Saltar ao contido

Henrique Monteagudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enrique Monteagudo»)
Modelo:BiografíaHenrique Monteagudo
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
A Insuela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Director de teseAntón Santamarina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1982–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoensaio
Participou en
11 de xuño de 2018manifesto «Anovar o pacto constitucional» Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDolores Vilavedra Editar o valor en Wikidata
Fillosdúas Editar o valor en Wikidata
PaiJosé María Monteagudo Romaní Editar o valor en Wikidata
IrmánsInés Monteagudo Romero Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: henrique.monteagudo Twitter: QuiqeMonteagudo BNE: XX1002979 AELG: 282 BUSC: monteagudo-romero-henrique-1959 Dialnet: 548064 Editar o valor en Wikidata

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado na Insuela (Esteiro, Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018[1], membro numerario e vicesecretario da Real Academia Galega.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a tradición galeguista, dirixida por Antón Santamarina[3]. Desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998. [4]

Foi un dos fundadores da revista Dorna. Expresión poética galega (1982). Forma parte do consello de redacción de Grial. Revista Galega de Cultura desde 1988, e é o seu co-director desde 2003. Tamén é membro do consello de redacción da revista científica Estudos de Lingüística Galega (ILG/USC) e mais do Boletín da Real Academia Galega, e do comité editorial das publicacións Treballs de Sociolingüística Catalana, Gragoatá e LaborHistórico. Desde xaneiro de 2019 é catedrático de universidade.[4]

O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega[5], para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino. De 2013 a 2021 foi o Secretario da RAG e desde 2021 o seu Subsecretario.

Foi membro do partido político Compromiso por Galicia.

No eido persoal é irmán da alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo Romero do PPdeG.

Publicacións destacadas

[editar | editar a fonte]

Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:

Sostendo un exemplar de As razóns do galego.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.
  • Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia).
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia).[9]
  • A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher (1992, Galaxia). Tradución con María Xesús Lama.
  • Follas novas, de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra.
  • Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia).
  • Diccionario da literatura galega. I. Autores, 1995, Galaxia.
  • Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia).
  • Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares.
  • Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
  • Galego, 2 BUP (1998, Xerais).
  • A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia).
  • Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
  • Lingua COU (1999, Xerais).
  • Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia).
  • Galicia: unha luz no Atlántico (2001, Xerais).
  • Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada.
  • A normalización lingüística a debate (2002, Xerais).
  • O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada.
  • Sobre a lingua galega: antoloxía, de Martín Sarmiento (2002, Galaxia).
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
  • Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005, ILG/Consello da Cultura Galega).
  • A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).[10]
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións).
  • De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Boullón.
  • Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega).
  • Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010, Galaxia).
  • "A invención dos Séculos Escuros" en Historia das historias de Galicia (2016, Xerais).

Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial, Verba, Coloquio/Letras (de Lisboa), Signo y Seña (de Buenos Aires), Portuguese Studies (de Cambridge), entre outras.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998.
  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000).
  • Premio da Crítica Galicia, na sección de Investigación, en 2009, pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca.
  1. Redacción (outubro-novembro-decembro 2018). "Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega". Grial LVI (220): 10. 
  2. "Henrique Monteagudo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-23. 
  3. "Ideas e debates sobre a lingua. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a tradición galeguista". Dialnet. 
  4. 4,0 4,1 "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2021-12-23. 
  5. "Henrique Monteagudo ingresará na Real Academia Galega", Xornal de Galicia, 1 de maio de 2010.
  6. "O idioma Galego baixo o franquismo". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-12-23. 
  7. Silva Valdivia, Bieito (abril, maio, xuño 2022). "A resistencia épica do galego baixo o franquismo: o reto dun legado que nos interpela". Grial LX (234): 93–94. ISSN 0017-4181. 
  8. "Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 03 de marzo de 2016. 
  9. Coordinación con Pilar Vázquez Cuesta e Fernando Dacosta.
  10. A sociedade galega e o idioma. Evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003), obra de varios autores dirixida por Henrique Monteagudo e Anxo Lorenzo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xosé Luís Axeitos
 
 Secretario da Real Academia Galega 
 
2013-2021
Sucesor:
Margarita Ledo Andión
Predecesor:
Andrés Torres Queiruga
 
 Vicesecretario da Real Academia Galega 
 
2021-
Sucesor: