Dionisio Gamallo
Retrato en Vida Gallega, 1934. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1914 Ribadeo, España |
Morte | 16 de xaneiro de 2000 (85 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Valladolid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Polígrafo |
Membro de | |
Premios | |
| |
Dionisio Gamallo Fierros, nado en Ribadeo o 25 de agosto de 1914 e finado en Madrid o 16 de xaneiro de 2000, foi un escritor polígrafo galego en lingua castelá, neto do pintor Dionisio Fierros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e primeiras publicacións
[editar | editar a fonte]Estudou primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1936. No 1938 era Delegado local de Propaganda de FET y de las JONS en Ribadeo.[1] Posteriormente rematou Filosofía e Letras[2] en 1941 na Universidade de Valladolid. No medio, xa no 1939, foi profesor axudante de literatura no Instituto de Lugo.[3]
Colaborou despois en Ya, Arriba, Informaciones, El Español e La Estafeta Literaria, entre outras publicacións.[4]
A partir de 1945 foi profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, impulsor, profesor e primeiro director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.
Mundo académico
[editar | editar a fonte]Entre 1953 e 1955 traballou como asesor do Servizo de Información Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[5] Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de Estudios Asturianos e membro correspondente da Real Academia Española.[6]
Entre 1955 e 1960 exerce como director do novo Instituto de Ribadeo.[7]
Mantivo relación directa ou por correspondencia con diversas personalidades do mundo cultural en España e en Galicia, como con Ramón Otero Pedrayo, con quen mantivo relación dende os anos 30 ata a morte deste.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]A bibliografía de Dionisio Gamallo é moi variada, contando varios libros e máis de 2 500 artigos.[8] Destaca Albor (1942), caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La voz derrotada). No 1943, dúas monografías aínda inéditas: Una estirpe de escritores colombianos: los Caro e La aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana. No 1948, publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas" (prólogo de Dámaso Alonso). Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida y obra de Ramiro de Maeztu (1953), Menéndez Pidal en el año 1898 (1968), ¿Luz sobre la Negra Sombra? (1975), Primera etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905) (1981), ou La Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín" (1984).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Dionisio Gamallo foi recoñecido con diversos premios. Entre eles:
- Premio Anual de Literatura Pérez Lugín da Asociación de Prensa da Coruña (1943) por Galicia a través de sus poetas.
- Primeiro premio de poesía castelá nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1945) polo poema "Piedra viva".
- Premio do Certame do Centro Galego da Habana (1951) por Seda en el cardo (vida y obras de Curros Enríquez).
- Primeiro premio no Certame José Martí patrocinado pola Embaixada de Cuba e o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid (1953).
- Premio ó Xornalismo (1971) da Deputación da Coruña.
Ademais, foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en Nicaragua (1967), nomeado "Lucense do ano" en 1987 e medalla Castelao en 1998.
Dende pouco despois da súa morte e ata a súa fusión co outro IES de Ribadeo, o Instituto que dirixiu levou o seu nome. Con posterioridade á fusión, o novo centro pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ¡Arriba España! La Comarca del Eo, 15 de maio de 1938
- ↑ 2,0 2,1 Conferencia inaugural do curso 2014-2015 no IES de Ribadeo, impartida por Antonio Deaño.
- ↑ "Cronoloxía de Dionisio Gamallo". IES de Ribadeo dionisio Gamallo. Consultado o 20/09/2017.
- ↑ "Dionisio Gamallo Fierros". Galicia Dixital. Consultado o 20/09/2017.
- ↑ Membros correspondentes Real Academia Galega.
- ↑ Aparisi 2016.
- ↑ http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/Dionisio+Gamallo.pdf
- ↑ Recensión biográfica na axenda escolar do IES de ribadeo Dionisio Gamallo, curso 2014/2015
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dionisio Gamallo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Cortezón, D.: Dionisio Gamallo Fierros. Varón de Porcillán. Xunta de Galicia, 2005. Santiago de Compostela. ISBN 84-453-4065-4
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) 2. Bibliófilos Gallegos. p. 115.
- Fernández del Riego, F. (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 584. ISBN 978-84-7492-465-7.
- "Gamallo Fierros, Dionisio". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 128.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Medallas Castelao
- Nados en Ribadeo
- Nados en 1914
- Finados en 2000
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Valladolid
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Académicos correspondentes da Real Academia Española