Maruxa Villanueva
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1906 ![]() A Barrela, España ![]() |
Morte | 24 de novembro de 1998 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Daniel Varela Buxán ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
María Isaura Vázquez Blanco, coñecida como Maruxa Villanueva, nada na Barrela (Lousada, Carballedo) o 6 de maio de 1906 e finada en Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1998, foi unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Arxentina con 20 anos, e alí fíxose cantante e actriz, tamén colaborou nas actividades culturais dos emigrados galegos en Buenos Aires e nos actos en favor da República. Casou con Manuel Daniel Varela Buxán e con el formou a Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que estreou Os vellos non deben de namorarse. Na Arxentina trabou amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco Amor, Fernando Iglesias "Tacholas" e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
En 1949 regresou a Galicia onde montou a compañía Os Labregos, pero a censura franquista rematou coa súa actividade, e volveu a Buenos Aires en 1958. En 1962 retornou definitivamente a Galicia. En 1971 o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Agustín Sixto Seco, propúxolle atender a Casa Museo Rosalía de Castro, da que foi coidadora ata o seu pasamento, e onde viviu a partir de 1974. Dedicou o seu tempo á casa e á obra de Rosalía e converteuse en especialista no tema.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu numerosos premios e homenaxes, entre eles a Medalla Castelao da Xunta de Galicia e o Premio María Casares de teatro a título póstumo.
En 2001 o concello de Padrón creou o premio Maruxa Villanueva.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/Maruxa_Villanueva_placa.jpg/190px-Maruxa_Villanueva_placa.jpg)
Figura na galería de Personaxes ilustres do concello de Carballedo[1] no que unha rúa leva o seu nome, o mesmo ca en Padrón.
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Personaxes Ilustres". Concello de Carballedo. Consultado o 06/06/2017.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/92/Maruxa_Villanueva_1.jpg/190px-Maruxa_Villanueva_1.jpg)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maruxa Villanueva ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano (2022). "The Emancipatory Praxis of Women in Galician Emigration and Exile Theatre in Buenos Aires during the Mid-Decades of the Twentieth Century" (PDF). Humanities. 11(4): 85: 1-10.
- "Vázquez Blanco, María Isaura". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 290.
- "Vázquez Blanco, María Isaura". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Villanueva, Maruxa". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/R%C3%BAa_Maruxa_Villanueva.jpg/164px-R%C3%BAa_Maruxa_Villanueva.jpg)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na páxina web da Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro.
- Cid Galante, Rosa María (25/10/2017). "Maruxa Villanueva" Historia das nosas mulleres ourensás.
- "Maruxa Villanueva". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.