Saltar ao contido

Convento das Orfas de Santiago de Compostela

Convento das Orfas de Santiago de Compostela
Exterior do edificio
PaísEspaña
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′41″N 8°32′36″O / 42.878055555556, -8.5433333333333
Culto
CultoIgrexa católica
editar datos en Wikidata ]
Plano do conxunto.

O convento das Orfas de Santiago de Compostela é un conxunto de construcións relixiosas de estilo barroco situadas en Santiago de Compostela.

Interior da igrexa

O conxunto localízase no número 5 da rúa das Orfas, na parte oriental da cidade vella, e está formado polas dependencias monásticas, a igrexa e un colexio. Foi construído a comezos do século XVII para dar aloxamento e educación ás nenas desamparadas da cidade. O seu impulsor foi o arcebispo San Clemente, e posteriormente foi modificada por Domingo de Andrade e Fernando de Casas Novoa.

A igrexa foi construída posteriormente, dende o ano 1666. O seu arquitecto foi Melchor de Velasco quen faleceu en 1669 antes de vela rematada, pois foi consagrada en 1671. No seu interior alberga un altar maior de estilo rococó, feito por Francisco de Lens, no que destaca unha imaxe da Inmaculada Concepción obra de Xosé Gambino, localizada entre San Xosé e Santiago, feita en 1756.

Acolle o Colexio Nosa Señora dos Remedios, que segue a ser coñecido popularmente como "As Orfas". A igrexa está aberta ao público e nela ofícianse misas do culto cristián diariamente.

[1]

  1. "Ficha en www.santiagodecompostela.com". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2006. Consultado o 03 de outubro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]