Saltar ao contido

Coremain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coremain S.A.

Sede de Coremain en Santiago de Compostela.
TipoSociedade Anónima
Fundación1991
LocalizaciónParque Empresarial Costa Vella, Rúa de Amio, 128 Santiago de Compostela 15707 A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveManuel Alonso Fernández (Director xeral)[1]
IndustriaTecnoloxías da Información
Número de empregados430[1]
editar datos en Wikidata ]

Coremain é unha empresa especializada en consultoría de Tecnoloxías da Información, enxeñería de software, despregamento de infraestruturas e servizos de outsourcing. Con máis de 25 anos de experiencia, está especializada en Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas á sanidade, administracións públicas, industria e telecomunicacións.[1]

Ten oficinas en Santiago de Compostela (sede central), Pontevedra e Madrid, e conta na actualidade con arredor de 430 empregados.[1]

A empresa presta servizos informáticos a empresas e administracións públicas como: o Sergas, a Xunta de Galicia, o Parlamento galego, a Universidade de Santiago, a Deputación da Coruña, Inditex, R, Comunitel, Citroën ou o Grupo Correo Gallego.

En xullo de 2006 inaugurou a súa nova sede en Compostela. Un edificio intelixente de 4.100 metros cadrados con catro plantas e un custo de catro millóns e medio de euros[2].

En setembro de 2010 foi penalizada pola Xunta por incumprir os prazos para a entrega de 15.000 ordenadores do proxecto Abalar.[3]

En agosto de 2012 presentou un ERE para o despido de 27 traballadores e a rebaixa do soldo no resto do cadro de persoal.[4]

En 2015 prodúcese un cambio de accionariado cun novo plan estratéxico e renovado.[1]

Facturación

[editar | editar a fonte]

Fonte: Coremain[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]