Lista das óperas máis importantes

O renacemento da presenza da ópera no mundo da música, decote grazas ás gravacións, supuxo un considerable incremento do repertorio. Antes, os teatros ofrecían sempre os mesmos títulos, limitando a cincuenta ou como moito a cen as obras que ofrecían regularmente. Porén, actualmente non para de medrar o número de óperas redescubertas que se foron incorporando aos circuítos operísticos.
Esta lista de óperas máis importantes segue o criterio dos expertos que se mostran no apartado de bibliografía consultada e pretende mostrar todas aquelas óperas que se interpretan con frecuencia, tiveron un éxito considerable na súa estrea, ou ben pasaron á historia por algún motivo que as fixo notables. As óperas da lista cobren tódolos xéneros importantes, e inclúen tódalas óperas interpretadas regularmente, a partir do século XVII as obras de Monteverdi, Cavalli, e Purcell, ata finais do século XX as óperas de Messiaen, Berio, Glass, Adams, Birtwistle, e Weir. Os comentarios que acompañan a cada ópera ofrecen unha breve explicación de por que se considerou importante. As óperas da lista aparecen por orde cronolóxica segundo o ano da súa primeira representación, ou no caso de que se estrearan moito despois da morte do compositor, a data aproximada da composición.
1600 – 1699
[editar | editar a fonte]



Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1600 | Euridice | Jacopo Peri | É a primeira ópera conservada dentro das escritas no chamado stile rappresentativo, no que, contra as praxes da época, cantábase nunha soa voz e cun breve acompañamento orquestral.[1] |
1607 | L'Orfeo | Claudio Monteverdi | Considerada por moitos como a primeira ópera[2]. Monteverdi tiña a consciencia de que se atopaba ante un novo xénero musical e que, polo tanto, non podía rexerse polas normas de espectáculos anteriores, incluídos os de Peri.[1] |
1639 | Le nozze di Teti e di Peleo | Francesco Cavalli | É a primeira ópera de Cavalli e é considera a primeira ópera veneciana da cal se conservou a música. |
1640 | Il ritorno d'Ulisse in patria | Claudio Monteverdi | A primeira ópera de Monteverdi para Venecia, baseada na Odisea de Homero, exhibe o dominio do compositor no retrato de individuos xenuínos en oposición a estereotipados.[3] É a penúltima ópera do compositor e, aínda que hai notables diferenzas respecto das anteriores, non hai dúbidas da súa autoría.[1] |
1642 | L'incoronazione di Poppea | Claudio Monteverdi | A derradeira ópera de Monteverdi, composta para a audiencia veneciana, aínda se adoita interpretar na actualidade. O seu contexto veneciano axuda a explicar a ausencia completa do ton moralizante decotío asociado á ópera desa época.[3] |
1644 | L'Ormindo | Francesco Cavalli | Unha das primeiras óperas de Cavalli en ser representadas no século XX. A ambigüidade dalgúns personaxes, favorecida pola aparición dos castrati, só se entende tendo en conta que era da época previtoriana.[1] |
1649 | Il Giasone | Francesco Cavalli | Como tódalas óperas venecianas deste período, as escenas alusivas ao drama clásico son acompañadas por escenas cómicas con longos recitativos a cargo de nutrices, criados e outros personaxes de tipo humorístico.[1] |
1649 | L'Orontea | Antonio Cesti | O que a fai especialmente notable é o seu Prólogo, no que o Amor e a Filosofía discuten de xeito agudo e divertido. Foi a primeira ópera italiana representada na corte austríaca.[1] |
1651 | La Calisto | Francesco Cavalli | A novena das once óperas que Cavalli escribiu con Faustini é notable pola súa sátira das divindades da mitoloxía clásica.[4] |
1662 | Ercole amante | Francesco Cavalli | Escollida para a voda de Lois XIV co fin de divulgar a ópera italiana en París.[1] |
1674 | Alceste | Jean-Baptiste Lully | Con esta ópera ábrese unha ampla tradición operística francesa considerablemente distinta da italiana pola súa inferioridade vocal.[1] |
1676 | Acis et Galatée | Jean-Baptiste Lully | Esta ópera chea de escenas fortes: de solos e fragmentos vocais corais ata a súa marabillosa música orquestral. De xeito infrecuente en Lully, os amantes morren traxicamente.[5] |
1683 | Dido and Aeneas | Henry Purcell | Decotío considerada a primeira ópera en lingua inglesa. Foi estreada na corte de Carlos II en 1683.[6] |
1692 | The Fairy-Queen | Henry Purcell | Considerada máis como unha semiópera que como unha ópera xenuína. É considerada con frecuencia como a mellor obra dramática de Purcell.[6] |
1693 | Médée | Marc-Antoine Charpentier | Charpentier escandalizou os conservadores introducindo un número para solista e coro concibido ao xeito italiano e cantado nesta lingua.[1] |
1700 – 1749
[editar | editar a fonte]




Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1708 | Il più bel nome | Antonio Caldara | Foi a primeira representación operística na Península Ibérica. |
1710 | Agrippina | Georg Friedrich Händel | É a derradeira ópera que Händel compuxo en Italia, sendo un grande éxito[7][8], que lle proporcionou unha gran reputación.[9] |
1711 | Rinaldo | Georg Friedrich Händel | A primeira ópera de Händel para o escenario de Londres era tamén a primeira ópera completamente italiana interpretada nesa cidade[9]. Os papeis masculinos que han de ser interpretados por voces femininas ou contratenores, con supresións e trocos posteriores á escena, son as dificultades para representar esta ópera actualmente. Moi notable é a aria Lascia ch'io pianga.[1] |
1718 | Il trionfo dell'onore | Alessandro Scarlatti | Primeira ópera buffa napolitana da época do nacemento do xénero que chegou completa ata os nosos días.[1] |
1724 | Giulio Cesare | Georg Friedrich Händel | É considera unha das mellores óperas de Händel e de todo o repertorio clásico, que destaca polas súas partes vocais, de gran profundidade. Foi a ópera máis difundida do compositor alemán no século XX.[1] |
1724 | Tamerlano | Georg Friedrich Händel | Contén unha brillante escena da morte de Bajazeto, que ten a particularidade de que foi escrita para tenor -papel nada frecuente nas súas óperas-, é considerada un dos mellores momentos da obra de Händel.[1] |
1725 | Rodelinda | Georg Friedrich Händel | Tivo grande éxito no seu tempo e contén o papel de tenor máis complexo da súa produción.[1] |
1725 | Pimpinone | Georg Philipp Telemann | Adoitábase cantar cos diálogos en alemán e as arias e duetos en italiano. Non se volveu representar ata os anos 60, cando comezou realmente a circular por Europa.[1] |
1727 | Orlando Furioso | Antonio Vivaldi | A versión orixinal duraba seis horas. Actualmente interprétase cunha drástica redución.[1] |
1728 | The Beggar's Opera | Johann Christoph Pepusch | Unha sátira da opera seria italiana baseada nunha obra teatral de John Gay, o formato de ballad opera de The Beggar's Opera mostrou ser popular mesmo ata a actualidade.[10] |
1731 | Acis and Galatea | Georg Friedrich Händel | Esta é a única obra de Händel para teatro que está composta sobre un libreto en inglés.[11] |
1732 | Lo frate 'nnamorato | Giovanni Battista Pergolesi | Excelente mostra do tipo de ópera buffa (comedias recargadas con multitude de personaxes) que naceu en Nápoles a principios do século XVIII.[1] |
1733 | Orlando | Georg Friedrich Händel | É descrita por Anthony Hicks como "salientable"[9] e por Orrey como unha das "mellores obras" de Händel.[11] |
1733 | La serva padrona | Giovanni Battista Pergolesi | Converteuse nun modelo para moitas das óperas buffas que a seguiron, incluíndo as de Mozart.[11] |
1733 | Hippolyte et Aricie | Jean-Philippe Rameau | A primeira ópera de Rameau provocou gran controversia no momento da súa estrea.[12] |
1735 | Ariodante | Georg Friedrich Händel | Xunto con Alcina goza dunha gran reputación da crítica[9]. Aínda así, no seu tempo non acabou de gustar, a pesar do importante esforzo na orquestración e que ofrecía formas de danza coñecidas por agradar ao público londiniense.[1] |
1735 | Alcina | Georg Friedrich Händel | Con Ariodante forman parte da primeira tempada do Covent Garden.[9] |
1735 | Les Indes galantes | Jean-Philippe Rameau | Nesta ópera Rameau engade profundidade emocional e potencia á forma tradicionalmente máis lixeira da ópera-ballet iniciada por Lully.[12] |
1737 | Castor et Pollux | Jean-Philippe Rameau | Inicialmente só tivo un éxito moderado, mais cando se volveu interpretar en 1754 foi considerada como o mellor logro de Rameau.[12] |
1738 | Serse | Georg Friedrich Händel | É unha desviación do modelo habitual de ópera seriosa, xa que contén algúns elementos da ópera buffa, moi estraño en Händel. Inclúe a aria Ombra mai fu, quizais a máis coñecida do autor.[1] |
1743 | La Mérope | Domènec Terradelles | A ópera máis coñecida de Terradelles sobre todo despois da recuperación que levou a cabo Robert Gerhard en 1936. A música é brillante, variada e dunha extrema elegancia na escritura vocal, orientada xa cara ao estilo galante.[1] |
1744 | Semele | Georg Friedrich Händel | Orixinalmente realizada como un masque, nome dado ás óperas autóctonas compostas en Inglaterra, as cualidades dramáticas de Semele levárona aos escenarios de ópera en tempos modernos.[13] |
1745 | Platée | Jean-Philippe Rameau | A ópera cómica máis famosa de Rameau. Orixinalmente unha diversión de corte, a reestrea en 1754 foi extremadamente popular entre as audiencias francesas.[12] |
1750 – 1799
[editar | editar a fonte]









Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1752 | Le devin du village | Jean-Jacques Rousseau | Representada no castelo de Fontainebleau, tivo un éxito inmenso e representouse con frecuencia durante máis de sesenta anos.[1] |
1754 | Il filosofo di campagna | Baldassare Galuppi | Ópera con libreto de Carlo Goldoni que tivo moito éxito no seu tempo.[1] |
1760 | La buona figliuola | Niccolò Piccinni | Esta obra de Piccinni foi inicialmente moi popular en toda Europa. En 1790 realizáronse máis de 70 producións da mesma representadas en tódalas cidades europeas importantes.[14] |
1761 | Il café di campagna | Baldassare Galuppi | Ópera de ambiente rural que presenta unha imaxe pintoresca da xente do campo ambiciosa de prosperar economicamente.[1] |
1762 | Orfeo ed Euridice | Christoph Willibald Gluck | A ópera máis popular de Gluck. O primeiro traballo no que o compositor tentaba reformar os excesos da ópera seria italiana[7]. É a ópera máis antiga representada asiduamente. Á parte da súa música exquisita, tamén contribuíron os poucos medios que se precisan para a súa representación.[1] |
1762 | Artaxerxes | Thomas Arne | En inglés e baseada nun texto de Metastasio, é a obra mestra de Arne. A orquestración é máis que notable e crea o ambiente axeitado nas escenas máis importantes.[1] |
1767 | Il Bellerofonte | Josef Mysliveček | Foi un grande éxito cando se estreou en Nápoles. Mysliveček foi o primeiro compositor checo en converterse nun compositor de ópera de renome internacional. |
1767 | Alceste | Christoph Willibald Gluck | A segunda ópera de "reforma" de Gluck, actualmente represéntase na revisión francesa de 1776.[7] |
1768 | Bastien und Bastienne | Wolfgang Amadeus Mozart | Singspiel nun acto baseado nunha parodia da novela de Rousseau Le devin du village[15]. Foi a primeira ópera estreada de Mozart.[1] |
1777 | Lo speziale | Joseph Haydn | Mahler reestreouna en 1899 baseada nunha reconstrución de Robert Hirschfeld, logo dun século sen ningunha ópera de Haydn en escena.[1] |
1770 | Mitridate, re di Ponto | Wolfgang Amadeus Mozart | Composta cando Mozart tiña catorce anos e escrita para un esixente elenco de cantantes nunha produción de 6 horas[15]. Un argumento falto de interese que só serve para deleitarse coas complicadas arias de grande elegancia vocal.[1] |
