Carballeira de San Lourenzo
Aparencia
(Redirección desde «Carballeira de San Lourenzo de Trasouto»)
Tipo | parque carballeira ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Santiago de Compostela, España ![]() | |||
| ||||
A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.
Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.
Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.