Willy Schwabacher
Wilhelm Heinrich Schwabacher, nado o 22 de xullo de 1897 en Frankfurt e finado o 30 de agosto de 1972 en Estocolmo, foi un numismático e arqueólogo xermano-sueco especializado na moeda da Antiga Grecia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe familiar
[editar | editar a fonte]Schwabacher proviña dunha familia moi vinculada á numismática: o seu avó materno era o numismático e comerciante de moedas Adolph E. Cahn (1839-1918), e o seu pai era Heinrich Wilhelm Schwabacher (1852-1908), tamén comerciante numismático. Do mesmo xeito, os seus tíos Julius Cahn (1872-1935) e Ludwig Cahn (1877-1924), e os seus curmáns, Herbert A. Cahn (1915-2002) e Erich B. Cahn (1913-1993) se dedicaron tamén á numismática.[2][3]
Formación
[editar | editar a fonte]Logo de concluír o seu ensino secundario, Willy Schwabacher alistouse como soldado e participou na primeira guerra mundial, entre 1916 e 1918.[2] Neste último ano comezou os seus estudos de Arquitectura na Universidade Técnica de Darmstadt e en 1921 ingresou na Universidade de Múnic para estudar Arqueoloxía Clásica, Historia Antiga e Historia da Arte. En 1922 pasou un semestre na Universidade de Berlín, onde tivo a oportunidade de ter como profesor a Kurt Regling. O 31 de xullo de 1924 graduouse cunha memoria titulada Die Tetradrachmenprägung von Selinunt ("O relevo do tetradracma de Selinunte").[3][4][5]
Carreira
[editar | editar a fonte]Entre 1927 e 1930 traballou como asistente no Museo de Augsburgo.[5] En 1931 traballou na catalogación de diversas coleccións de moedas, entre elas a da Biblioteca Universitaria Erlangen, a do Seminario de Filoloxía Clásica da Universidade de Erlangen e a do Museo de Historia Local de Öttingen. No bienio 1932-1933 Schwabacher viaxou por Italia, Grecia e Turquía, financiado por unha bolsa do Instituto Arqueolóxico Alemán. Os dous anos seguintes integrouse nunha escavación arqueolóxica promovida por esa institución en Kerameikos, Atenas.[3] Por mor da súa confesión xudía, Schwabacher foi expulsado desa escavación en 1935.[6]
Inicialmente, do mesmo xeito que outros arqueólogos alemáns vítimas do nazismo, atopou refuxio no Instituto Arqueolóxico Austríaco de Atenas, onde participou en numerosas escavacións.[6] En 1938 viaxou a Londres, como empregado de E. S. G. Robinson, e alí colaborou na publicación da colección privada R. Cyril Lockett, que deu lugar ao terceiro volume do Sylloge Nummorum Graecorum. Na primavera de 1939 viaxou a Dinamarca, cunha recomendación de George F. Hill e de E. S. G. Robinson para ingresar no Gabinete Real de Moedas (Königlichen Münzkabinett) en Copenhague, onde se fixo cargo da edición do Sylloge correspondente a esa colección. Cando a Gestapo iniciou a deportación de todos os xudeus residentes nesa cidade en outubro de 1943, Schwabacher foi rescatado pola resistencia danesa e conseguiu viaxar a Suecia.[7][8]
Neste país, en 1952 comezou a impartir docencia na Universidade de Estocolmo. Paralelamente, en 1954 comezou a traballar como conservador no Gabinete Real de Moedas (Kungliga Myntakabinettet) de Estocolmo e mantivo a súa vinculación laboral con ese gabinete ata a súa xubilación en 1963.[9]
Como docente, Schwabacher foi tamén profesor visitante no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton durante o curso 1965-1966.[10]
Willy Schwabacher casou en 1952 con Annemarie Rosenbaum Schoenlak, unha supervivente do Holocausto. En 1954 acadou a cidadanía sueca e permaneceu nese país ata a súa morte.[8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Entre outras honras, Willy Schwabacher, foi recoñecido como membro honorario da Sociedade Suíza de Numismática, da Comisión Internacional de Numismática e da Royal Numismatic Society.[10]
- (1963): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[11]
- (1967): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[12]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Willy Schwabacher foi un prolífico autor de artigos publicados nas máis reputadas revistas de numismática e arqueoloxía do seu tempo, e tamén dalgúns traballos monográficos:[13][14][15][16][17]
Escolma de monografías
[editar | editar a fonte]- (1933). Die Voit von Salzburg'sche Münz- und Medaillensammlung der Universitätsbibliothek Erlangen. Kress & Hornung, Múnic.