1772 | Lucio Silla | Wolfgang Amadeus Mozart | Esta ópera da adolescencia de Mozart non se reestreou ata 1929, logo da súa execución inicial de 25 actuacións.[15] |
1774 | Iphigénie en Aulide | Christoph Willibald Gluck | Primeira ópera que Gluck compuxo para París, chegando ao cumio da súa obra reformadora.[1] |
1775 | La finta giardiniera | Wolfgang Amadeus Mozart | Esta obra é recoñecida xeralmente como a primeira ópera buffa importante de Mozart[15]. Foi o primeiro encargo que recibiu de Múnic. A ópera comeza a reflectir a personalidade de Mozart como creador dun teatro musical especialmente refinado.[1] |
1775 | Il re pastore | Wolfgang Amadeus Mozart | A última ópera da adolescencia de Mozart, cun libreto de Pietro Metastasio.[15] |
1777 | Il mondo della luna | Joseph Haydn | Esta ópera era a última das tres que Haydn musicalizou de libretos de Carlo Goldoni.[16] |
1777 | Armide | Christoph Willibald Gluck | Gluck empregou un libreto orixinalmente entregado a Lully para esta ópera francesa.[7] |
1779 | Iphigénie en Tauride | Christoph Willibald Gluck | O derradeiro traballo de Gluck e a súa obra mestra[7]. É a ópera de Gluck máis orientada cara á reforma, por ser a máis austera, a que conta con máis arias curtas e a máis ligada ao movemento neoclásico.[1] |
1781 | Idomeneo, re di Creta | Wolfgang Amadeus Mozart | Normalmente coñecida como a primeira ópera madura de Mozart, Idomeneo foi composta logo dunha longa pausa no que respecta á produción operística[11]. Mozart comeza a darlle importancia ao coro e a recortar os recitativos.[1] |
1781 | La serva padrona | Giovanni Paisiello | Por falta de tempo, fixo a súa versión da obra de Pergolesi. A obra percorreu tódolos teatros de Europa con moito éxito.[1] |
1782 | Die Entführung aus dem Serail | Wolfgang Amadeus Mozart | É considera a primeira das obres mestras cómicas de Mozart. Actualmente represéntase con frecuencia.[11] |
1782 | Il barbiere di Siviglia | Giovanni Paisiello | A ópera cómica máis famosa de Paisiello, posteriormente eclipsada pola obra homónima de Rossini.[7] |
1784 | Armida | Joseph Haydn | Foi unha das súas óperas máis divulgadas no seu tempo. Logo practicamente desapareceu.[1] |
1784 | Richard Coeur de Lyon | André Ernest Modeste Grétry | Considerada a súa obra mestra. Comezan a notarse as influencias proto-románticas polo que pode considerarse unha das primeiras óperas de rescate.[1] |
1786 | Der Schauspieldirektor | Wolfgang Amadeus Mozart | Outro Singspiel con moitos diálogos falados tomados de obras do seu tempo, a trama de Der Schauspieldirektor presenta dúas sopranos que compiten para converterse na prima donna nunha compañía acabada de crear. Estreouse xunto á ópera de Antonio Salieri Prima la musica e poi le parole.[15] |
1786 | Le nozze di Figaro | Wolfgang Amadeus Mozart | A primeira da serie famosa de óperas de Mozart con libreto de Lorenzo Da Ponte, actualmente é a ópera máis popular de Mozart[15]. O autor converteu a obra de teatro As vodas de Fígaro de Pierre-Auguste de Beaumarchais nunha ópera buffa italiana sen ningunha relación musical con España.[1] |
1786 | Una cosa rara | Vicent Martín i Soler | O éxito da obra supuxo un fito na vida musical vienesa[1], ata o punto de que o mesmo Mozart incluíu unha mención en Don Giovanni. |
1786 | Nina | Giovanni Paisiello | A importancia histórica desta ópera recae en ser a primeira en introducir unha escena de loucura que se foi impoñendo no Romanticismo.[1] |
1786 | Doktor und Apotheker | Karl Ditters von Dittersdorf | Tivo moito éxito nos países de fala alemá, mais, ao non entrar no circuíto da lingua italiana, foise apagando.[1] |
1787 | Don Giovanni | Giuseppe Gazzaniga | Versión que Da Ponte compuxo unificando anacos dunha obra allea e que ampliou para Mozart. A versión de Gazzaniga insiste moito máis nos aspectos buffos da comedia.[1] |
1787 | Don Giovanni | Wolfgang Amadeus Mozart | A segunda con Da Ponte, Don Giovanni supuxo dende aquela un crebacabezas para escritores e filósofos sobre a súa composición[15]. Foi a única ópera de Mozart que se representou con certa regularidade no século XIX.[1] |
1788 | La molinara | Giovanni Paisiello | É unha ópera buffa simpática e con grandes momentos musicais que lle proporcionaron unha certa permanencia no tempo.[1] |
1790 | Così fan tutte | Wolfgang Amadeus Mozart | A terceira e derradeira con Da Ponte, foi pouco representada durante o século XIX, xa que se consideraba que a trama era inmoral[11]. Con menos presuposto, con menos personaxes e esixencias escénicas, é nesta ópera onde o espírito mozartiano está máis concentrado.[1] |
1791 | La clemenza di Tito | Wolfgang Amadeus Mozart | Foi moi popular en Alemaña ata 1810. Logo caeu no esquecemento e non foi rescatada ata mediados do século XX. A pesar do seu argumento imposible, está considerada unha das sete grandes óperas de Mozart.[1] |
1791 | Die Zauberflöte | Wolfgang Amadeus Mozart | Chegouse a describir como a apoteose do Singspiel. Foi denigrada durante o século XX pola súa confusión e falta de definición[11]. Non se converteu nunha ópera de culto ata a segunda metade do século XX.[1] |
1792 | Il matrimonio segreto | Domenico Cimarosa | Normalmente considerada a mellor ópera de Cimarosa[11]. Leopoldo II presenciou a estrea de tres horas e gustoulle tanto que a fixo repetir logo da cea dese mesmo día.[17] |
1794 | Le astuzie femminili | Domenico Cimarosa | Tivo un éxito inmediato e circulou por toda Europa. Logo pasou a interpretarse de xeito intermitente. Unha curiosidade é o baile ruso da derradeira escena, debida á estancia de Cimarosa nese país.[1] |
1797 | Lodoïska | Luigi Cherubini | Foi recibida con entusiasmo ao longo de 200 representacións. Foi unha das primeiras en buscar argumentos de actualidade política ou social.[1] |
1797 | Médée | Luigi Cherubini | A única ópera francesa do período da Revolución que se realiza regularmente na actualidade. É un escaparate para sopranos famosas como Maria Callas.[7] |
1798 | Le cantatrici villane | Valentino Fioravanti | Parodia teatral que foi o seu maior éxito e que circulou por toda Europa ata mediados do século seguinte. Dise que era a ópera favorita de Napoleón.[1] |
1799 | Falstaff | Antonio Salieri | Ópera buffa ao estilo italiano que é a primeira ópera baseada nunha obra de Shakespeare.[1] |
1800 – 1824
[editar | editar a fonte]



Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1805 | Fidelio | Ludwig van Beethoven | A única ópera de Beethoven está inspirada nas súas paixóns pola liberdade política.[7] |
1807 | La vestale | Gaspare Spontini | A ópera de Spontini sobre un Vestal exerceu unha grande influencia en Berlioz e é precursora da grand opéra francesa.[7] |
1810 | La cambiale di matrimonio | Gioachino Rossini | Sorprende a madurez de Rossini con tan só 18 anos nesta farsa nun acto dunha notable complexidade orquestral e que foi a súa primeira ópera representada.[1] |
1812 | La scala di seta | Gioachino Rossini | Farsa con influencias de Cimarosa[18]. A abertura foi unha das máis populares como peza de concerto.[1] |
1813 | Il signor Bruschino | Gioachino Rossini | De todas as farsas xuvenís de Rossini, esta é a máis enrevesada, trepidante e divertida.[1] |
1813 | Tancredi | Gioachino Rossini | A primeira ópera seria de Rossini, a pesar de cambios obrigados, indisposicións e outros factores que afectaron á estrea, Tancredi levou a fama do autor ata as nubes.[1] |
1813 | L'italiana in Algeri | Gioachino Rossini | Foi a súa primeira obra mestra no xénero buffo.[18] |
1813 | Tancredi | Gioachino Rossini | Este melodrama heroico foi descrito polo poeta Giuseppe Carpani así: "É cantilena e sempre cantilena: fermosa cantinela, nova cantinela, máxica cantinela, rara cantinela".[18] |
1814 | Il turco in Italia | Gioachino Rossini | Esta ópera destaca da produción de Rossini polos seus conxuntos frecuentes e a ausencia de arias[18]. O éxito moderno chegoulle a partir de que Maria Callas interpretase este papel buffo en 1950, única vez que o faría a excepción do Barbiere.[1] |
1815 | Elisabetta, regina d'Inghilterra | Gioachino Rossini | Primeira ópera en Nápoles do que xa era o compositor máis famoso do mundo. Foi moi apreciada durante unhas décadas e logo quedou esquecida ata o renacemento rossiniano dos anos 50. Foi notable por dúas innovacións: a coloratura estaba escrita na súa totalidade, sen deixala ao criterio e posibilidades da cantante, e había un recitativo strumentato totalmente escrito na partitura, en lugar do recitativo secco.[1] |
1816 | Il barbiere di Siviglia | Gioachino Rossini | É a ópera buffa máis popular de Rossini[18] e a máis representada, cunha sucesión magnífica de arias, duetos e coros. Nacida en plena época belcantista, sobreviviu a tódolos movementos posteriores. Rossini escribiu esta ópera nun tempo récord, xa que o contrato co teatro asinouse menos de dous meses antes da estrea.[1] |
1816 | Faust | Ludwig Spohr | Spohr foi o primeiro compositor europeo en tomar o tema de Fausto como base dunha ópera romántica. Logo da estrea seguiu acurtándoa ata 1852, sendo esta a versión máis difundida.[1] |
1816 | Otello | Gioachino Rossini | É a única obra rossiniana baseada nun drama de Shakespeare.[1] |
1817 | La Cenerentola | Gioachino Rossini | A pesar de que a compuxo nun período de tres semanas, considérase que contén parte da súa escritura máis fina para arias e conxuntos.[1] |
1817 | La gazza ladra | Gioachino Rossini | A ópera é coñecida especialmente pola súa abertura, na que destaca o uso de caixas. |
1818 | Mosè in Egitto | Gioachino Rossini | Esta obra foi concibida orixinalmente como un drama sacro axeitado para ser representado durante a coresma.[18] |
1819 | La donna del lago | Gioachino Rossini | Ópera exótica grazas á situación dos seus personaxes no contorno dun lago das montañas de Escocia, disposición escénica que tiña que agradar aos románticos.[1] |
1820 | Maometto II | Gioachino Rossini | Rossini introduciu algúns trocos e a obra foi estreada seis anos despois co nome de La siège de Corinthe.[1] |
1821 | Der Freischütz | Carl Maria von Weber | A obra mestra de Weber e a primeira grande ópera romántica alemá[7], especialmente pola súa identificación nacional e a súa carga emocional. O argumento foi tomado dunha lenda popular alemá e moitas das melodías foron extraídas do folclore deste país.[1] |
1823 | Semiramide | Gioachino Rossini | Esta é a última ópera que Rossini compuxo en Italia.[18] |
1823 | Euryanthe | Carl Maria von Weber | A pesar do seu débil libreto, Euryanthe tivo unha grande influencia en óperas alemás posteriores, incluíndo Lohengrin de Wagner.[7] |
1825 – 1849
[editar | editar a fonte]













Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1825 | La dame blanche | François-Adrien Boieldieu | A ópera cómica de máis éxito de Boieldieu, foi un dos moitos traballos do século XIX inspirados nas novelas de Walter Scott.[19] |
1825 | Il viaggio a Reims | Gioachino Rossini | Unha estrea de circunstancias que pasou ao esquecemento para espertar nas últimas décadas do século XX, como a meirande parte das obras de Rossini.[1] |
1826 | Le siège de Corinthe | Gioachino Rossini | Para esta obra Rossini realizou unha gran revisión do seu anterior Maometto II, situando a acción nun ambiente diferente.[18] |
1826 | Oberon | Carl Maria von Weber | Baseada na comedia O soño dunha noite de verán de William Shakespeare. Weber, enfermo dunha grave infección, aceptou este encargo do Covent Garden para asegurar a subsistencia da súa familia. O compositor morreu dous meses despois da estrea. É unha das pezas clave da ópera romántica alemá e precursora dos dramas wagnerianos. Represéntase moi pouco debido á súa dificultade escénica.[1] |
1827 | Il pirata | Vincenzo Bellini | A súa segunda produción profesional e a ópera máis longa de Bellini. Foi a primeira que lle asegurou un lugar definitivo na vida operística italiana ao conseguir unha independencia estilística respecto a Rossini como ningún outro compositor o conseguira.[1] |
1828 | Der Vampyr | Heinrich Marschner | Marschner foi un vínculo chave entre Weber e Wagner, como mostra esta ópera gótica.[20] |
1828 | Le comte Ory | Gioachino Rossini | Deliciosa ópera buffa italiana con reminiscencias francesas. É unha farsa na que Rossini demostra estar en plena forma cunha inventiva fresca e brillante. Porén, logo unicamente escribiría unha ópera máis.[1] |
1828 | La muette de Portici | Daniel Auber | Scribe, Delavigne e Auber tratan nesta ópera a liberdade dos pobos, argumento de moda en París onde se estaba a xestar a Revolución de xullo[1]. A súa estrea en Bruxelas provocou unha revolta que é considerada o disparo de saída da independencia de Bélxica. |
1829 | La straniera | Vincenzo Bellini | La straniera é un caso raro de ópera belcantista, xa que ofrece moi poucas oportunidades para a ostentación vocal.[21] |
1829 | Guillaume Tell | Gioachino Rossini | Baseada no drama homónimo de Friedrich von Schiller. A última ópera de Rossini antes da súa prematura xubilación é un conto sobre a liberdade situado nos Alpes suízos. Axudou a establecer o xénero francés da grand opéra.[7] |
1830 | Anna Bolena | Gaetano Donizetti | Foi o primeiro éxito de Donizetti na escena internacional e axudoulle en gran medida a establecer a súa reputación.[22] |
1830 | Fra Diavolo | Daniel Auber | Unha das máis populares opéras comiques do século XIX[7] baseada nun divertido e complicado libreto de Eugène Scribe. |
1830 | I Capuleti e i Montecchi | Vincenzo Bellini | Versión de Bellini de Romeo e Xulieta de Shakespeare. Só tivo un mes e medio para a súa composición, polo que tivo que empregar o recurso de despezar a súa ópera anterior Zaira.[1] |
1831 | La sonnambula | Vincenzo Bellini | Situada nunha Suíza idealizada, o texto de Scribe adaptado por Felice Romani serviulle a Bellini para facer esta ópera semiseria.[1] |
1831 | Norma | Vincenzo Bellini | A ópera máis coñecida de Bellini, paradigma das óperas románticas. A aria Casta diva do acto I é probablemente a máis famosa das de soprano. O acto final desta obra é notable pola orixinalidade da súa orquestración.[11] |
1831 | Robert le diable | Giacomo Meyerbeer | A primeira grand opéra de Meyerbeer provocou un grande impacto co seu ballet de monxas mortas.[7] |
1832 | L'elisir d'amore | Gaetano Donizetti | Esta obra foi a ópera máis frecuentemente interpretada en Italia entre 1838 e 1848[22] e en ningún momento desapareceu do repertorio. Contén a célebre aria de tenor Una furtiva laccrima. A principios do século XX foi adoptada por Enrico Caruso como título de éxito seguro e con pouco esforzo, motivo polo cal a obra duplicou o seu prestixio.[1] |
1833 | Beatrice di Tenda | Vincenzo Bellini | Traxedia notable polo uso extensivo do coro[7] que nunca tivo a aceptación do resto das súas pezas de madurez. Foi a derradeira do autor con Felice Romani como libretista.[1] |
1833 | Hans Heiling | Heinrich Marschner | Outra importante ópera gótica de terror de Marschner.[7] |
1833 | Lucrezia Borgia | Gaetano Donizetti | Unha das máis populares do repertorio de Donizetti[7], que tomaba o relevo Romani. Se non tivo o éxito de Lucia di Lammermoor é polo número pouco común de cantantes que precisa.[1] |
1834 | Maria Stuarda | Gaetano Donizetti | Foi un fracaso durante o século XIX, mais dende o seu rexurdimento en 1958 tense representado con frecuencia.[7] |
1835 | Das Liebesverbot | Richard Wagner | Unha obra temperá de Wagner baseada libremente en Mesura por mesura de Shakespeare. Máis tarde o compositor renegou dela.[7] |
1835 | I puritani | Vincenzo Bellini | Drama situado na guerra civil inglesa, é unha das súas mellores pezas[7]. Bellini e o seu novo libretista Carlo Pepoli escolleron unha historia tipicamente romántica ambientada en Escocia. As cualidades da melodía e a orquestración gustaron a toda Europa, incluíndo a Wagner.[1] |
1835 | La Juive | Jacques Fromental Halévy | Esta grand opéra rivalizou coas de Meyerbeer en popularidade. A aria de tenor Rachel, quand du Seigneur é particularmente famosa.[7] |
1835 | Lucia di Lammermoor | Gaetano Donizetti | A ópera seria máis famosa de Donizetti, notable pola escena da loucura de Lucia[7]. Donizetti, para darlle un relevo, insólito ata aquela, á figura do tenor, escribiu unha escena final con recitativo, aria e cabaletta.[1] |
1836 | Unha vida polo tsar | Mikhaïl Glinka | Glinka comezaba a establecer a tradición da ópera rusa con esta obra histórica[19]. Froito dos coñecementos adquiridos nas súas viaxes por Italia engadindo o contido nacional ruso.[1] |
1836 | Le postillon de Lonjumeau | Adolphe Adam | Como crítico musical, Adams criticou a Verdi porque destruía as voces, mentres el ofrecía aos seus intérpretes arriscados malabarismos vocais. Curiosamente ficou no repertorio dos teatros alemáns.[1] |
1836 | Les Huguenots | Giacomo Meyerbeer | Quizais a máis famosa de tódalas grands opéras francesas, amplamente considerada como a obra mestra de Meyerbeer[7]. Gozou dunha inmensa popularidade na súa época e foi representada centenares de veces nos mellores teatros de Europa.[1] |
1837 | Il giuramento | Saverio Mercadante | Esta ópera e Il bravo son os títulos que sobreviviron da extensa creación de Mercadante, mais Il giuramento é a que se achega máis ao nivel de Bellini e Donizetti. |
1837 | Le domino noir | Daniel Auber | Baseada nun libreto de Scribe, circulou por toda Europa ata principios do século XX. Nos primeiros setenta anos despois da estrea conseguiu a cifra impresionante de máis de 1.200 representacións na Opéra-Comique.[1] |
1837 | Roberto Devereux | Gaetano Donizetti | Donizetti escribiuna como distracción da dor que sentía pola morte da súa muller[7]. Practicamente esquecida, mantívose con forza dende a Donizetti Renaissance nas últimas décadas do século XX. Seguindo a moda dos inicios do Romanticismo, está ambientada en Gran Bretaña.[1] |
1837 | Zar und Zimmermann | Albert Lortzing | Ópera coa que se consagrou Lortzing. Pouco divulgada no resto de Europa, é moi popular en Alemaña.[1] |
1838 | Maria de Rudenz | Gaetano Donizetti | Aínda que fracasou no seu debut, tivo unha carreira brillante en Europa e América. Como a meirande parte das obras de Donizetti quedou esquecida a partir de 1870 para renacer con forza na segunda metade do século XX.[1] |
1838 | Poliuto | Gaetano Donizetti | Estreada dous anos máis tarde en París, con ballet como non podía ser doutro xeito, e baixo o título de Les Martyrs, as dúas versións foron interpretadas paralelamente durante un tempo, mais volveuse á versión orixinal, que foi estreada en 1838 en Nápoles.[1] |
1838 | Benvenuto Cellini | Hector Berlioz | A primeira ópera de Berlioz está chea de virtuosismos moi difíciles de interpretar[7]. Mal considerada no seu tempo, excepto contadas excepcións, non comezou a circular ata a recuperación do Covent Garden en 1966[1]. Aínda que a súa abertura non deixou de interpretarse como peza de concerto. |
1839 | Oberto, Conte di San Bonifacio | Giuseppe Verdi | A primeira ópera de Verdi é un sensacional melodrama.[7] |
1840 | La favorite | Gaetano Donizetti | Longa e complexa historia que foi un dos primeiros títulos nos que os tenores tiñan que demostrar que eran capaces de cantar o dó#4. Tamén é notable a súa abertura.[1] |
1840 | Saffo | Giovanni Pacini | A calidade da inventiva de Pacini faise notar de xeito moi especial nesta ópera. Conseguiu un grande éxito na súa estrea en Nápoles e logo en todo o mundo.[1] |
1840 | La Fille du régiment | Gaetano Donizetti | Ao instalarse en París, o característico mimetismo de Donizetti permitiulle adaptar as súas ideas italianas ao xénero cómico francés. O éxito foi inmenso e derivou en patriotismo ata o punto de representarse nos teatros o 14 de xullo durante todo o século XIX[1]. A pesar de ser unha ópera "de soprano", a célebre aria de tenor Ah, mes amis con nove dós#4, considerada o "Everest" do repertorio, mantivérona na fama. |
1842 | Der Wildschütz | Albert Lortzing | A obra mestra cómica de Lortzing pretendía demostrar que unha ópera alemá podía rivalizar coa opera buffa italiana e a opéra comique francesa.[7] |
1842 | Nabucco | Giuseppe Verdi | Verdi describiu esta ópera como o verdadeiro comezo da súa carreira artística[23]. Recibiu este encargo logo de diversos fracasos e da morte sucesiva dos seus dous fillos e a súa dona. Con esta ópera e o seu coro Va pensiero, Verdi converteuse nun símbolo do Risorgimiento italiano.[1] |
1842 | Linda di Chamounix | Gaetano Donizetti | Xunto con La sonnambula, é a única ópera semiseria que sobreviviu, co típico final feliz grazas a un feito inesperado[1]. Foi a primeira das óperas compostas por Donizetti para a corte vienesa. |
1842 | Rienzi | Richard Wagner | A contribución de Wagner á grand opéra[7]. A excepción da abertura e da conmovedora aria de tenor do último acto, tipicamente wagneriana, todo o demais foi pensar nun produto para a escena parisiense en cinco actos, ballet, números solistas destacados, marcha etc.[1] |
1842 | Ruslan e Lyudmila | Mikhaïl Glinka | Esta versión episódica dun conto de fadas de Alexander Pushkin tivo unha grande influencia nos compositores rusos posteriores.[7] |
1843 | Der fliegende Holländer | Richard Wagner | Wagner consideraba esta ópera romántica alemá como o verdadeiro comezo da súa carreira[7]. Wagner achegouse ao mundo operístico de Weber, que lle daría a pauta para orientar as súas novas producións[1]. Foi denominada con frecuencia O barco pantasma. |
1843 | Don Pasquale | Gaetano Donizetti | A obra mestra cómica de Donizetti é unha das últimas grandes opere buffe[7]. Escribiuna como unha peza de época, para contentar un público distante ás novas tendencias. É das poucas óperas de Donizetti que sempre se representaron.[1] |
1843 | I Lombardi alla prima crociata | Giuseppe Verdi | Tratando de repetir o éxito de Nabucco, agora sitúa os lombardos na primeira cruzada. É destacable o frescor da inventiva verdiana que se acentúa no notable movemento de concerto de violín e orquestra que precedeu á conversión de Oronte.[1] |
1843 | Maria di Rohan | Gaetano Donizetti | Donizetti mostra nesta ópera unha forza dramática que sen dúbida o levaría máis aló do belcantismo se non fose porque, desgraciadamente, unha enfermidade lle atacou o sistema nervioso.[1] |
1844 | Ernani | Giuseppe Verdi | O mellor traballo das primeiras obras de Verdi[7]. Obtivo un éxito que se prolongaría oitenta anos, seguido por un esquecemento e unha reaparición na década de 1970.[1] |
1845 | Tannhäuser | Richard Wagner | A obra máis "medieval" de Wagner describe o conflito entre o amor pagán e a virtude cristiá[7]. Terceira ópera escrita dende Dresden. Wagner non renunciara a triunfar en París e por esta razón a peza ten unha grandeza escénica considerable. A pesar diso, a representación parisiense -a pesar da versión ad hoc que fixo o compositor- foi un fracaso.[1] |
1846 | Attila | Giuseppe Verdi | Verdi padeceu problemas de saúde cando estaba a escribir esta ópera, que obtivo só un éxito moderado na estrea[7]. Derradeira obra en colaboración co libretista Solera co obxectivo de despertar o sentido patriótico do público.[1] |
