en es.wiki | |
8 | Sarah Trimmer | Calidade en es.wiki | |
9 | Juana Inés de la Cruz | Calidade en es.wiki | |
10 | Lady Gaga | Calidade en es.wiki | |
11 | Madonna | precisa referencias | Calidade en es.wiki |
12 | Thalía | Calidade en es.wiki | |
13 | Aspasia | Calidade en es.wiki | |
14 | Isabel Bowes-Lyon | Calidade en es.wiki | |
15 | Golda Meir | Calidade en es.wiki | |
16 | Hatshepsut | Calidade en es.wiki | |
17 | María Tareixa I de Austria | Calidade en es.wiki | |
18 | Reinado de Isabel II de España | Calidade en es.wiki | |
19 | Hildegard von Bingen | Calidade en es.wiki | |
20 | Ablación de clítoris | Calidade en en.wiki | |
21 | Lynn Margulis | ||
22 | Jane Goodall | ||
23 | Rosalind Franklin | Calidade en de. e he.wiki | |
24 | Virginia Woolf | ||
25 | Ada Lovelace | faltan referencias | |
26 | Tareixa, condesa de Portugal | ||
27 | Valentina Tereshkova | Cómpre aumentar contido | |
28 | Lista de mulleres gañadoras do Premio Nobel | Actualizar | Calidade en en.wiki e bo en fr.wiki |
29 | Barbara McClintock | faltan referencias, ampliar | Calidade en es.wiki e en.wiki |
30 | Guilhermina Suggia | ampliar | |
31 | Violencia contra as mulleres | ampliar | |
32 | Modelo para organizacións de mulleres | crear | |
33 | Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín | crear |
Que día foi? Efemérides ourensás
[editar a fonte]Unha forma de visibilizar o traballo das mulleres ourensás é poder lembralas cada día do ano. Un bo xeito é a través das efemérides. Para esta tarefa é necesario obter fontes fiables para indicar as datas de nacemento e falecemento correspondentes, tanto en Galipedia como en Wikidata. Se engades estes datos ó artigo, non te esquezas de indicar tamén as fontes nas que te baseas para achegar esa información. A través da edición das entradas poderemos facer unha lista de efemérides máis diversa para a sección Wikipedia:Efemérides destacadas.
Hai unha táboa máis completa en: Wikipedia:Lista de mulleres nadas na provincia de Ourense segundo Wikidata.
Axuda para a edición
[editar a fonte]- Axuda:Introdución
- Páxina de axuda do editor visual
- Presentación de introdución ó Editor Visual
- Wikipedia:Citar as fontes
- Wikipedia:Libro de estilo
- {{Biografía}}, este é o modelo básico que se inclúe nos artigos de biografías e que amosa a ficha cos datos resumo no lateral do artigo, debe poñerse ó comezo do artigo.
- Wikipedia:O que é un artigo de calidade
Recursos de apoio
[editar a fonte]- Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega
- Wikipedia:Wikiproxecto mulleres
- Wikipedia:Wikiproxecto galegas
- Wikipedia:Wikiproxecto feminismo
- Entradas do Dicionario de mulleres galegas
- Cid Galante, Rosa María: Historia das nosas mulleres ourensás blog
- Cen mulleres galegas, na páxina web do CEIP Manuel Sueiro.
- Muller e Ciencia de Galicia
Apúntate!
[editar a fonte]Se che apetece participar nesta xornada, tes que apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).
- Elisardojm (presencial)
- Sobreira (praesentia)
Maria zaos (presencial)(lin mal o cartel, sintoo)- Estevoaei (presencial)
- Lles (posibelmente presencial)
- CoroRP (presencial)
- Beninho (presencial)
- Viascos (presencial, chegarei tarde)
A biblioteca da wikimaratona
[editar a fonte]Nesta sección imos engadir libros que poidan ser de interese para ser a fonte dos artigos que se creen, ou melloren, e cos que se poderán achegar as referencias ós contidos. Podes engadir a bibliografía que consideres que pode ser de axuda para traballar os contidos do wikimaratona, e se tes a posibilidade de traelo ó evento. Todo o que queira pode colaborar achegando libros de interese, que teña na casa, ou que colla na biblioteca pública que teña máis a man.
