Saltar ao contido

Praza de América (Vigo)

(Redirección desde «Praza de América de Vigo»)
Praza de América
Centro da praza, co monumento Porta do Atlántico do ponteareán Silverio Rivas.
Tipoloxíapraza
Dimensións
Formatorotonda de 3 carrís por sentido

A praza de América, tamén chamada praza das Travesas, é unha das principais prazas de Vigo, situada nas Travesas.

Descoñécese a data exacta da súa construción, posto que nos seus comezos non era máis que un cruzamento de vías polo que transitaba o tráfico a motor, os peóns e o tranvía.

En 1991, baixo o mandato do alcalde Manoel Soto, construíuse a rotonda central e o monumento que a preside, a Porta do Atlántico, unha escultura granítica traída das canteiras do Porriño e esculpida polo artista ponteareán Silverio Rivas coa axuda da Escola de Canteiros de Poio[1]. O monumento pretendeu ser unha homenaxe aos emigrantes galegos que partiron cara a América dende o porto da cidade nos séculos XIX e XX.

En 2019 foi remodelada e humanizada, converténdose nun parque axardinado e peonil.

A praza de América é o lugar habitual de celebración dos éxitos do Real Club Celta de Vigo[2].

Distribución

[editar | editar a fonte]

A praza de América atópase entre as parroquias de Castrelos, Freixeiro e Coia. Á praza van desembocar varias rúas principais da cidade:

  • Avenida da Gran Vía
  • Avenida de Castrelos
  • Avenida da Florida
  • Avenida do Fragoso
  • Avenida de Castelao
  • Rúa da Coruña
  • Rúa de López Mora

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]