1846 | La damnation de Faust | Hector Berlioz | A súa concepción do xénero pouco ortodoxa levou a Berlioz a realizar esta lenda dramática primeiro só en forma de concerto.[1] |
1847 | Macbeth | Giuseppe Verdi | O primeiro Shakespeare de Verdi[7]. Como tantos outros compositores románticos, Verdi admiraba a Shakespeare e chegou a compoñer tres óperas baseadas nas súas obras teatrais.[1] |
1847 | Martha | Friedrich von Flotow | Mestura de bo gusto francés, linguaxe italianizante e melodismo xermánico, coa incorporación mesmo dalgunhas pezas de folclore internacional. No seu tempo gozou de miles de representacións[1], mais actualmente só se interpreta en recitais a aria de tenor Ach, so fromm (M'apparì, en versión italiana). |
1849 | Die lustigen Weiber von Windsor | Otto Nicolai | A única ópera alemá de Nicolai foi o seu éxito máis duradeiro[7]. Baseada na comedia homónima de Shakespeare, con reminiscencias de Singspiel e temas populares, tivo un éxito inmenso no seu tempo. Representouse en moitos teatros europeos e americanos. |
1849 | Le prophète | Giacomo Meyerbeer | Unha grand opéra sobre a vida do fanático relixioso Jan van Leiden.[7] |
1849 | Luisa Miller | Giuseppe Verdi | Baseada no drama Kabale und Liebe de Friedrich Schiller. Verdi saía do esquema habitual do primeiro Romanticismo da comedia de capa e espada para abordar a realidade humana.[1] |
1850 – 1875
[editar | editar a fonte]








Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1850 | Genoveva | Robert Schumann | A única incursión no mundo da ópera de Schumann foi un fracaso relativo, e a pesar de todo a obra tivo os seus admiradores, de Franz Liszt a Nikolaus Harnoncourt.[7] |
1850 | Lohengrin | Richard Wagner | Primeira culminación do sistema do leitmotiv. Foi a súa obra máis representada por aplacar o receo que o público tradicional sentía pola música wagneriana.[1] |
1850 | Stiffelio | Giuseppe Verdi | A historia de adulterio entre dous membros dunha seita protestante americana de Verdi foi vítima da censura.[7] |
1851 | Rigoletto | Giuseppe Verdi | A primeira -e máis innovadora- das tres óperas de Verdi do período intermedio e que se ten convertido en indispensable no repertorio. Baseada na comedia Le roi s'amuse de Victor Hugo[19]. Logo dun período non de pouco éxito dende Luisa Miller, Verdi entra na madurez cun drama de paixón, engano, amor filial e vinganza cunha figura central, Rigoletto, un bufón chepudo da corte do ducado de Mantua. É moi coñecida a aria La donna è mobile.[1] |
1852 | Si j'étais roi | Adolphe Adam | Baseada en As mil e unha noites, acabou desaparecendo en Francia e non obstante sobreviviu en Alemaña, como moitas outras óperas francesas.[1] |
1852 | Faust | Ludwig Spohr | Spohr foi o primeiro compositor europeo que tomou o tema de Faust como base dunha ópera romántica. Logo da súa estrea en 1816, foi retocando a obra ata 1852, forma na que foi especialmente difundida.[1] |
1853 | Il trovatore | Giuseppe Verdi | Este melodrama romántico é unha das partituras máis melódicas de Verdi[19]. Baseada no trapalleiro drama homónimo de José García Gutiérrez, a trama, un chisco enrevesada, ten lugar durante a guerra civil catalá 1452-1462.[1] |
1853 | La traviata | Giuseppe Verdi | Baseada na narración La dame aux camélias de Alexandre Dumas fillo, marcou o cumio dos éxitos de Verdi na segunda parte da súa carreira. Poucas óperas tiveron tanta difusión como La traviata. A escena do brinde é das máis coñecidas deste xénero.[1] |
1854 | Alfonso und Estrella | Franz Schubert | Estreada vinte e seis anos despois da morte do compositor. A pesar de que ningunha das óperas de Schubert se representa de xeito regular debido especialmente ao pobre interese dos seus libretos, esta ten unha certa envergadura como tal.[1] |
1855 | Les vêpres siciliennes | Giuseppe Verdi | A ópera mostra unha clara influencia de Meyerbeer[7]. Baseada no feito histórico das Vésperas Sicilianas, a ópera mostra a súa orixe francesa, por ter sido destinada ao templo da grand opéra. Contén momentos da mellor calidade musical.[1] |
1858 | Der Barbier von Bagdad | Peter Cornelius | Unha comedia oriental escrita na tradición da ópera romántica alemá.[7] |
1858 | Orphée aux Enfers | Jacques Offenbach | A primeira opereta do mundo, esta peza cínica e satírica é aínda moi popular nos nosos días.[7] |
1858 | Les Troyens | Hector Berlioz | A ópera máis grande de Berlioz e a culminación da tradición clásica francesa[7]. Obra grandiosa e desigual, aínda que chea de momentos de gran calidade teatral, Les Troyens non comezou a contar no panorama operístico ata a versión íntegra de Colin Davis en 1969.[1] |
1859 | Faust | Charles Gounod | De tódalas postas en escena musicais da lenda de Faust, a de Gounod foi a máis popular en audiencia, especialmente na época vitoriana[24]. Actualmente o título continúa sendo popular, mais o custo da montaxe e a extensión fana moito menos frecuente nos teatros.[1] |
1859 | Un ballo in maschera | Giuseppe Verdi | Na época na que escribiu Un ballo en maschera, Verdi era suficientemente rico para non ter que traballar no resto da súa vida. Esta ópera tivo problemas cos censores porque orixinalmente trataba sobre o asasinato dun monarca (Gustavo III de Suecia), ata que o autor decidiu situala en Boston[7]. Chegaba logo do fracaso das súas dúas últimas óperas Simon Boccanegra e Aroldo.[1] |
1861 | Bánk Bán | Ferenc Erkel | A ópera contribuíu a dar forza ao drama e velaí a súa popularidade en Hungría, que no resto de Europa non tería moito sentido. Moi influenciada por Donizetti e Verdi. |
1862 | Béatrice et Bénédict | Hector Berlioz | A última ópera que Berlioz escribiu era o froito da súa admiración eterna por Shakespeare (versión de Much ado about Nothing)[7]. Non se interpreta moito na actualidade, e nunca formou parte do repertorio operístico convencional. Hai varias gravacións e a abertura converteuse nunha popular peza de concerto.[1] |
1862 | La forza del destino | Giuseppe Verdi | Esta traxedia foi encargada polo Teatro Imperial de Sant Petersburg, e Verdi puido ter estado influído pola tradición rusa na súa escritura[7]. Cun argumento extraído de Don Álvaro o la Fuerza del Sino do Duque de Rivas, forma parte do repertorio operístico habitual. Hai un gran número de gravacións discográficas e é moi representada na actualidade.[1] |
1863 | Les pêcheurs de perles | Georges Bizet | Actualmente é a segunda ópera máis interpretada de Bizet e é especialmente famosa polo seu dueto de tenor e barítono[7]. Esta ópera catapultou a carreira de Bizet, aínda que na súa estrea non foi recibida con moito entusiasmo.[5] |
1864 | La belle Hélène | Jacques Offenbach | Parodia dos clásicos gregos, Offenbach emprega tódolos elementos comúns da farsa, amais de satisfacer a demanda do século XIX polas doces melodías.[5] |
1864 | Mireille | Charles Gounod | Está baseada no poema épico Mireio de Frederic Mistral e fai uso da música popular provenzal.[7] |
1864 | L'Africaine | Giacomo Meyerbeer | A derradeira grand opéra de Meyerbeer estreouse postumamente logo de traballar nela durante 25 anos e de deixala sen finalizar de todo. Tivo un éxito considerable ata os anos 30, cando desapareceu case por completo, a excepción da súa aria de tenor Beau paradis (O paradiso, en italiano) que continúa a interpretarse en recitais. Influenciou as óperas La Gioconda e Aida.[1] |
1865 | Tristan und Isolde | Richard Wagner | Esta traxedia romántica é o traballo máis radical de Wagner e unha das pezas máis revolucionarias na historia da música[7]. Está o famoso dueto de amor no que as flutuacións da tonalidade imperante durante a extensa escena facilitaron as reflexións dos compositores posteriores sobre a necesidade ou polo menos a posibilidade de rachar co sistema tonal e abrilo a outras combinacións sonoras[1]. É un dos clímax da arte universal de tódolos tempos. |
1866 | Mignon | Ambroise Thomas | Obra lírica inspirada na novela de Goethe Wilhelm Meister, foi a ópera de máis éxito de Thomas xunto con Hamlet[7]. Se ben as súas melodías cativaron toda Europa, actualmente é case descoñecida.[1] |
1866 | Prodaná nevěsta | Bedřich Smetana | Esta comedia folclórica de Smetana é a máis representada de tódalas súas óperas[7]. A intervención dun circo no terceiro acto culmina con efectividade a simpática obra.[1] |
1867 | Don Carlos | Giuseppe Verdi | Baseada no drama homónimo de Friedrich von Schiller, esta grand opéra de Verdi é unha das súas mellores creacións[7]. A súa popularidade variou moito ao longo do tempo, desaparecendo practicamente ata os anos 50. Verdi recortouna nunha versión italiana, que é a que se adoita representar[1]. Contén a célebre aria de mezzosoprano O don fatale e a de baixo Ella giammai m'amò, ámbalas dúas no cuarto acto. |
1867 | La jolie fille de Perth | Georges Bizet | Bizet tomou a novela de Sir Walter Scott para a súa opéra comique.[7] |
1867 | Roméo et Juliette | Charles Gounod | A versión de Gounod da traxedia de Shakespeare é a súa segunda obra máis famosa[7] logo de Faust. |
1867 | Dalibor | Bedřich Smetana | Unha das óperas de máis éxito de Smetana que explora temas da historia checa[7]. Nun principio foi criticada por ser demasiado wagneriana. Moi estimada na República Checa, represéntase pouco no resto de Europa.[1] |
1867 | Die Meistersinger von Nürnberg | Richard Wagner | A única ópera cómica de Wagner, tamén é a única das súas obras de madurez que inclúe solos de instrumentos de corda. O compositor cínguese á escala diatónica[5]. Levado polo entusiasmo, converteu esta ópera na máis longa da historia do xénero (cinco horas longas)[1]. É unha clara exaltación do nacionalismo alemán. |
1868 | Hamlet | Ambroise Thomas | A ópera de Thomas tómase moitas liberdades respecto da súa fonte shakespeariana[7]. Thomas fai unha áxil adopción dunha música de sólida factura, de harmonías suxestivas e unha coloración instrumental inspirada.[1] |
1868 | La Périchole | Jacques Offenbach | Situada no Perú, esta opereta mestura comedia e sentimentalismo.[7] |
1868 | Mefistofele | Arrigo Boito | Especialmente famoso como libretista de Verdi, Boito era tamén compositor e pasou moitos anos para conseguir esta versión musical do mito de Faust[7], unha das máis fieis da obra de Goethe. Dende a súa estrea, ten ocupado un lugar relativamente fixo no repertorio internacional.[1] |
1869 | Das Rheingold | Richard Wagner | É a primeira das catro óperas que forman o ciclo Der Ring des Nibelungen. Xa antes de alzarse o pano, a música -un triplo acorde en mi maior de máis de cento trinta compases- atrapa o público nun reino místico, poboado de deuses e criaturas fantásticas.[5] |
1869 | Die Walküre | Richard Wagner | A segunda do ciclo Der Ring des Nibelungen. Nas producións da tetraloxía adoita ser a favorita, xa que contén os temas musicais máis memorables de Wagner. O máis famoso é o das extraordinarias valquirias, as guerreiras inmortais. A despedida de Wotan e a música do lume máxico final constitúen un dos momentos álxidos da historia da música.[5] |
1870 | Il Guarany | Antônio Carlos Gomes | Composta por Gomes en Italia sobre un libreto baseado na novela de José Martiniano Alencar. Percorreu toda Europa e o Brasil mais actualmente está practicamente fóra do repertorio.[1] |
1871 | Marina | Emilio Arrieta | Estreada primeiro en 1855 como zarzuela, cantárona algúns dos máis grandes tenores de tódolos tempos, especialmente Alfredo Kraus e Jaume Aragall.[1] |
1871 | Aida | Giuseppe Verdi | Encargada polo gobernador de Exipto para a inauguración da canle de Suez, Verdi inspirouse na grand opéra francesa. O seu gran dramatismo e excitante música outorgoulle un éxito inmediato e en dous anos representouse en 155 teatros diferentes en todo o mundo.[5] |
