Saltar ao contido

Manuel Lucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Lucas
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1917 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de setembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
24 de xuño de 1974 – 10 de marzo de 1975
← José Ramón Masaguer FernándezPablo Sanz Pedrero →
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX877847 BUSC: lucas-alvarez-manuel-1917-2014 Dialnet: 56930

Manuel Lucas Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1917[1] e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 2014,[2] foi un historiador e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras formase durante a infancia e adolescencia en centros educativos eclesiásticos, cursou Filosofía e Letras (sección Historia) na universidade compostelá entre 1942 e 1946 (en paralelo, estudou Maxisterio; en 1944 ingresou por oposición no Corpo de Maxisterio Nacional). Nese ano, 1946 graduouse con premio extraordinario. Especializouse en Paleografía e Diplomática, sempre na Universidade de Santiago de Compostela.

Postos de responsabilidade

[editar | editar a fonte]

Foi director do colexio maior "Generalísimo Franco", secretario xeral da USC (1961-1968), vicerreitor (1968-1974) e reitor (1974-1975). Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela (1955-1961) e deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), tamén presidiu a Federación de Caixas de Aforro de Galicia (1965-1980) e foi vicepresidente de Caixa Galicia.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega[3][4], do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e do Instituto de Estudios Jacobeos. Tamén formou parte do consello asesor da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Recibiu a encomenda con placa da orde civil de Afonso X o Sabio e a Medalla Castelao (2004).


Predecesor:
José Ramón Masaguer Fernández
 
Reitor da Univ. de Santiago
 
1974 - 1975
Sucesor:
Pablo Sáez Pedrero
  • El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza, 1951.
  • La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro, 1958.
  • El archivo del monasterio de San Pedro de Ramirás en la Edad Media, 1981.
  • El Tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII). 1986.
  • Santuarios marianos de Galicia: Historia, arte y tradiciones, 1995.
  • El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media, 1996.
  • El Archivo del Monasterio de San Martiño de Fóra o Pinario de Santiago de Compostela, 1999.
  • San Paio de Antealtares, Soandres y Toques: tres monasterios medievales gallegos, 2001. 72 544x376
  1. Entrada do persoeiro na Enciclopedia Galega Universal e outras fontes de prensa escrita e documentación administrativa.
  2. "Hondo pesar por la muerte del exrector Manuel Lucas Álvarez". El Correo Gallego. 1 de setembro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2014. 
  3. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 
  4. "Finou o membro correspondente Manuel Lucas Álvarez". Real Academia Galega. 3 de setembro de 2014.