Lista de accidentes aéreos
Aparencia
Esta é unha listaxe dos accidentes de aviación máis importantes da historia. Só o do voo 118 de Aviaco, producido o 13 de agosto de 1973 no aeroporto de Alvedro, tivo lugar en Galicia e produciu vítimas. Ademais, o accidente de Peinador de 1994 tamén está recollido na lista aínda sen producírense vítimas.
Na listaxe inclúense tamén atentados terroristas producidos contra avións.
Data | Voo | Lugar | Mortos | Peculiaridade |
---|---|---|---|---|
7 de abril de 1922 | Dúas aeronaves baten en voo | Sobre Picardía (Francia) | 7 | A primeira colisión de dous avións no aire. |
5 de outubro de 1930 | Accidente do voo R101 | París | 48 | |
10 de outubro de 1933 | Un boeing estoura pola acción dunha bomba | Chesterton, Indiana (EUA) | 8 | O primeiro atentado contra un avión |
6 de maio de 1937 | O cepelín Hindenburg arde cando tenta aterrar | Nova Jersey | 36 | O maior dos accidentes dun cepelín |
1 de xuño de 1943 | A Luftwaffe derruba un Douglas DC-3 comercial británico | Golfo de Biscaia | 22 | No ataque falece o actor Leslie Howard |
12 de agosto de 1947 | O británico Star Dust desaparece e emite un estraño código STENDEC | Andes | 13 | O avión non foi localizado ata o ano 2000 |
24 de outubro de 1947 | O voo 608 da United Airlines incéndiase no aire | Aeroporto Bryce Canyon (Utah) | 52 | |
17 de xullo de 1948 | secuestro do Miss Macao entre Hong-Kong e Macau, para roubar | Río das Perlas (China) | 25 | O primeiro secuestro aéreo; o accidente produciuse logo dos ladróns asaltaren o piloto |
20 de outubro de 1940 | Accidente do Constellation neerlandés | Prestwick (Escocia) | 40 | |
4 de maio de 1949 | Accidente de Superga | Turín | 31 | Entre os falecidos, 18 xogadores do Torino FC |
1 de novembro de 1949 | Accidente no aire entre o voo 537 da Eastern Air Lines e un pequeno lockheed | Aeroporto de Washington | 54 | |
24 de xuño de 1950 | O voo 2501 da Northwest Orient Airlines desaparece no aire | lago Michigan | 58 | |
27 de xullo de 1955 | Ataque ao voo 402 de El Al | Bulgaria | 58 | O avión israelí procedente de Viena invadiu o espazo aéreo búlgaro e foi derrubado por dous cazas. |
6 de outubro de 1955 | O voo 409 da United Airlines esnáfrase contra unhas montañas | Centennial, Wyoming | 66 | |
30 de xuño de 1956 | Choque do Gran Canón entre un voo da United Airlines e outro da TWA | Gran Canón | O primeiro accidente con máis de 100 vítimas | |
6 de febreiro de 1958 | O accidente de Múnic, na engalaxe dun pequeno ambassador | Aeroporto de Múnic-Riem | 24 | Entre os falecidos estaban oito xogadores do Manchester United |
14 de agosto de 1958 | O accidente de Shannon dun lockheed da KLM | Aeroporto de Shannon (Irlanda) | 99 | Entre os falecidos, seis integrantes do equipo exipcio de esgrima |
16 de decembro de 1960 | O choque de Nova York entre un voo da United Airlines e outro da TWA | Illa Staten (Nova York) | 134 | |
15 de febreiro de 1961 | O voo 548 de Sabena, un boeing 707, esnáfrase ao aterrar | Bruxelas | 73 | Falece o equipo estadounidense de patinaxe artística |
4 de marzo de 1962 | O voo 153 de Caledonian Airways, un DC-7, esnáfrase na selva | Douala, Camerún | 111 | |
16 de marzo de 1962 | O voo 739 de Flying Tiger desaparece no océano Pacífico | océano Pacífico | 101 | O avión transportaba 96 soldados estadounidenses cara a Vietnam |
3 de xuño de 1962 | O voo Château de Sully esnáfrase ao engalar en París | Aeroporto de Orly | 130 | |
29 de novembro de 1963 | O voo 831 de Trans-Canada esnáfrase logo de engalar | Aeroporto de Montreal | 118 | |
20 de maio de 1965 | O voo 705 de Pakistan International esnáfrase ao achegarse ao Cairo | O Cairo | 119 | |
4 de febreiro de 1966 | O voo 60 de All Nippon Airways esnáfrase vindo de Sapporo | Baía de Toquio | 133 | |
5 de marzo de 1966 | No accidente do Monte Fuji esnáfrase un boeing da British Overseas | Monte Fuji | 124 | |
15 de febreiro de 1970 | O accidente do DC-9 da Dominicana prodúcese polo emprego de combustíbel fraudulento | Aeroporto Internacional das Américas (Santo Domingo) | 102 | |
5 de xullo de 1970 | O voo 621 de Air Canada estoura despois dun intento de aterraxe | Aeroporto de Toronto | 109 | |
9 de agosto de 1970 | O voo 502 de LANSA esnáfrase despois de engalar | Cuzco | 101 | |
14 de novembro de 1970 | O accidente de Huntington sófreo un DC-9 da Southern Airways | Aeroporto Tri-State Huntington, (Virxinia Occidental) | 75 | Falece o equipo enteiro de fútbol americano da Universidade de Marshall |
30 de xullo de 1971 | O voo 58 da All Nippon choca un caza de combate xaponés | Shizukuishi | 162 | O piloto do caza saltou en paracaídas pouco antes do impacto e foi arrestado. |
24 de decembro de 1971 | O voo 508 da LANSA fendeu no aire e caeu sobre a selva | Selva amazónica do Perú | 91 | Sobreviviu unha soa rapaza, que conseguiu camiñar pola selva durante dez días ata que a atoparon. |
18 de xuño de 1972 | O accidente de Staines do voo 548 da British European | Staines (Reino Unido) | 118 | Produciuse logo de varios estois consecutivos, por erro do piloto. |
13 de outubro de 1972 | O accidente dos Andes afectou un avión da forza aérea uruguaia | Andes | 29 | Sobre a peripecia dos 16 sobreviventes rodouse o filme Viven: o milagre dos Andes. |
29 de decembro de 1972 | O voo 401 de Eastern Air Lines despistouse cunhas luces e esnafrouse nos Everglades | Florida | 103 | 73 sobreviventes. |
21 de febreiro de 1973 | O voo 114 de Libyan Arab Air Lines foi derrubado por cazas israelís ao invadir espazo aéreo | Península do Sinaí | 108 | |
11 de xullo de 1973 | O voo 820 de Varig incendiouse en voo | París | 123 | |
13 de agosto de 1973 | O voo 118 de Aviaco accidentouse en Montrove cando ía de Madrid á Coruña | A Coruña | 85 | O único accidente de importancia sucedido en Galicia. A causa foi a brétema |
17 de decembro de 1973 | O ataque contra o avión da Pan Am por terroristas palestinos | Roma | 33 | O ataque produciuse contra o avión cando se acababa de embarcar. Despois os terroristas secuestraron un boeing da Lufthansa e fuxiron a Atenas |
3 de marzo de 1974 | O accidente de Ermenonville no voo 981 da Turkish Airlines | Senlis (Francia | 346 | |
8 de setembro de 1974 | O atentado contra o voo 841 da TWA derrubou este avión | Mar Xónico | 88 | A bomba estaba situada na zona de carga |
24 de xuño de 1975 | O voo 66 da Eastern Air Lines esnafrouse ao tentar aterrar | Aeroporto John Fitzgerald Kennedy | 112 | |
15 de agosto de 1976 | O pequeno Vickers Viscount (voo 232 da SAETA) desaparece en voo | Monte Chimborazo, Ecuador | 59 | Os restos non foron atopados ata 2002 |
10 de setembro de 1976 | No accidente de Zagreb bateron un avión da British Airways e outro da Inex-Adria | Zagreb | 176 | |
6 de outubro de 1976 | O atentado das Barbados derrubou en voo un avión da Cubana de Aviación | Aeroporto John Fitzgerald Kennedy | 73 | O atentado cometérono terroristas anticastristas |
27 de marzo de 1977 | No accidente de Los Rodeos bateron un avión da KLM e outro da Pan Am | Aeroporto de Los Rodeos (Tenerife) | 583 | O maior número de vítimas dun accidente aéreo |