1874 | Borís Godunov | Modest Músorgski | O gran drama histórico de Mússorgski mostra a desorde de Rusia a principios do século XVII[7] mediante as súas cancións folclóricas e os seus contos ortodoxos a través dos coros e melancólicas arias.[5] |
1874 | Die Fledermaus | Johann Strauss | Probablemente a máis popular de tódalas operetas[7]. En Austria adóitase representar arredor das festas de Nadal, coa intervención de cantantes doutros xéneros como convidados. |
1874 | Dvĕ vdovy | Bedřich Smetana | Outra comedia de Smetana, a única das súas óperas cun tema non checo.[7] |
1875 | Carmen | Georges Bizet | Cun argumento extraído da novela homónima de Prosper Mérimée, é probablemente a máis famosa de tódalas óperas francesas. Os críticos da estrea estaban impresionados pola mestura que Bizet fixo do Romanticisme e o realismo[7]. Opéra-comique que nos seus inicios non tivo o éxito que foi adquirindo no século XX para converterse nunha das óperas máis representadas.[1] |
1876 – 1899
[editar | editar a fonte]










Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1876 | Siegfried | Richard Wagner | A terceira do ciclo Der Ring des Nibelungen, forma o núcleo esencial e explica a xuventude e os feitos gloriosos do heroe Siegfried[1]. Os dous primeiros actos foron compostos en 1857, o terceiro fíxoo vinte anos despois cun estilo moito máis evolucionado e presentando unha música excepcional.[5] |
1876 | Götterdämmerung | Richard Wagner | Cuarto e último traballo da Tetraloxía. Completa a historia que leva á destrución dos antigos deuses da mitoloxía xermánica, coa que se iniciará unha nova era na historia do mundo[1]. A diferenza das tres primeiras, esta utiliza o corazón. O momento máis salientable é a marcha fúnebre e o solo final de Brünnhilde[5]. Estreouse coa Tetraloxía no primeiro Festival de Bayreuth e completou o ciclo máis extraordinario que se vira ata aquela no mundo da ópera.[1] |
1876 | La Gioconda | Amilcare Ponchielli | Á parte da Aida de Verdi, esta é a única grand opéra italiana que quedou no repertorio internacional[25]. La Gioconda é importante porque sinala por onde seguirá a ópera do fin do século XIX: unha maior atención á expresividade do canto, emprego do leitmotiv wagneriano, e a creación dunha personaxe malvada[1]. É moi célebre o ballet Danza das horas. |
1877 | L'étoile | Emmanuel Chabrier | Esta obra cómica foi descrita como "un cruzamento entre Carmen e Gilbert and Sullivan, con moito tirado de Offenbach".[26] |
1877 | Samson et Dalila | Camille Saint-Saëns | Custou moito que esta ópera fose aceptada en Francia tal como pasaba con Wagner[1]. É á única ópera do compositor que forma parte do repertorio estándar francés. Algúns dos fragmentos máis coñecidos desta ópera son a aria para mezzo Mon coeur s'ouvre à ta voix do segundo acto e a Bacanal do terceiro.[1] |
1879 | Evgenii Onegin | Petr Ilich Chaikovskii | A ópera máis popular de Chaikovskii, baseada na novela de Pushkin. O compositor identificouse moito coa heroína Tatyana[7]. É a ópera máis popular de Rusia e aínda que evoca a vida campesiña burguesa da época dos tsares, a súa música é decididamente occidental.[1] |
1881 | Hérodiade | Jules Massenet | Unha ópera que fala da historia bíblica de Salomé, non obstante o traballo de Massenet foi eclipsado polo tratamento que fixo do mesmo tema Richard Strauss.[7] |
1881 | Les contes d'Hoffmann | Jacques Offenbach | O intento de Offenbach de facer un traballo máis serio seguía inacabado á súa morte[7]. Con moito éxito ao principio, as súas interpretacións foron diminuíndo ata practicamente desaparecer. Na década dos 80, co motivo do centenario da morte de Offenbach volveuse difundir[1] e é a súa ópera máis amplamente interpretada na actualidade.[7] |
1881 | Simon Boccanegra | Giuseppe Verdi | Mesmo Verdi consideraba mala a súa versión de Simon Boccanegra de 1857, e retocouna durante moito tempo coa axuda do libretista Arrigo Boito.[5] |
1882 | Parsifal | Richard Wagner | A última ópera de Wagner está considerada a súa obra máis exquisita. Medievalismo, budismo, cristianismo e filosofía únense para crear un idioma operístico sacro. A estrutura seméllase a unha escaleira que sobe ata o éxtase divino[5]. Segundo o mesmo Wagner: un festival escénico sacro[27]. Só o primeiro acto dura máis de dúas horas. |
1882 | Sneguroixka | Nikolai Rimskii-Korsakov | Unha das obras máis líricas de Rimskii-Korsakov.[7] |
1883 | Lakmé | Léo Delibes | A música viste un drama que coxea, mais se a soprano canta axeitadamente o seu difícil papel, a ópera convence[1]. É célebre o dúo das flores. |
1883 | Henri VIII | Camille Saint-Saëns | Saint-Saëns preocupouse de incluír material antigo da época. O seu éxito foi, como moito, moderado. Logo dunha longa paréntese, unha gravación do ano 1989 fíxoa revivir.[1] |
1884 | Le Villi | Giacomo Puccini | O primeiro traballo operístico de Puccini con abundancia de oportunidades para a danza.[7] |
1884 | Manon | Jules Massenet | É a súa ópera máis popular. É considerada unha opéra comique polo seu diálogo falado, mais é especialmente tráxica, ten un ritmo lixeiro e unha música con famosas arias e duetos.[5] |
1885 | Der Zigeunerbaron | Johann Strauss (fillo) | A opereta de Strauss pretendía rebaixar as tensións entre austríacos e húngaros no imperio dos Habsburgo.[7] |
1886 | Hovánščina | Modest Músorgski | A segunda grande épica de Músorgski sobre a historia rusa quedou inacabada á súa morte[7], Rimskii-Korsakov acurtouna e rematouna para a súa estrea.[1] |
1887 | Otello | Giuseppe Verdi | A primeira das obras mestras do período tardío de Verdi está baseada nun libreto infrecuentemente bo de Arrigo Boito[23], logo de dezaseis anos de silencio verdiano. Está considerada a mellor das máis de 200 óperas inspiradas en Shakespeare.[5] |
1888 | Le roi d'Ys | Édouard Lalo | Un conto popular bretón con música fortemente influenciada por Wagner.[19] |
1890 | Cavalleria rusticana | Pietro Mascagni | Xunto con Pagliacci de Leoncavallo, estreada dous anos máis tarde, percorreu de xeito triunfal non só os teatros italianos, senón tamén os europeos, e converteuse nun símbolo do novo estilo verista, contraposto ao verdiano ata aquela en vigor.[1] |
1890 | Loreley | Alfredo Catalani | Por ser un autor italiano, sorprende pola súa atmosfera romántica de ton sobrenatural e con regusto xermánico. Pouco representada actualmente, ten un indubidable atractivo.[1] |
1890 | Knyaz Igor | Aleksandr Borodín | Borodín pasou 17 anos compoñendo esta ópera e, a pesar de todo, non conseguiu rematala. É coñecida sobre todo polas súas Danzas polovtsianas.[7] |
1890 | Píkovaia dama | Petr Ilich Chaikovskii | Escrita en 44 días durante unha viaxe a Italia, converteuse na súa ópera favorita. Cunha música decididamente romántica, a acción sitúase uns corenta anos antes de Pushkin para poder introducir música de baile mozartiana.[5] |
1891 | L'amico Fritz | Pietro Mascagni | Este traballo foi pensado como o último exemplo de ópera semiseria[28]. É unha obra de plácido ambiente rural, cunha parella protagonista que ten unha certa semellanza coa de La Bohème.[1] |
1892 | Iolanta | Piotr Ilich Chaikovskii | A última ópera lírica de Chaikovskii sobre un libreto do seu irmán Modest.[7] |
1892 | La Wally | Alfredo Catalani | Dentro do realismo rural, tan en voga neses anos, o seu fragmento máis famoso é a aria de soprano Ebben?, ne andrò lontana.[1] |
1892 | Pagliacci | Ruggero Leoncavallo | Unha das máis famosas óperas veristas, normalmente interprétase xunto con Cavalleria rusticana de Mascagni[7]. A perfección da construción dramática aliada co uso moderado do leitmotiv wagneriano e sen excluír a presenza de arias; tódalas personaxes teñen polo menos unha.[1] |
1892 | Werther | Jules Massenet | Agora menos interpretada que Manon, é a mellor ópera de Massenet. Adaptada da novela de Goethe, é un piar do movemento romántico, unha historia de amor con final tráxico.[5] |
1893 | Falstaff | Giuseppe Verdi | A ópera final de Verdi baseábase noutro bo libreto de Arrigo Boito[23]. Compúxoa en segredo, xa que non estaba seguro de rematala. Foi a primeira ópera cómica de Verdi logo do fracaso de Un giorno di regno 53 anos antes, e unha parodia das de Rossini.[5] |
1893 | Hänsel und Gretel | Engelbert Humperdinck | Con influencias de Wagner e do verismo italiano, represéntase sobre todo nos países xermánicos[5]. Emprega elementos folclóricos e cancións populares de Westfalia.[1] |
1893 | Aleko | Serguéi Rakhmáninov | Por ser a primeira ópera dun aínda estudante, sen ser moi popular, permaneceu máis ou menos en activo durante todo o século XX. |
1893 | Manon Lescaut | Giacomo Puccini | O éxito desta obra establecía a reputación de Puccini como compositor de música contemporánea de primeira fila[25]. A ópera ten un estilo vinculable ao espírito verista que se estaba formando naqueles anos.[1] |
1894 | Thaïs | Jules Massenet | Tivo moito éxito no seu momento, mais perdeuno case todo. Non obstante, segue na memoria dos melómanos pola famosa Méditation para violín frecuentemente interpretada en concertos.[1] |
1895 | La Dolores | Tomás Bretón | Dentro da estética do verismo, está baseada na novela homónima de Josep Feliu i Codina.[1] |
1896 | Andrea Chénier | Umberto Giordano | Sobre un libreto de Luigi Illica, este drama verista é a ópera máis popular de Giordano[25]. Respira un ambiente netamente hostil á Revolución Francesa[1]. Son famosas o improvviso do tenor do acto I Un dì all'azzurro spazio e a aria de soprano La mamma morta do acto III. |
1896 | La Bohème | Giacomo Puccini | Baseada nas Scènes de la vie en bohème de Henri de Murger. Unha das óperas preferidas do público, a súa forza apoiase na perfecta unión entre unha historia conmovedora e unha partitura moi melódica[5]. Puccini decorou a ópera con algúns destacados leitmotivs. Os principais temas amorosos son a base do evocador cuarto acto.[1] |
1896 | Pepita Jiménez | Isaac Albéniz | Versión edulcorada que o banqueiro e mecenas Money-Coutts fixo da novela de Juan Valera. O contido musical da obra é desigual, cunha excesiva presenza de ritmos hispánicos.[1] |
1897 | Königskinder | Engelbert Humperdinck | Orixinalmente un melodrama mesturando a canción e o diálogo falado, o compositor adaptou a obra nunha ópera propiamente en 1907. |
1897 | La bohème | Ruggero Leoncavallo | Leoncavallo é máis fiel á novela de Henri de Murger, mais non resistiu a comparación coa versión de Puccini.[1] |
1897 | L'arlesiana | Francesco Cilea | Relativamente pouco divulgada, fíxose célebre o Lamento di Federico que aparece en multitude de recitais dos tenores máis famosos.[1] |
1898 | Iris | Pietro Mascagni | Esta ópera foi a porta pola que os autores veristas comezaron a fixarse no mundo oriental. Outro recurso verista tamén está presente: o teatro dentro do teatro.[1] |
1898 | Fedora | Umberto Giordano | Na estrea agradou ao público, mais non á crítica, cousa que non impediu un éxito continuo durante trinta anos. Logo apagouse, mais a finais do século XX volveuse representar.[1] |
1898 | Sadko | Nikolai Rimskii-Korsakov | A canción do comerciante viquingo desta ópera converteuse nun tema moi popular en Rusia.[29] |
1899 | Cendrillon | Jules Massenet | Esta ópera tivo un éxito inmediato no tempo da súa estrea, só en 1899 foi representada 50 veces. |
1899 | Tsarskaya nevesta | Nikolai Rimskii-Korsakov | Nesta ópera Rimskii-Korsakov fixo brillantes experimentos na instrumentación, combinando sonoridades e efectos tonais dun xeito que prepara o camiño para a aparición dun Stravinskii ou Prokofiev.[1] |