Título | Autor | Ano | Editorial | Quen o achega | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Liña do tempo. As mulleres na historia (2010), Consello da Cultura Galega, Comisión de Igualdade. | 2010 | Comisión de Igualdade | En liña | ||
Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista… | Pérez Pais e Mariño Costales | 2013 | Comis. de Igualdade | En liña | |
Mulleres destacadas de Galicia | Alvarellos, Enrique | 1993 | Alvarellos Editora | Dispoñible na biblioteca de Ourense. | Podes pedir aquí copia dalgún artigo. |
Dicionario de Mulleres Galegas | Marco, Aurora | 2007 | A Nosa Terra | Elisardojm | Podes pedir aquí copia dalgún artigo. |
Gran Enciclopedia Galega, en DVD | VVAA | 1974- | Elisardojm | ||
Mulleres galegas e ciencia na rede formativa universitaria | Gurriarán, Ricardo | 2007 | Comis. de Igualdade | María Zaos | En liña |
Llinares García, Mar (2010). Historia das mulleres en Galicia: Prehistoria. Historia antiga. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7807-4. | Elisardojm | A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[8] | |||
Pallares Méndez, Carmen (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade media. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7812-8. | Elisardojm | A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[8] | |||
Rey Castelao, Ofelia; Rial García, Serrana (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade moderna. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7808-1. | Elisardojm | A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[8] | |||
Pernas Oroza, Herminia (2011). Historia das mulleres en Galicia: Época contemporánea. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7822-7. | Elisardojm | A libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[8] | |||
Ménage, Giles (2009). Historia de las mujeres filósofas. Herder. ISBN 978-84-254-2581-3. | María Zaos | Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 1 MEN his | |||
Folsing, Ulla (1992). Mujeres premios Nobel. Alianza. ISBN 84-206-0600-6. | María Zaos | Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 06 FÖL muj .Tamén un exemplar no depósito | |||
Castarnado, Toni (2011). Mujeres y música : 144 discos más que avalan esta relación. 66 rpm. ISBN 978-84-941250-3-4. | María Zaos | Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura 78 CAS muj | |||
Patiño Regueira, Antón (2005). Memoria de ferro. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-30-0. | María Zaos | Dispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura C (ES-gal) PAT mem [FL] Válido para ás irmás Touza | |||
Pioneiras do deporte en Galicia | Cristina López Villar | 2018 | Deputación da Coruña | Elisardojm | |
MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega (ed.). "Documentarios sobre mulleres galegas". | En liña |
Notas
[editar a fonte]Resultados
[editar a fonte]Houbo dez persoas editando de forma presencial, das cales cinco eran mulleres.
A Biblioteca de Ourense puxo á nosa disposición varios portátiles para facer a actividade que repartimos entre todos os asistentes.
Despois diso comezamos cun obradoiro de introdución á edición para os novos usuarios que se achegaron, explicándolles as ferramentas básicas que se poden atopar no editor visual. Os participantes foron probando cada unha das cousas na súa páxina de usuario e fomos resolvendo as dúbidas que foron aparecendo.
Como comezamos cun pouco de atraso, non puidemos facer a paradinha para o café pero coas gañas da edición ninguén se lembrou diso. Así que puxémonos a traballar nos artigos consultando de cando en vez a biblioteca da wikimaratona, formada por libros achegados pola propia biblioteca, outros achegados polos propios asistentes ó evento e unha documentación achegada polo concello.
Fomos resolvendo algunhas dúbidas de edición e problemas que foron aparecendo ó mesmo tempo que se ían creando os artigos, e tamén aproveitamos para falar do asistente de creación de artigos, que foi de interese para os novos usuarios.
Artigos creados:
- Ángeles Santos Torroella
- Marie-Louise Lachapelle
- Rosa María Cid Galante
- Rosa Cobo Bedía
- Mariluz Villar Otón
- Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín
- Paz Parada Pumar
Mencións nos medios
[editar a fonte]Previas ó evento
[editar a fonte]- "A Galipedia celebra a segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller" Código Cero.
- "A Wikimaratona busca incorporar á Galipedia información sobre 70 mulleres galegas hoxe ausentes" Praza Pública.
- "La Galipedia celebra la segunda wikimaratona del Día Internacional de la Mujer" Voluntariado Dixital da Xunta (copia de Código Cero).
- "El segundo Wikimaratón nutrirá la Galipedia con biografías de mujeres gallegas" Faro de Vigo (en castelán).
- «Wikimaratón» na biblioteca, nova en La Voz de Galicia
- Programa lambóns dixitais (a partir de 35:33), na Radio Galega
- 'Wikimaratón' para introducir en Galipedia biografías de mujeres gallegas, nova na web do concello de Ourense
- Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller, nova en Vouaxenda
- 'Wikimaratón' para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas, nova no blog do concello de Ourense
- Programa Voces de Ourense (venres, 8 de marzo 2019, a partir de 66:25), en Radio Voz*
- WIKIMARATONA Galipedia. Biografías de mulleres galegas, nova na web oqueho.gal
- ‘Wikimaraton’ en Ourense, para incluír na Galipedia biografías de mulleres galegas, nova na web porgaliciabaixo.com
- Ourense acollerá este sábado a segunda edición do “wikimaraton” para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas, nova na web galiciasurourense
Posteriores ó evento
[editar a fonte]- A tarde do día 11/03/2019 (a partir de 31:05), na Radio Galega
Galería de imaxes
[editar a fonte]-
Algúns participantes no evento.
-
Algúns libros da biblioteca específica que se xuntaron no evento.
Véxase tamén
[editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller |
Outras páxinas
[editar a fonte]- Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller 10/3/2018
- Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018 24/02/2018
- Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 20/2/2018.
- Wikipedia:Primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego 8/11/2014.
- Wikipedia:Primeiras xornadas Coñece a Galipedia na UDC 16-17/4/2015
- Wikipedia:Primeiro editatón en Vigo 28/2/2015
<<< Evento anterior: 16/11/2018, Pontevedra. EMLex_Wiktionary_HackFest |
2ª wikimaratona do Día Internacional da Muller 09/02/2019, Ourense. |
Evento seguinte: 12/3/2020, A Coruña >>> Editatona Reto 50+ |