19 de novembro de 1977 | O voo 425 de TAP Portugal saíuse de pista en Madeira | Madeira | 131 | |
4 de decembro de 1977 | O voo 653 das Malaysia Airlines foi secuestrado e logo accidentouse | Tanjung Kupang, Malaísia | 100 | |
1 de xaneiro de 1978 | O voo 855 de Air India caeu ao mar | Mar de Arabia | 213 | Erro técnico e humano |
26 de xuño de 1978 | O voo 189 de Air Canada esnafrouse na engalaxe | Toronto | 107 | Problema nos pneumáticos |
25 de setembro de 1978 | O voo 182 da PSA bateu en voo cun Cessna | San Diego (California) | 135 | |
15 de novembro de 1978 | O voo LL 001 da Loftleidir esnafrouse nunha plantación de cocos | Katunayake (Sri Lanka) | 184 | Ía facer unha aterraxe para recargar combustíbel |
25 de maio de 1979 | O voo 191 de American Airlines esnafrouse na engalaxe | Aeroporto de O'Hare (Chicago) | 271 | |
26 de novembro de 1979 | O voo 740 da Pakistan International Airlines incendiouse en voo | Jeddah, Arabia Saudita | 156 | |
28 de novembro de 1979 | O accidente do monte Erebus afectou un DC-10 de Air New Zealand | Monte Erebus (Antártida) | 257 | O avión golpeou contra o monte mentres facía un voo turístico |
19 de agosto de 1980 | O accidente de Riad produciuse logo do incendio do voo 163 da Saudi Arabian | Riad | 301 | Logo do incendio, o avión aterrou, pero non foi desaloxado a tempo. |
22 de agosto de 1981 | O voo 103 da Far Eastern Air Transport desintegrouse no aire | Taipei | 110 | |
1 de decembro de 1981 | O accidente de monte San Pietro produciuse ao bater un avión de Inex-Adria contra este monte | Ajaccio, Córsega | 180 | |
8 de xuño de 1982 | O voo 168 da VASP esnafrouse ao achegarse ao destino | Fortaleza, Brasil | 137 | |
9 de xullo de 1982 | O voo 759 da Pan Am esnafrouse xusto despois da engalaxe | Kenner, Louisiana | 145 | |
1 de setembro de 1983 | No incidente das Sakhalin o exército soviético derrubou un avión comercial coreano | Illa Sakhalin | 269 | Baixo a acusación de invadir espazo aéreo soviético |
23 de setembro de 1983 | O atentado da Gulf Air provoucouno unha bomba dos terroristas de Abú Nidal | Mina Jebel Ali, EAU | 117 | Estourou en pleno voo |
27 de novembro de 1983 | O voo 11 de Avianca bateu cun outeiro ao tentar aterrar | Mejorada del Campo | 181 | Erro de navegación ao facer unha parada técnica en Barajas |
19 de febreiro de 1985 | O accidente de Sondika produciuse ao achegarse un voo de Iberia ao aeroporto | Bilbao | 148 | Na brétema, bateu cun repetidor de televisión, estourou e esnafrouse contra un monte |
23 de xuño de 1985 | O atentado de Air india foi provocado por unha bomba de terroristas sikhs | Mar de Irlanda | 329 | |
2 de agosto de 1985 | O voo 191 de Delta Air Lines esnafrouse ao achegarse ao aeroporto | Aeroporto de Dallas | 134 | As causas atribuíronselle a unha treboada |
12 de agosto de 1985 | O accidente do monte Osutaka tivo como vítima un boeing 747 de Japan Air Lines | Monte Osutaka, Xapón | 520 | O peor accidente da historia cun único avión implicado. |
31 de marzo de 1986 | O voo 940 de Mexicana caeu a terra | Maravatío, México | 167 | |
9 de maio de 1987 | O voo 5055 de LOT tentaba aterrar logo de sufrir problemas técnicos | Varsovia | 183 | |
16 de agosto de 1987 | O voo 255 de Northwest Airlines esnafrouse por un erro na engalaxe | Detroit | 155 | Sobreviviu unha nena de catro anos |
28 de novembro de 1987 | O voo 295 da South African Airways esnafrouse logo dun incendio no maleteiro | Océano Índico | 159 | |
29 de novembro de 1987 | O atentado da Korean Air derrubou un boeing 707 cunha bomba | Mar de Andaman | 115 | |
17 de marzo de 1988 | O voo 410 de Avianca esnafrouse logo da engalaxe por un erro humano | Cúcuta, Colombia | 142 | |
3 de xullo de 1988 | O ataque á Iran Air derrubou un airbus A300 cun mísil estadounidense | Dubai | 290 | |
19 de outubro de 1988 | O voo 113 da Indian Airlines errou na aterraxe por 8 km. | Ahemadabad, India | 130 | |
21 de decembro de 1988 | O atentado de Lockerbie desintegrou un boeing 747 da Pan Am | Lockerbie, Escocia | 270 | Do atentado foron acusados e xulgados culpables terroristas libios |
8 de febreiro de 1989 | O voo 1851 da Independent Air esnafrouse contra un monte ao achegarse ao aeroporto | Santa María, Azores | 144 | Do atentado foron acusados e xulgados culpables terroristas libios |
7 de xuño de 1989 | O voo 764 de Surinam Airways estrelouse nas proximidades do Aeroporto Internacional Johan Adolf Pengel | Paramaribo, Suriname | 176 | A causa foi un erro da tripulación. |
19 de xullo de 1989 | O voo 232 da United Airlines esnafrouse logo de sufrir problemas técnicos | Sioux City, Iowa | 111 | Do atentado foron acusados e xulgados culpables terroristas libios |
19 de setembro de 1989 | O atentado á UTA desintegrou un DC-10 da UTA | Deserto do Sáhara | 170 | As pescudas sobre a autoría levaron ata un cuñado de Muammar Gaddafi |
27 de novembro de 1989 | O atentado a Avianca fixo estourar un boeing 727 desta compañía | Colombia | 107 | O atentado foi reivindicado polo cártel de Medellín |
26 de maio de 1991 | O voo 004 da Lauda Air desintegrouse no medio do aire | Uthai Thani, Tailandia | 223 | O accidente produciuse por problemas técnicos |
11 de xullo de 1991 | O voo 2120 de Nigeria Airways incendiou cando levaba peregrinos á Meca | Jeddah, Arabia Saudita | 261 | O lume comezou nos pneumáticos |
31 de xullo de 1992 | O voo 311 da Thai Airways esnafrouse cando tenta aterrar no Nepal | Catmandú, Nepal | 111 | |
28 de setembro de 1992 | O voo 268 da Pakistan International Airlines esnafrouse tamén no Nepal | Catmandú, Nepal | 167 | |
19 de maio de 1993 | O voo 505 da SAM Colombia esnafrouse cando aterraba en Medellín | Monte Páramo de Frontino, Colombia | 132 | Sumáronse erros humanos, técnicos e a sabotaxe de elementos de navegación por parte de terroristas. |
21-23 de setembro de 1993 | Os ataques de Tbilisi derrubaron tres avións xeorxianos que saían e entraban do sitio da cidade | Tbilisi, Xeorxia | 134 | O ataque máis grave foi o día 22, cando derrubaron un Tupolev que saía con 132 persoas a bordo, das que faleceron 106 |
21 de marzo de 1994 | O accidente de Peinador produciuse ao aterrar un DC-9 antes de tocar a pista. | Aeroporto de Peinador | 0 | O segundo accidente máis importante da historia de Galicia |
26 de abril de 1994 | O voo 140 de China Airlines esnafrouse ao aterrar no Xapón | Nagoia, Xapón | 264 | Debeuse a un erro humano |
8 de setembro de 1994 | O voo 427 de USAir esnafrouse ao aterrar | Pittsburgh, Pensilvania | 133 | |
18 de decembro de 1995 | O accidente de Jamba produciuse despois da engalaxe | Jamba, Angola | 141 | O avión ía sobrecargado |
20 de decembro de 1995 | O voo 965 da American Airlines esnafrouse contra un monte ao achegarse para destino | Santiago de Cali, Colombia | 160 | Sobreviviron catro persoas e un can |
8 de xaneiro de 1996 | O accidente do mercado de Kinshasa produciuse ao caer un Antonov sobre unha feira | Kinshasa RD Congo | 297 | O avión ía sobrecargado |
6 de febreiro de 1996 | O voo 301 da Birgenair caeu ao mar Caribe | San Felipe de Puerto Plata, República Dominicana | 189 | |
29 de febreiro de 1996 | O voo 255 da Faucett esnafrouse contra un monte ao achegarse a aterrar | Arequipa, Perú | 123 | |
11 de maio de 1996 | O voo 592 de Valujet caeu sobre os Everglades | Florida | 110 | Produciuse un incendio na carga. |
17 de xuño de 1996 | O voo 800 da TWA estourou en pleno voo na costa de Nova York | East Moriches, Estados Unidos | 230 | |
8 de xaneiro de 1996 | O voo 2801 da Vnukovo Airlines esnafrouse contra un monte | Spitsbergen Noruega | 141 | |
12 de novembro de 1996 | No choque de Charkhi Dadri bateron un avión saudita e outro casaco | Charkhi Dadri, India | 349 | |
23 de novembro de 1996 | O voo 961 da Ethiopian Airlines foi secuestrado sobre Kenya e logo caeu ao mar | Moroni, Comores | 123 | O piloto tentou unha amaraxe de emerxencia ao voar sen combustíbel |
23 de novembro de 1996 | O voo 961 da Ethiopian Airlines foi secuestrado sobre Kenya e logo caeu ao mar | Moroni, Comores | 123 | O piloto tentou unha amaraxe de emerxencia ao voar sen combustíbel |
6 de agosto de 1997 | O voo 801 de Korean Air esnafrouse cando tentaba aterrar | Hagåtña, Guam | 228 | Tentaba aterrar durante unha forte choiva |
26 de setembro de 1997 | O voo 152 da Garuda Indonesia bateu contra un monte | Buah Nabar, Indonesia | 234 | |
19 de decembro de 1997 | O voo 185 da SilkAir caeu de súpeto nun río | Palembang, Indonesia | 102 | |
2 de febreiro de 1998 | O voo 387 da Cebu Pacific espetouse contra un monte | Pagalungan, Filipinas | 104 | O avión estaba a seguir unha ruta estraña despois dunha parada imprevista para deixar en terra dous mecánicos |
16 de febreiro de 1998 | O voo 676 da China Airlines caeu sobre unha urbanización ao aterrar | Taipei, Taiwán | 202 | |
2 de setembro de 1998 | O voo 111 de Swissair caeu ao mar | Halifax, Canadá | 229 | |
11 de decembro de 1998 | O voo 261 de Thai Airways esnafrouse en malas condicións climatolóxicas | Surat Thani, Tailandia | 102 | |
31 de outubro de 1999 | O voo 990 de EgyptAir caeu ao mar ao pouco de engalar | Nantucket, Massachusetts | 217 | |
30 de xaneiro de 2000 | O voo 431 de Kenya Airways caeu ao mar ao pouco de engalar | Abixán, Costa do Marfil | 159 | |
19 de abril de 2000 | O voo 541 de Air Philippines esnafrouse contra un palmeiral cando quería aterrar | Davao del Norte, Filipinas | 131 | |
25 de xullo de 2000 | O accidente do Concorde produciuse logo dun incendio cando o avión tentaba engalar | París | 109 | O modelo foi retirado de servizo despois deste accidente |
23 de agosto de 2000 | O voo 072 da Gulf Air caeu ao mar cando tentaba aterrar | Manama, Bahrain | 151 | |
11 de setembro de 2001 | Os ataques do 11 de setembro esnafran dous avións contra as Torres Xemelgas de Nova York, un contra o Pentágono e un cuarto nun campo | Estados Unidos | ± 3000 | O número de vítimas mortais totais, incluída a xente que traballaba nas Torres e os bombeiros, é imposible de precisar, pero entre os catro avións 265 persoas. |
8 de outubro de 2001 | No choque de Milán bateron un avión da SAS e un pequeno cessna contra un edifico de xestión de equipaxes | Milán, Italia | 118 | |
12 de novembro de 2001 | O accidente de Queens sucedeu ao caer un Airbus A300 sobre este barrio de Nova York | Queens, Nova York | 256 | |
15 de abril de 2002 | O voo 129 de Air China esnafrouse contra un monte cando tentaba aterrar | Busán, Corea do Sur | 128 | |
7 de maio de 2002 | O voo 6136 de China Northern Airlines esnafrouse logo dun incendio | Dalian, China | 112 | Un pasaxeiro plantoulle lume ao avión en voo con gasolina |
25 de maio de 2002 | O voo 611 de China Airlines desintegrouse debido á fatiga de materiais | Queens, Nova York | 225 | |
6 de marzo de 2003 | O voo 6289 de Air Algerie saíuse de pista na engalaxe | Tamanrasset, Alxeria | 102 | |
25 de decembro de 2003 | O accidente de Cotonou levou un boeing 727 saírse de pista logo da aterraxe e foi para o mar | Cotonou, Benín | 151 | |
3 de xaneiro de 2004 | O voo 604 de Flash Airlines caeu ao Mar Vermello | Mar Vermello | 148 | |
24 de agosto de 2004 | Os atentados aos tupolev fixeron estoupar dúas destas aeronaves rusas en voo | Rostov Oblast e Tula Oblast, Rusia | 89 | |
3 de febreiro de 2005 | O voo 904 da Kam Air esnáfrase durante unha treboada de neve | Afganistán | 104 | |
14 de agosto de 2005 | O voo 522 da Helios Airways esnáfrase en voo | Grammatico, Grecia | 121 | |
16 de agosto de 2005 | O voo 708 da West Caribbean Airways esnáfrase en voo | Venezuela | 160 | |
5 de setembro de 2005 | O voo 091 da Mandala Airlines esnáfrase ao aterrar | Medan, Indonesia | 155 | |
22 de outubro de 2005 | O voo 210 da Bellview Airlines esnáfrase ao aterrar | Nixeria | 117 | |
10 de decembro de 2005 | O voo 1145 de Sosoliso Airlines esnáfrase ao aterrar | Port Harcourt, Nixeria | 110 | |
3 de maio de 2006 | O voo 967 da Armavia cae ao Mar Negro | Sochi, Rusia | 113 | |
9 de xullo de 2006 | O voo 778 da S7 Airlines esnáfrase na aterraxe contra un valado de cemento | Irkutsk, Rusia | 128 | |
22 de agosto de 2006 | O voo 612 da Pulkovo Aviation Enterprise esnáfrase na aterraxe | Donetsk, Ucraína | 170 | |
29 de setembro de 2006 | No choque do Mato Grosso baten en voo un boeing 737 e un pequeno Embraer Legacy | Mato Grosso, Brasil | 154 | Non faleceu ningún dos pasaxeiros da avioneta |
1 de xaneiro de 2007 | O voo 574 da Adam Air cae ao mar | Célebes, Indonesia | 102 | |
5 de maio de 2007 | O voo 507 de Kenya Airways esnáfrase na aterraxe | Douala, Camerún | 114 | |
17 de xullo de 2007 | O voo 3054 de TAM esvara na aterraxe e vai contra unha gasolineira | São Paulo, Brasil | 199 | |
20 de agosto de 2008 | O voo 5022 de Spanair cae cando tentaba a engalaxe | Madrid | 154 | |
4 de novembro de 2008 | A avioneta Learjet 45XR cae cando se achegaba ao aeroporto de Cidade de México | Madrid | 14, entre eles o ministro de interior mexicano, o galego Juan Camilo Mouriño. | |
15 de xaneiro de 2009 | O voo 1549 de US Airways aterra de emerxencia no río Hudson tras impactar cunha bandada de paxaros | Nova York | sobreviviron todos os ocupantes | |
1 de xuño de 2009 | O voo 447 de Air France desaparece no océano Atlántico | Océano Atlántico | 228 | |
30 de xuño de 2009 | O voo 626 de Yemenia estréllase no océano Índico | Océano Índico | 152 | |
15 de xullo de 2009 | O voo 7908 de Caspian Airlines esnáfrase 16 minutos despois de engalar | Preto de Qazvin, Irán | 168 | |
25 de xaneiro de 2010 | O voo 409 de Ethiopian Airlines estréllanse no Mediterráneo ao pouco de engalar | Mar Mediterráneo | 90 | |
12 de maio de 2010 | O voo 771 de Afriqiyah Airways esnáfrase ao aproximarse ao aeroporto. | Aeroporto de Trípoli | 103 | |
28 de xullo de 2010 | O voo 202 de Airblue esnáfrase por un erro do piloto. | Margalla Hills, Paquistán | 152 | |
24 de agosto de 2010 | O voo 8387 Henan Airlines esnáfrase nunha aproximación con brétema. | Aeroporto de Lindu, China | 44 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Aviación |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- AirDisaster.com, unha base de datos de accidentes aéreos.