- (1942-1944). Sylloge Nummorum Graecorum. The Royal Collection of Coins and Medals, Danish National Museum. Copenhague.
- (1942). Part I-III (ltaly), part VI (Thrace I).
- (1943). Part VII (Thrace II), part XI (Thessaly etc.), part XII (Epirus-Acarnania).
- (1944). Part XIII (Aetolia-Euboea), part XIV (Attica-Aegina), part XV (Corinth), part XVI (Phliasia-Laconia).
- (1958). Das Demareteion. Dorn, Bremen.
- (1962). Grekiska mynt ur Konung Gustaf VI Adolfs samling. Allhem, Malmö.
- (1964). Neue Methoden in der griechischen Münzforschung. C. Bloms boktr., Lund.
- (1974). Griechische Münzkunst. Kurze Kunstgeschichte an Beispielen aus der Sammlung S. M. Gustav VI. Adolf, König von Schweden. Von Zabern, Maguncia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jensen, J. S. (2021). "Willy Schwabacher". Den Store Danske.
- ↑ 2,0 2,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 155.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Kankeleit, A. (2019). Páxina 85.
- ↑ Schwabacher, W. (1925). "Die Tetradrachmenprägung von Selinunt". En Mitteilungen der Bayerischen Numismatischen Gesellschaft, 43. Páxinas 1-89.
- ↑ 5,0 5,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 156.
- ↑ 6,0 6,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 157.
- ↑ Boehringer, C. (1973). Páxina 158.
- ↑ 8,0 8,1 Kankeleit, A. (2019). Páxina 90.
- ↑ Boehringer, C. (1973). Páxina 159.
- ↑ 10,0 10,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 161.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ Westermark, U. (1967).
- ↑ Westermark, U. (1973).
- ↑ "Willy Schwabacher (1897-1972). Bibliographie". Coingallery.de
- ↑ "Willy Schwabacher". Deutschen Nationalbibliothek.
- ↑ "Schwabacher, Willy 1897-1972 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Berghaus, P. (1977). "Willy Schwabacher, 22. Juli 1897 - 30. August 1972". En Hamburger Beiträge zur Numismatik. 24-26. 1970-1972. Páxinas 7-8.
- Berghaus, P. (1997). "Numismatiker im Porträt. 41. Willy Schwabacher, 22. Juli 1897 Frankfurt - 30. August 1972 Stockholm". En Geldgeschichtliche Nachrichten 32, 179. Páxinas 117-120.
- Boehringer, C. (1973). "Willy Schwabacher 22. Juli 1897 – 30. August 1972". En Schweizerische Numismatische Rundschau, 52. Páxinas 155-161.
- Boehringer, C. (2014). "Willy Schwabacher 1897-1972. Versuch eines Porträts". En Jahrbuch für Numismatik und Geldgeschichte, 64. Páxinas 301322.
- Ehling, K. (2012). "Schwabacher, Willy". En Kuhlmann, P.; Schneider, H. (eds.). Geschichte der Altertumswissenschaften. Biographisches Lexikon. Metzler, Stuttgart/Weimar Páxina 1.153. ISBN 978-3-476-02033-8
- Kankeleit, A. (2019). "Athen, Griechenland. 'Copenhagen amüsiert sich, wie wohl stets, am Rand des Abgrunds'.Zwei deutsche Archäologen im Exil: Berta Segall und Willy Schwabacher im Mai 1939". En e-Forschungsberichte des DAI Fasc. 2. Páxinas 84-96.
- Mortensen, M. E. (1993). "Willy Schwabacher, Numismatiker". En Exil in Dänemark. Deutschsprachige Wissenschaftler, Künstler und Schriftsteller im dänischen Exil nach 1933. Heide. Páxinas 219-222.
- Rasmusson, N. L. (1967). "Willy Schwabacher 1897 - 22. Juli 1967". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad. Nordisk Numismatisk Union. Páxinas 145-147.
- Schiering, W. (1988). "Anhang". En Lullies, R.; Schiering, W. (eds.) Archäologenbildnisse. Porträts und Kurzbiographien von Klassischen Archäologen deutscher Sprache. Zabern, Maguncia. Páxina 333. ISBN 3-8053-0971-6
- Westermark, U. (1967). "Willy Schwabacher. Bibliographie 1925-1967". En Schweizerische Numismatische Rundschau 46. Páxinas 5-24.
- Westermark, U. (1973). "Willy Schwabacher. Bibliographie 1968-1973". En Schweizerische Numismatische Rundschau 52. Páxinas 162-166.