1899 | Čert a Káča | Antonín Dvořák | A ausencia dunha historia de amor fai a trama desta obra case única entre as óperas cómicas checas.[30] |
1900 – 1924
[editar | editar a fonte]








Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1900 | Louise | Gustave Charpentier | Nun intento de proporcionar un equivalente francés ao verismo italiano, Louise sitúase nun distrito de clase traballadora de París.[7] |
1900 | Tosca | Giacomo Puccini | Tosca é a máis wagneriana das óperas de Puccini co emprego frecuente do leitmotiv[25]. É a súa ópera máis famosa nun febril drama de amor, celos e morte. A partitura, guiada polo temperamento feroz de Tosca, está chea de inquietantes arias e duetos.[5] |
1900 | Skazka o Tsare Saltane | Nikolai Rimskii-Korsakov | Peza colorista que tivo éxito polo seu vestiario vistoso e luxoso nos anos 1920 e 1930. Logo sobreviviu con dificultades. Porén, a súa música non deixa de pasar por momentos que nos lembran a ópera wagneriana.[1] |
1901 | Rusalka | Antonín Dvořák | A única ópera de Dvořák que tivo audiencias internacionais, está baseada nun conto popular dinamarqués sobre unha ninfa acuática.[1] |
1902 | Adriana Lecouvreur | Francesco Cilea | Cilea combina algúns dos ideais do belcanto do pasado coas necesidades expresivas do teatro verista.[1] |
1902 | Pelléas et Mélisande | Claude Debussy | O drama simbolista de Debussy é unha das óperas máis significativas do século XX[19]. Con esta obra Debussy desembarazábase da dependencia da música alemá á cal tan insensiblemente se fora entregando nos últimos trinta anos.[1] |
1902 | Saul og David | Carl Nielsen | Esta traxedia bíblica foi a primeira das dúas óperas do compositor dinamarqués.[7] |
1903 | Tiefland | Eugen d'Albert | Baseada na comedia realista de Àngel Guimerà mais ambientada nunha España con tódolos tópicos, tivo unha carreira brillante en toda Europa. Actualmente é representada moi ocasionalmente.[1] |
1904 | Risurrezione | Franco Alfano | Baseada nunha obra de Tolstoi, foi a ópera que lle deu prestixio a Alfano e lle fixo ocupar un lugar destacado no panorama do verismo italiano; por iso foille confiada a conclusión de Turandot de Puccini.[1] |
1904 | Jenůfa | Leóš Janáček | Próxima ao verismo italiano, retrata a vida rural e inclúe bailes folclóricos e coros, mais un ambiente escuro vaise comendo a obra. Tardou 10 anos en completala.[1] |
1904 | Madama Butterfly | Giacomo Puccini | Puccini investigou a música popular e a cultura xaponesa para darlle autenticidade á obra. Porén, aínda que toma algúns motivos xaponeses, a música segue a ser italiana. El mesmo definiuna como a súa ópera máis profunda e imaxinativa.[5] |
1905 | Die lustige Witwe | Franz Lehár | Unha das operetas vienesas máis famosas[7]. É unha mestura de celebración imperial ao antigo estilo vienés e de cálida nostalxia por unha época feliz. É famoso o valse Lippen schweigen do terceiro acto.[5] |
1905 | Salomé | Richard Strauss | O libreto é a tradución literal ao alemán da obra homónima de Oscar Wilde. Ao finalizar a estrea de Salomé en Dresden, o público ovacionouna trinta e oito veces. Polo seu contido decadente evidente, as súas críticas foron variadas e tivo dificultades para a súa difusión nos primeiros tempos[1]. Actualmente é considerada unha obra mestra e quizais a primeira ópera autenticamente moderna.[5] |
1906 | Francesca da Rimini | Serguéi Rakhmáninov | A escasa entidade do relato, imaxinado a partir do canto V do Inferno da Divina Comèdia, impediu que esta pequena obra mestra teña a fama que se merece.[1] |
1906 | Maskarade | Carl Nielsen | Comedia de alto espírito de Nielsen que mira cara a atrás ao mundo de Le nozze di Figaro e que se converteu nun clásico na Dinamarca natal do compositor.[7] |
1907 | A Village Romeo and Juliet | Frederick Delius | Unha traxedia de amor infeliz ambientada en Suíza; a parte máis famosa é o seu interludio "The Walk to the Paradise Garden".[7] |
1907 | Ariane et Barbe-bleue | Paul Dukas | A única ópera que sobreviviu de Dukas, está baseada como a Pelléas de Debussy, nun drama simbolista de Maeterlinck.[19] |
1907 | Skazániye o nevídimom grade Kítezhe i deve Fevrónii | Nikolai Rimskii-Korsakov | Baseada en lendas rusas, cun argumento fantástico e folclórico, típicamente rimskiana. Converteuse nunha das óperas máis representativas do repertorio ruso.[1] |
1907 | Osud | Leóš Janáček | Unha importante obra de transición na carreira de Janáček, quen comezou a mirar máis aló dos temas tradicionais da ópera checa.[7] |
1909 | Elektra | Richard Strauss | Esta traxedia escura leva a música de Strauss ás fronteiras do atonalismo. Foi a primeira das numerosas colaboracións entre o músico e o libretista Hugo von Hofmannsthal[7]. Elektra é un papel importante que atraeu sopranos con gran talento dramático e vocal para aguantar largas notas.[5] |
1909 | Il segreto di Susanna | Ermanno Wolf-Ferrari | Un intermezzo cómico. O segredo de Susanna é que fuma[7]. Cunha coidada e luxosa instrumentación.[1] |
1909 | Zolotoy Petushok | Nikolai Rimskii-Korsakov | Decotío considerada a mellor obra de Rimskii, polo menos é a máis representada. Esta sátira sobre a incompetencia militar deulle problemas ao compositor cos censores, xa que unicamente pasaran dous anos da derrota da Rusia imperial contra o Xapón.[5] |
1910 | Don Quichotte | Jules Massenet | O último grande éxito de Massenet é unha comedia inspirada no Quixote de Cervantes.[7] |
1910 | La fanciulla del West | Giacomo Puccini | Destaca polo seu sentido teatral: é das poucas óperas do repertorio nas que o que sucede en escena atrae ao espectador case por si mesmo, facendo que a música se converta nun mero subliñado da acción. Deste xeito só conta cunha verdadeira aria no terceiro acto (Ch'ella mi creda).[1] |
1911 | Der Rosenkavalier | Richard Strauss | O traballo máis popular de Strauss e Hugo von Hofmannsthal, esta comedia está situada en Viena no século XVIII[7]. Lévanos á época de Mozart cunha sensibilidade moderna. Para cantar os papeis desta ópera débese ter algo máis que unha boa formación musical[1]. o trío vocal do final do terceiro acto está considerado un dos momentos máis exquisitos da historia da ópera.[5] |
1911 | L'heure espagnole | Maurice Ravel | A primeira ópera de Ravel é unha farsa de dormitorio ambientada en España[7]. Con música divertida e variada e un traballo escénico considerable, converte esta pequena ópera nunha verdadeira delicia.[1] |
1912 | Ariadne auf Naxos | Richard Strauss | Unha mestura de comedia e traxedia cunha ópera dentro dunha ópera[7]. Na figura de Zerbinetta comparece a primeira das grandes figuras de exhibición vocal de Strauss.[1] |
1912 | Der ferne Klang | Franz Schreker | O éxito desta obra reportoulle a Schreker reputación como compositor de ópera.[31] |
1913 | La vida breve | Manuel de Falla | Un apaixonante drama español influenciado polo verismo[7] e pola estética típica da zarzuela castiza, mais cunha técnica orquestral e unha brillantez que fixeron desta obra a ópera en español máis representada. |
1913 | L'amore dei tre re | Italo Montemezzi | É a primeira ópera do posverismo. Nesta ópera son especialmente notables os leitmotivs.[1] |
1914 | Francesca da Rimini | Riccardo Zandonai | Nesta obra, Zandonai xa abandonara a estética verista para centrarse en episodios da Italia renacentista. A linguaxe sinfónica da orquestra recibe un tratamento moi eficaz.[1] |
1914 | The Immortal Hour | Rutland Boughton | A ópera de Boughton sobre un conto celta gozou de gran popularidade en Gran Bretaña no período de entreguerras.[7] |
1914 | Solovej | Igor Stravinskii | O estilo de Stravinski cambiou radicalmente durante a composición desta ópera curta, afastándose da influencia do seu mestre Rimskii-Korsakov cara ao modernismo de Le Sacre du printemps.[7] |
1916 | Savitri | Gustav Holst | O interese de Holst no hinduísmo levouno a crear este episodio do Mahabharata.[7] |
1916 | Goyescas | Enric Granados | Con influencias do verismo italiano, é mundialmente famoso o seu intermezzo, decotío interpretado en concerto. A pesar do seu prestixio, non é un título frecuente no repertorio.[1] |
1917 | El gato montés | Manuel Penella Moreno | O seu éxito deuse en gran parte á súa visión no estranxeiro como obra exótica de España polo seu tratamento do mundo taurino. A pesar disto, desapareceu do repertorio. É moi famoso o pasodobre tocado en todo tipo de ambientes.[1] |
1917 | La rondine | Giacomo Puccini | Non tivo éxito ao principio e Puccini revisouna dúas veces[25]. Porén, non conseguiu callar en ningunha época e aínda nos nosos días é pouco representada.[1] |
1917 | Arlecchino | Ferruccio Busoni | Busoni baseouse na tradición da commedia dell'arte italiana para esta ópera nun acto.[7] |
1917 | Eine florentinische Tragödie | Alexander von Zemlinsky | A ópera "decadente" nun acto de Zemlinsky está baseada nunha pequena obra de Oscar Wilde.[7] |
1917 | Turandot | Ferruccio Busoni | Busoni conserva o ton desenfadado e burlesco da obra teatral de Carlo Gozzi, baseada no antigo conto das Mil e unha noites.[1] |
1917 | Palestrina | Hans Pfitzner | Un drama wagneriano que explora o choque entre a innovación e a tradición na música.[7] |
1918 | A Kékszakállú herceg vára | Béla Bartók | A única ópera de Bartók é un drama psicolóxico intenso e un dos seus traballos máis importantes[19]. Bartók coidou a tonalidade na que está composto cada un dos pasaxes, cunha orquestración diferente adicada a cada unha das portas.[1] |
1918 | Il Trittico | Giacomo Puccini | Triloxía composta por Il tabarro, Suor Angelica e Gianni Schicchi. Actualmente estas tres óperas dun acto non se adoitan representar xuntas. Normalmente os teatros representan dúas ou enlazan unha con outra ópera curta.[5] |
1918 | Die Frau ohne Schatten | Richard Strauss | O alto contido simbólico do complexo libreto de Hugo von Hofmannsthal fálanos da inmortalidade e a vida terreal. Aínda que algunhas ideas son un pouco vagas, a admiración por esta obra crece a medida que é escoitada.[1] |
1920 | Die tote Stadt | Erich Wolfgang Korngold | A ópera máis coñecida de Korngold, con reberetes simbolistas, moi fortemente influenciada pola obra de Strauss.[1] |
1920 | Výlety páně Broučkovy | Leóš Janáček | Unha ópera cómica fantástica ambientada na lúa e na Bohemia do século XV.[19] |
1921 | Il piccolo Marat | Pietro Mascagni | Xa cun estilo posverista, a ópera foi estreada en Roma polo tenor catalán Hipólito Lázaro, un dos poucos que tiña a potencia e a resistencia física necesarias para este papel esgotador.[1] |
1921 | Katia Kabanová | Leóš Janáček | A primeira das grandes óperas da última madurez de Janáček, baseada nunha obra de Ostrovski sobre o fanatismo relixioso e o amor prohibido na Rusia provincial.[7] |
1921 | O amor das tres laranxas | Serguei Prokófiev | Unha ópera cómica baseada nun conto de fadas de Carlo Gozzi[19]. O seu enorme elenco e ritmo rápido deixan pouco espazo ás arias, aínda que a partitura estea chea de vida e humor. A melodía máis famosa é a marcha do segundo acto.[5] |
1922 | Giulietta e Romeo | Riccardo Zandonai | Á parte do tratamento posverista, salienta a integración do cinema na narración, co percorrido a cabalo de Romeo, mentres se ve avanzar, filmada, unha estrada con árbores que van pasando.[1] |
1922 | Der Zwerg | Alexander von Zemlinsky | Outra ópera curta de Zemlinsky inspirada nunha obra de Oscar Wilde. O compositor identificouse persoalmente co anano do título.[7] |
1924 | Erwartung | Arnold Schoenberg | Un intenso melodrama atonal.[7] |
1924 | Hugh the Drover | Ralph Vaughan Williams | Unha ballad opera, moita da cal está baseada en cancións populares.[32] |
1924 | Intermezzo | Richard Strauss | Unha obra lixeira escrita en estilo opereta baseada nun incidente do matrimonio do propio compositor.[33] |
1924 | Příhody Lišky Bystroušky | Leóš Janáček | Unha das obras máis populares do compositor, a historia está baseada nuns debuxos sobre animais do campo checos[7]. Curiosa fábula cun equipo de cantantes que teñen que representar animais nunha das pezas máis coloristas e curiosas do repertorio operístico.[1] |
1925 – 1949
[editar | editar a fonte]




Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1925 | Doktor Faust | Ferruccio Busoni | Busoni pretendía que esta ópera fose o clímax da súa carreira, mais quedou inacabada á súa morte[19]. É unha obra moi complicada, difícil de montar nun teatro de ópera e con numeroso persoal e polo tanto se representou pouco. Incluíu fragmentos de obras súas diversas.[1] |
1925 | L'enfant et les sortilèges | Maurice Ravel | Concibida orixinalmente como un ballet de fadas, o argumento da ópera é o dun conto de fadas para nenos.[34] |
1925 | Wozzeck | Alban Berg | Unha das óperas chave do século XX. Baseada nunha trama sorprendentemente antiheroica, a obra de Berg mestura técnicas atonais con outras máis tradicionais[11], e deulle unha estrutura sinfónica[1]. Tardou oito anos en compoñela e a súa influencia en compositores posteriores é difícil de esaxerar.[5] |
1926 | Cardillac | Paul Hindemith | Unha ópera en estilo neoclásico de Hindemith sobre un xoieiro psicopático[7]. Hindemith revisou a partitura porque o modismo musical parecía rudo e indisciplinado[35]. Esta segunda versión apareceu en 1952. |
1926 | Háry János | Zoltán Kodály | O Singspiel de Kodály incorpora moitas cancións e danzas populares húngaras.[36] |
1926 | Król Roger | Karol Szymanowski | Unha das óperas polonesas máis importantes, está chea de harmonías orientais[7]. Szymanowski creou unha partitura exótica e impresionista, aínda que as longas esperas para rematar este proxecto provocaron que se vexan estilos diversos.[1] |
1926 | Věc Makropulos | Leóš Janáček | Janáček quixo facer un experimento musical e lingüístico para renovar o xénero, cunha actitude próxima ao expresionismo. Non tivo seguidores e Janáček morreu dous anos máis tarde sen ter insistido.[1] |
1926 | Turandot | Giacomo Puccini | A última ópera de Puccini quedou inacabada á súa morte[25]. Pode considerarse posverista polo xeito de tratar a idea do amor sen a morte dos amantes, á vez como finalidade á que se lanzan os mesmos desafiando os perigos[1]. É moi famosa a súa aria Nessun dorma. |
1927 | Œdipus rex | Igor Stravinskii | Escrita sobre un libreto en latín de Jean Cocteau, esta peza áltamente estilizada fusiona a ópera e o oratorio.[19] |
1927 | Jonny spielt auf | Ernst Krenek | Unha "jazz opera" que gozou dun tremendo éxito no seu tempo.[7] |
1928 | A ópera do tres reás | Kurt Weill | Unha adaptación moderna da ópera de Gay e Pepusch The Beggar's Opera.[37] |
1928 | Die ägyptische Helena | Richard Strauss | Esta ópera quedou nun plano inferior respecto a outras mostras do enxeño do tándem Strauss-Hoffmannstahl.[1] |
1929 | Nos | Dmitrii Shostakovich | A estraña historia curta de Nikolai Gógol proporciona o argumento a esta grotesca sátira.[7] |
1930 | Aufstieg und Fall der Stadt Mahagonny | Kurt Weill | A composición desta ópera foi problemática debido á tensión entre o compositor e o libretista, Bertolt Brecht.[37] |
1930 | Z mrtvého domu | Leóš Janáček | A derradeira ópera de Janáček inspirada pola narración da vida de Dostoievski nun campo de prisioneiros ruso.[38] |
1932 | Moses und Aron | Arnold Schönberg | Inacabada á morte de compositor, a ópera de Schönberg emprega frecuentemente técnicas serialistas[11]. Complexa dende tódolos puntos de vista, foi representada en poucas ocasións xa que require dun conxunto de profesionais de grande altura e dun coro extraordinariamente ben preparado.[1] |
1933 | Arabella | Richard Strauss | Foi a última ópera na que Strauss empregou un libreto de Hugo von Hofmannsthal[33]. Concibida como un segundo Der Rosenkavalier, ambientada nunha Viena a ritmo de valse. A estrea non tivo éxito, mais co tempo gañou popularidade.[5] |
1934 | Ledi Makbet Mtsenskogo Uyezda | Dmitrii Shostakovich | Tivo moito éxito en Rusia, ata o punto que o ditador Stalin a foi ver. Este quedou molesto pola linguaxe musical vangardista da ópera, que non se volverá representar ata 1963, revisada mesmo no título: Katerina Izmailova.[1] |
1934 | La fiamma | Ottorino Respighi | Ópera ben construída chea de historicismo, cunha linguaxe densa, aínda influenciada polo verismo e pola rica instrumentación decimonónica.[1] |
1935 | Die schweigsame Frau | Richard Strauss | Unha ópera cómica baseada nunha obra de Ben Jonson[7]. Sen a man de Hofmannsthal, esta ópera ten un punto máis cerebral que a prexudicou e impediu unha existencia teatral comparable ás demais óperas do compositor.[1] |
1935 | Porgy and Bess | George Gershwin | Inicialmente un fracaso financeiro, unha produción de 1941 que substituía os recitativos da obra por diálogo falado foi un éxito[39]. A inclusión de elementos de jazz e de espiritual negro déronlle un selo moi persoal.[1] |
1937 | Lulu | Alban Berg | A segunda ópera de Berg quedou inacabada á súa morte, sendo rematada por Friedrich Cerha foi realmente realizada en 1979[11]. Unha mestura de expresionismo e de vangardismo.[1] |
1937 | Riders to the Sea | Vaughan Williams | Frecuentemente cualificada como a mellor ópera de Vaughan Williams, esta pequena e fatalista traxedia está ambientada nas Oileáin Árann, ao oeste de Irlanda.[7] |
1938 | Daphne | Richard Strauss | Unha ópera mitolóxica con música lírica e pastoral.[7] |
1938 | Julietta | Bohuslav Martinů | Esta obra de fantasía ambientada nunha vila na que a xente perdeu a memoria é unha "obra mestra operística de Martinů".[7] |
1938 | Mathis der Maler | Paul Hindemith | A ópera máis popular de Hindemith é unha parábola sobre un artista que sobreviviu nun tempo de crise, reflectindo a propia experiencia do compositor cos nazis.[7] |
1941 | Paul Bunyan | Benjamin Britten | A primeira incursión de Britten na ópera foi unha peza lixeira sobre un heroe popular americano cun libreto de W. H. Auden.[7] |
1942 | Capriccio | Richard Strauss | Esta ópera é un exercicio intelectual que Strauss levou a cabo coa colaboración de Stefan Zweig.[1] |
1943 | Der Kaiser von Atlantis | Viktor Ullmann | Escrita no campo de concentración nazi de Theresienstadt, non se representou ata 1975. O compositor e o seu libretista morreron no campo de concentración de Auschwitz.[7] |
1945 | Peter Grimes | Benjamin Britten | Un fito na historia da ópera británica, esta obra marcaba a chegada de Britten á escena da música internacional[7]. Converteuse na primeira ópera en inglés que chegaba ao repertorio internacional dende Dido and Aeneas de Purcell.[5] |
1945 | Vojna i mir | Sergei Prokofev | Prokofev retornaba á tradición da ópera histórica rusa con este traballo épico baseado na novela A guerra e a paz de Tolstoi[7]. Pouco representada por ser a ópera que máis solistas (37) precisa de todo o repertorio.[1] |
1946 | Obrouttchenneié v' monastyrié | Serguei Prokófiev | Unha comedia romántica con música escrita ao estilo da opera buffa de Rossini.[7] |
1946 | The Medium | Gian Carlo Menotti | Considerada por moitos a mellor ópera de Menotti[40]. A obra é unha denuncia da simplicidade norteamericana en materia de supersticións e crenzas, cunha música excelentemente dosificada.[1] |
1946 | The Rape of Lucretia | Benjamin Britten | A primeira ópera de cámara de Britten.[41] |
1947 | Albert Herring | Benjamin Britten | A ópera cómica de Britten baséase en gran parte na utilización do ensemble.[41] |
1947 | Dantons Tod | Gottfried von Einem | A ópera de Einem é unha visión comprimida da obra de Georg Büchner sobre o "Reino do Terror" durante a Revolución Francesa.[7] |
1947 | Les mamelles de Tirésias | Francis Poulenc | A primeira ópera de Poulenc é unha curta comedia surrealista baseada nunha obra de Guillaume Apollinaire[7]. A música ten elementos melódicos franceses e conserva o frescor irónico do texto.[1] |
1947 | The Telephone, or L'Amour à trois | Gian Carlo Menotti | Unha opera buffa de tan só 22 minutos de duración.[40] |
1948 | El gato con botas | Xavier Montsalvatge | Con libreto de Néstor Luján, é unha adaptación do célebre conto infantil de Charles Perrault. |
1949 | Il prigioniero | Luigi Dallapiccola | Moita da música desta ópera está baseada en tres series dodecafónicas, que representan os temas da oración, a esperanza e a liberdade que dominan a ópera.[42] |
Dende 1950
[editar | editar a fonte]

Data | Título | Autor | Comentario |
---|---|---|---|
1950 | The Consul | Gian Carlo Menotti | Esta ópera contén algunhas das páxinas máis disonantes da música de Menotti.[40] |
1951 | Amahl and the Night Visitors | Gian Carlo Menotti | Esta historia de Nadal foi a primeira ópera especificamente escrita para televisión[7]. |
1951 | Billy Budd | Benjamin Britten | Considerada unha das mellores do século XX, é unha obra perfecta sobre as imperfeccións humanas. Todos os protagonistas son masculinos, incluíndo o coro[5]. |
1951 | The Pilgrim's Progress | Ralph Vaughan Williams | Sobre un libreto do propio compositor, a obra de Vaughan Williams foi inspirada pola alegoría homónima de John Bunyan.[32] |
1951 | The Rake's Progress | Igor Stravinskii | O traballo operístico máis importante de Stravinski, sobre un libreto de W. H. Auden inspirado polos gravados de William Hogarth, parece posterior a Mozart musicalmente[7]. Consta que Stravinski pediu as partituras das óperas de Mozart para impregnarse ben do seu estilo[1]. |
1952 | Boulevard Solitude | Hans Werner Henze | A primeira ópera completa de Henze é unha actualización da historia de Manon Lescaut, tamén fonte de importantes óperas de Massenet e Puccini[7]. |
1953 | Gloriana | Benjamin Britten | Composta para a coroación de Isabel II, esta ópera mira atrás á relación entre Isabel I e o Conde de Essex[7]. |
1954 | Ognenny angel | Serguei Prokofiev | Prokofiev non tivo tempo de ver o que ten sido considerado como o traballo máis vangardista do mundo operístico.[29] Unha historia intensa e simbolista sobre o ben e o mal. |
1954 | The Turn of the Screw | Benjamin Britten | Ópera de cámara baseada na historia dunha pantasma de Henry James[41]. Consiste nun tema e quince variacións baseadas na serie de doce notas propia do sistema dodecafónico[1]. |
1954 | Troilus and Cressida | William Walton | A ópera de Walton sobre a guerra de Troia foi inicialmente un fracaso[7]. |
1955 | Il cappello di paglia di Firenze | Nino Rota | Parodia da ópera buffa e o melodrama romántico. Como compositor cinematográfico, emprega con habilidade o leitmotiv para as situacións que se repiten. Únense os costumes da comedia de boulevard francés cos recursos da ópera buffa italiana[1]. |
1955 | The Midsummer Marriage | Michael Tippett | A primeira ópera a grande escala de Tippett está escrita sobre un libreto do propio compositor.[43] |
1956 | Candide | Leonard Bernstein | Inspirada en Voltaire, a aria de soprano "Glitter and Be Gay" é unha parodia das xoias da canción romántica.[44] |
1957 | Dialogues des Carmélites | Francis Poulenc | A mellor ópera de Poulenc sitúase nun convento durante a Revolución Francesa[1]. |
1958 | Vanessa | Samuel Barber | Vanessa gañou un premio Pulitzer en 1958[45]. Bastante próxima ao verismo e ao posromanticismo, case sempre baixo un marco tonal convencional[1]. |
1959 | La voix humaine | Francis Poulenc | Unha ópera curta cun único personaxe: unha muller desesperada ao teléfono co seu amante[7]. |
1960 | A Midsummer Night's Dream | Benjamin Britten | Baseada nun libreto adaptado da obra de Shakespeare por el mesmo e o seu socio Peter Pears, a obra de Britten é pouco común na historia da ópera, xa que conta cun contratenor no papel principal masculino.[41] |
1961 | Elexía para xoves amantes | Hans Werner Henze | Henze pediulle aos seus libretistas, W. H. Auden e Chester Kallman, unha escena que o inspirara a compoñer "tenros e fermosos ruídos".[46] |
1962 | King Priam | Michael Tippett | A segunda ópera de Tippet, composta a partir doutro libreto propio "pouco famoso"[11], foi inspirada pola Ilíada de Homero.[43] |
1964 | Curlew River | Benjamin Britten | Unha moderna "ópera litúrxica" composta para ser interpretada nunha contorna eclesiástica.[41] |
1965 | Der junge Lord | Hans Werner Henze | A última composición de Henze durante a súa estadía en Italia é considerada a máis italianizada das súas obras dramáticas.[46] |
1965 | Die Soldaten | Bernd Alois Zimmermann | A primeira versión da ópera foi rexeitada pola Oper Köln por considerala imposible para o seu escenario: Zimmermann foi obrigado a reducir o tamaño da orquestra e a cortar algunhas demandas técnicas previamente requiridas.[46] |
1966 | Antony and Cleopatra | Samuel Barber | A primeira versión da ópera foi composta a partir dun libreto integramente con textos de Shakespeare e foi considerada un fracaso.[45] Posteriormente foi revisada por Menotti e converteuse nun éxito. |
1966 | Die Bassariden | Hans Werner Henze | Esta ópera de Henze está baseada nun libreto de Auden e Kallman, que lle requiriron ao compositor que escoitara Götterdämmerung antes de comezar a compoñer a música.[46] |
1967 | The Bear | William Walton | O libreto extravagante de Walton está baseado en Chakhov.[46] |
1968 | The Prodigal Son | Benjamin Britten | A terceira das parábolas de Britten para representarse na igrexa.[47] |
1969 | Die Teufel von Loudun | Krzysztof Penderecki | A primeira ópera de Penderecki é tamén a máis popular.[47] |
1970 | The Knot Garden | Michael Tippett | Tippett creou o seu propio escenario moderno para o libreto da obra, a súa terceira ópera.[43] |
1971 | Owen Wingrave | Benjamin Britten | Esta ópera antibelicista de Britten foi escrita especialmente para a BBC[7]. |
1972 | Taverner | Peter Maxwell Davies | Davies foi unha das figuras máis representativas da emerxente música británica nos anos '60. Esta ópera está baseada nunha lenda do século XVI sobre o compositor John Taverner[7]. |
1973 | Death in Venice | Benjamin Britten | A última ópera de Britten foi estreada tres anos despois da súa morte[11]. |
1976 | Einstein on the beach | Philip Glass | Os seus episodios musicais teñen pouco que ver cunha ópera tradicional, aínda que o canto, especialmente o do coro, non deixa de ter características suficientes para englobar esta obra na tradición operística occidental[1]. |
1978 | Le Grand Macabre | György Ligeti | Estreada en Estocolmo en 1978, Ligeti revisou profundamente a ópera en 1996.[48] |
1978 | Lear | Aribert Reimann | Unha ópera expresionista baseada na traxedia de Shakespeare. O papel principal foi especialmente escrito para o famoso barítono Dietrich Fischer-Dieskau[7] |
1980 | The Lighthouse | Peter Maxwell Davies | Davies compuxo a súa segunda ópera de cámara a partir dun libreto propio.[46] |
1983 | Saint François d'Assise | Olivier Messiaen | Esta ópera require unha orquestra de 120 músicos, así como un coro considerable.[48] |
1984 | Un re in ascolto | Luciano Berio | Esta ópera foi composta a partir dun libreto montado polo compositor a partir de tres textos e autores diferentes: Friedrich Einsiedel, W. H. Auden e Friedrich Wilhelm Gotter.[49] |
1984 | Akhnaten | Philip Glass | Ao contrario da súa primeira ópera Einstein on the Beach, a escritura e o estilo son máis convencionais e líricos e moita da música da obra é unha das máis disonantes que escribiu Glass.[50] |
1986 | The Mask of Orpheus | Harrison Birtwistle | A ópera máis ambiciosa de Birtwistle examina o mito de Orfeo dende distintos ángulos[7]. |
1987 | A Night at the Chinese Opera | Judith Weir | Esta obra está baseada nunha obra teatral chinesa da dinastía Yuan[7]. |
1987 | Nixon in China | John Adams | O estilo musical da ópera é minimalista, esta "ópera de noticias" narra a reunión de Richard Nixon con Mao Tse Tung en 1972[7]. |
1991 | Gawain | Harrison Birtwistle | A ópera de Birtwistle está baseada no poema medieval inglés Sir Gawain and the Green Knight.[46] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,000 1,001 1,002 1,003 1,004 1,005 1,006 1,007 1,008 1,009 1,010 1,011 1,012 1,013 1,014 1,015 1,016 1,017 1,018 1,019 1,020 1,021 1,022 1,023 1,024 1,025 1,026 1,027 1,028 1,029 1,030 1,031 1,032 1,033 1,034 1,035 1,036 1,037 1,038 1,039 1,040 1,041 1,042 1,043 1,044 1,045 1,046 1,047 1,048 1,049 1,050 1,051 1,052 1,053 1,054 1,055 1,056 1,057 1,058 1,059 1,060 1,061 1,062 1,063 1,064 1,065 1,066 1,067 1,068 1,069 1,070 1,071 1,072 1,073 1,074 1,075 1,076 1,077 1,078 1,079 1,080 1,081 1,082 1,083 1,084 1,085 1,086 1,087 1,088 1,089 1,090 1,091 1,092 1,093 1,094 1,095 1,096 1,097 1,098 1,099 1,100 1,101 1,102 1,103 1,104 1,105 1,106 1,107 1,108 1,109 1,110 1,111 1,112 1,113 1,114 1,115 1,116 1,117 1,118 1,119 1,120 1,121 1,122 1,123 1,124 1,125 1,126 1,127 1,128 1,129 1,130 1,131 1,132 1,133 1,134 1,135 1,136 1,137 1,138 1,139 1,140 1,141 1,142 1,143 1,144 1,145 1,146 1,147 1,148 1,149 1,150 1,151 1,152 1,153 1,154 1,155 1,156 1,157 1,158 1,159 1,160 1,161 1,162 1,163 1,164 1,165 1,166 1,167 1,168 1,169 1,170 1,171 1,172 1,173 1,174 1,175 1,176 1,177 1,178 1,179 1,180 1,181 1,182 1,183 1,184 1,185 1,186 1,187 1,188 1,189 1,190 1,191 1,192 1,193 1,194 1,195 1,196 1,197 1,198 1,199 1,200 1,201 Alier, Roger (2007). Ediciones Robinbook, ed. Guia Universal de la ópera. Barcelona. ISBN 978-84-96924-03-1.
- ↑ John Whenham, escrito no The New Grove Dictionary of Opera.
- ↑ 3,0 3,1 Ellen Rosand, en grovemusic.com
- ↑ Martha Novak Clinkscale, en grovemusic.com
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 5,17 5,18 5,19 5,20 5,21 5,22 5,23 5,24 5,25 5,26 5,27 5,28 5,29 5,30 5,31 Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie. Espasa Calpe, ed. Ópera. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ 6,0 6,1 Curtis Price, en grovemusic.com
- ↑ 7,000 7,001 7,002 7,003 7,004 7,005 7,006 7,007 7,008 7,009 7,010 7,011 7,012 7,013 7,014 7,015 7,016 7,017 7,018 7,019 7,020 7,021 7,022 7,023 7,024 7,025 7,026 7,027 7,028 7,029 7,030 7,031 7,032 7,033 7,034 7,035 7,036 7,037 7,038 7,039 7,040 7,041 7,042 7,043 7,044 7,045 7,046 7,047 7,048 7,049 7,050 7,051 7,052 7,053 7,054 7,055 7,056 7,057 7,058 7,059 7,060 7,061 7,062 7,063 7,064 7,065 7,066 7,067 7,068 7,069 7,070 7,071 7,072 7,073 7,074 7,075 7,076 7,077 7,078 7,079 7,080 7,081 7,082 7,083 7,084 7,085 7,086 7,087 7,088 7,089 7,090 7,091 7,092 7,093 7,094 7,095 7,096 7,097 7,098 7,099 7,100 7,101 7,102 7,103 7,104 7,105 7,106 7,107 7,108 7,109 7,110 7,111 7,112 7,113 7,114 7,115 7,116 7,117 7,118 7,119 7,120 7,121 7,122 7,123 The Viking Opera Guide, 1993. ISBN 0-670-81292-7
- ↑ Segundo John Mainwaring, o primeiro biógrafo de Händel, O teatro en case tódalas pausas resoaba con berros de "Viva il caro Sassone". Estaban atónitos polo sublime do seu estilo: ata aquela non coñeceran tan de cerca tódolos poderes que poden despregar a harmonía e a modulación combinadas.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Anthony Hicks, en grovemusic.com
- ↑ Robert D. Hume, en grovemusic.com
- ↑ 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 11,11 11,12 11,13 Orrey, Leslie and Milne, Rodney (1987). Opera: A Concise History. World of Art, Thames & Hudson. ISBN 0-500-20217-6.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Graham Sadler, en grovemusic.com
- ↑ Stanley Sadie, en grovemusic.com
- ↑ Mary Hunter, en grovemusic.com
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 Julian Rushton, en grovemusic.com
- ↑ Caryl Clark, en grovemusic.com
- ↑ Gordana Lazarevich, en grovemusic.com
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 18,7 Richard Osborne, en grovemusic.com
- ↑ 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 19,10 19,11 Parker, Roger (ed). (1994). The Oxford Illustrated History of Opera. London: Oxford University Press. ISBN 0-19-816282-0.
- ↑ A. Dean Palmer, en grovemusic.com
- ↑ Simon Maguire, en grovemusic.com
- ↑ 22,0 22,1 William Ashbrook, en grovemusic.com
- ↑ 23,0 23,1 23,2 Roger Parker, en grovemusic.com
- ↑ Penguin Guide to Opera on CD páx. 114
- ↑ 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 25,5 Julian Budden, en grovemusic.com
- ↑ Penguin Guide to Opera on Compact Discs p.53
- ↑ Rémy páx. 456
- ↑ Peter Ross, en grovemusic.com
- ↑ 29,0 29,1 Richard Taruskin, en grovemusic.com
- ↑ Jan Smaczny, en grovemusic.com
- ↑ Peter Franklin, escrito en Grove
- ↑ 32,0 32,1 Michael Kennedy, en grovemusic.com
- ↑ 33,0 33,1 David Murray, en grovemusic.com
- ↑ Roger Nichols, en grovemusic.com
- ↑ KEMP, Ian. Hindemith's Cardillac . The Musical Times, páx. 268-269, 271 (1970).
- ↑ Tibor Tallián, en grovemusic.com
- ↑ 37,0 37,1 Stephen Hinton, en grovemusic.com
- ↑ John Tyrrell, en grovemusic.com
- ↑ Richard Crawford, en grovemusic.com
- ↑ 40,0 40,1 40,2 Bruce Archibald, en grovemusic.com
- ↑ 41,0 41,1 41,2 41,3 41,4 Arnold Whittal, en grovemusic.com
- ↑ Anthony Sellors, en grovemusic.com
- ↑ 43,0 43,1 43,2 Geraint Lewis, en grovemusic.com
- ↑ Jon Alan Conrad, en grovemusic.com
- ↑ 45,0 45,1 Barbara B. Heyman, en grovemusic.com
- ↑ 46,0 46,1 46,2 46,3 46,4 46,5 46,6 Andrew Clements, en grovemusic.com
- ↑ 47,0 47,1 Adrian Thomas, en grovemusic.com
- ↑ 48,0 48,1 Paul Griffiths, en grovemusic.com
- ↑ David Osmond-Smith, en grovemusic.com
- ↑ Tim Page, en grovemusic.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alier, Roger (2007). Ediciones Robinbook, ed. Guía Universal de la ópera. Barcelona. ISBN 978-84-96924-03-1.
- Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie. Ed. Espasa Calpe, p. 290, ed. Ópera. ISBN 978-84-670-2605-4.
- Rémy, Pierre-Jean (2006). Ed. Paidós, ed. Diccionario del amante de la ópera. Barcelona. ISBN 84-493-1871-8.
- The Viking Opera Guide, 1993. ISBN 0-670-81292-7
- The New Grove Dictionary of Opera, 2001 ISBN 0-333-60800-3
- Varias entradas de óperas, compositores e xéneros de: Grove Music Online ed. L. Macy, grovemusic.comArquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine. (acceso por subscrición).
- Warrack, John; West, Ewan (1992). The Oxford Dictionary of Opera. ISBN 0-19-869164-5.
- Boyden, Matthew; et al. (1997). Opera, the Rough Guide. ISBN 1-85828-138-5.
- Orrey, Leslie; Milnes, Rodney (1987). Opera: A Concise History. World of Art, Thames & Hudson. ISBN 0-500-20217-6.
- Encyclopædia Britannica: Macropedia Volume 24, 15th edition. "Opera" en "Musical forms and genres". ISBN 0-85229-434-4
- Parker (ed), Roger (1994). The Oxford Illustrated History of Opera. London: Oxford University Press. ISBN 0-19-816282-0.
- The Penguin Guide to Opera on Compact Discs ed. Greenfield, March e Layton (1993 edition). ISBN 0-14-046957-5.
- Stein, Louise K. (1999), La púrpura de la Rosa (Introdución á edición crítica da partitura e libreto), Ediciones Iberautor Promociones culturales S.R.L. / Instituto Complutense de Ciencias Musicales, 1999, ISBN 84-8048-292-3 (reprimpreso con permiso do editor en Mundoclasico.com)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Operabase.com. Lista das óperas máis representadasArquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- A-Z of Opera por Keith Anderson, Naxos, 2000 Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine.