Saltar ao contido

Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rio Natura Monbus Obradoiro»)
Monbus Obradoiro
Información xeral
Nome Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, S.A.D.[1]
Liga Primeira FEB
Alcume Obra
Fundación 6 de outubro de 1970
Cores                Branco, azul, granate
Propietario Galicia Raúl López
Presidente Galicia Raúl López
Director España Héctor Galán
Adestrador Galicia Gonzalo Rodríguez
Patrocinador Monbus
Vestimenta GEFF
Mascota Oca Petroni
Seareiros Somos Obra
Localización
Cidade Galicia Compostela, Galicia
Pavillón Multiúsos Fontes do Sar
Capacidade 6.666
Inauguración 1998
Campionatos
Príncipe 1 (2011)
Copa Galicia 10 (2010−2017, 2019, 2023)
obradoirocab.com
Para a actual tempada, ver :
Obradoiro CAB 2024/2025

O Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto, S.A.D.[2], denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite na segunda categoría do baloncesto español, a Primeira FEB.

Até 1970 o baloncesto da cidade de Compostela estivo representado nas competicións oficiais por un equipo do SEU e por unha sección da SD Compostela. Nese ano naceu o Obradoiro CAB, fundado por un grupo de 29 afeccionados dispostos a darlle un pulo renovado ó deporte da canastra na cidade. Na tempada 1970-71 o Obradoiro partiu da Terceira División, ocupando a praza da sección de baloncesto da SD Compostela. Naqueles tempos o equipo xogaba no antigo ximnasio universitario, onde na actualidade está o Auditorio da USC.[3]

Despois de ascender dende a Terceira División á Segunda División no seu terceiro ano de existencia, o Obradoiro CAB acadou a máxima división do baloncesto español ao remate da tempada 1981-82, cando ascendeu tras derrotar o CB Mataró. Formaban parte dese equipo Mario Iglesias, Eduardo Echarri, Jan Lomas, Balagué, Arturo Corts, Javi Vallejo, Montero, José Cobelo, Manolo Vidal, Alberto Abalde, Gil, Popocho Modrego, Julio Bernárdez e Pepe Casal, e Antonio Castro era o presidente da entidade.[4]

Nesa primeira tempada en primeira división o Obradoiro gañou unicamente dous encontros, e rematou na 14ª e última posición.[5]

Pavillón de Santa Isabel, fogar do Obradoiro entre 1990 e 2009.

En 1990 tenta de novo ascender a primeira, e ten que xogar a eliminatoria contra o Júver Murcia. No primeiro partido xoga polos murcianos Esteban Pérez, con nacionalidade arxentina, o que daquela supuña un aliñamento indebido.[6] O Obradoiro reclama o aliñamento e nos seguintes dous partidos da eliminatoria o Júver non inclúe a Pérez. Os tres partidos rematarían coa derrota do Obradoiro, pero este club reclama, primeiro á xustiza deportiva e logo pola vía ordinaria. Mentres se resolve o proceso, o Obradoiro descende varias categorías e móvese durante a década dos noventa e o comezo do século XXI polas categorías inferiores estatais e polas categorías galegas.

Nese tempo naceu e medrou outro club de baloncesto na capital galega, o CB Rosalía, que se converteu no equipo de baloncesto de referencia na cidade durante máis dunha década, chegando mesmo a loitar polo ascenso á Liga ACB na tempada 2007-08.

Fin do conflito e volta á ACB

[editar | editar a fonte]

En 2003 o preito resólvese, e a Xustiza obriga a ACB a readmitir o equipo na primeira división estatal: pero os recursos económicos da entidade non poden facerlle fronte aos avais de 2003, e acoden de novo á xustiza para conseguir unhas condicións de acceso como en 1990. O Tribunal Supremo volve darlles a razón polo que lles concede unha praza na ACB nas condicións daquela tempada, e coa posibilidade de facela efectiva ao longo de tres anos.

Comezou a tempada 2009-10 xogando na casa contra o Barcelona, cunha derrota coma resultado.[7] Tras catro derrotas nos catro primeiros partidos, a primeira vitoria chegou na 5ª xornada contra o Baloncesto Fuenlabrada por 86-66 no Multiúsos Fontes do Sar.[8] Malia unha gran primeira volta na que rematou na undécima posición con 7 vitorias e 10 derrotas, rematou por descender á Liga LEB tras conseguir tan só unha vitoria na segunda volta e finalizar na penúltima posición con tan só 8 vitorias. Como feitos destacables cabe salientar a vitoria no Sar na 12ª xornada ante o Real Madrid por 78-68.[9]

Á tempada seguinte na LEB Ouro, o Obradoiro fixo un equipo de garantías para volver o antes posible á ACB. Xogadores coma Alberto Corbacho, Levon Kendall ou Oriol Junyent chegaron a Santiago para devolver ó Obradoiro á máxima categoría. Todos eles baixo o mando no novo adestrador, o galego Moncho Fernández. O equipo comezou con 13 vitorias nos 13 primeiros partidos e rematou a primeira volta no máis alto da táboa, clasificándose dese modo para a Copa Príncipe. Tras un partido moi igualado, o Obradoiro conseguiu finalmente o trofeo tras derrotar ó CB Murcia por 81-78.[10] Ademais, Alberto Corbacho foi elixido mellor xogador da Copa Príncipe.

Tras unha segunda volta máis irregular, na que perdeu catro partidos, foi o Murcia quen ascendeu directamente á Liga ACB, e o Obradoiro tivo que disputar os playoffs tras rematar na segunda posición. Ó remate da tempada regular, Oriol Junyent foi incluído no mellor quinteto da tempada da LEB Ouro. Na primeira rolda dos playoffs de ascenso á ACB, o Obradoiro derrotou ó Cáceres Creativa por 3-1. Na segunda rolda agardaba o Leite Río Breogán de Lugo. O derbi galego rematou coa vitoria do Obradoiro por un contundente 3-0. O Ford Burgos, que rematou por detrás do conxunto santiagués na tempada regular, foi o rival na última rolda para o ascenso á ACB. O Obradoiro conseguiu gañar os dous primeiros partidos no Sar para poñer o ascenso a unha soa vitoria. En Burgos, a serie poñíase 2-1 tras unha axustada vitoria do Ford Burgos. No cuarto partido, tras un gran primeiro cuarto do Obradoiro no que tan só encaixou 5 puntos, os santiagueses conseguían o retorno á Liga ACB só unha tempada máis tarde.[11]

Estabilidade e primeiros playoffs ACB

[editar | editar a fonte]
O checo Pavel Pumprla nos playoffs da ACB de 2013 contra o Real Madrid.

Para a tempada 2011-12, o Obradoiro mantivo a base do equipo que lograra o ascenso o ano anterior e fixo poucas incorporacións, na que destacou a do gabonés Stephane Lasme. Tras unha complicada primeira volta na que tan só conseguiron 4 vitorias e o descenso ameazaba de novo, o Obradoiro fíxose forte no Sar na segunda parte da competición, conseguindo 6 vitorias en 8 partidos na casa e rematando a liga na 13ª posición. A gran tempada de Lasme propiciou o interese de varios equipos europeos e da NBA pola súa incorporación, e finalmente fichou polo Panathinaikos grego ó rematar a tempada.

O Obradoiro, con grandes incorporacións coma Pavel Pumprla, Salah Mejri ou Robbie Hummel, clasificouse por primeira vez na súa historia para os Playoffs da Liga ACB na tempada 2012-13, tras rematar na oitava posición con 18 vitorias en 34 partidos. Na primeira rolda enfrontouse ó Real Madrid por 2-0, equipo que remataría proclamándose campión de liga ó remate dos Playoffs. Nesa tempada salientou o tunesino Salah Mejri, que foi escollido coma xogador revelación da liga tras acadar 9.2 puntos, 5.2 rebotes por encontro, ademais de ser o máximo taponador da liga con 1.6 tapóns por partido. Na votación rematou con 65 puntos, cinco máis que o seu compañeiro Alberto Corbacho e Lucas Nogueira, do Estudiantes.[12]

A difícil tarefa de repetir presenza nos playoffs non foi posible na seguinte tempada. As marchas de Salah Mejri ó Real Madrid, de Levon Kendall ó Herbalife Gran Canaria e de Robbie Hummel ós Minnesota Timberwolves da NBA foron moi importantes para un Obradoiro que se reforzou co croata Mario Delaš ou o pivote estadounidense Mike Muscala, quen deixou o equipo á metade da tempada para fichar polos Atlanta Hawks da NBA.[13] Malia todo, o Obradoiro conseguiu rematar na 12ª posición con 13 vitorias e 21 derrotas.

Na tempada 2014-15, o Obradoiro comezou cun equipo practicamente novo. Tan só Alberto Corbacho, Pavel Pumprla e Rafa Luz repetiron no cadro de xogadores do equipo santiagués. Esta tempada deixou un partido para a historia; o 14 de marzo de 2015, o Obradoiro conseguiu o maior triunfo da súa historia e o oitavo da historia da ACB tras derrotar ó UCAM Murcia por 104-52.[14] O alemán Maxi Kleber e o polaco Adam Waczyński, acabados de chegar a Santiago, axudaron co seu gran rendemento a que o Obradoiro rematara de novo na 12ª posición conseguindo 15 vitorias, o número máis alto dende a clasificación do equipo para os playoffs.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Outras competicións

[editar | editar a fonte]

Traxectoria en liga

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa o percorrido do Obradoiro CAB polas diversas categorías do baloncesto nacional dende a tempada de debut en 1970/71 até a actualidade:[16]

Categoría 2025 24 23 22 21 20 19 18 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71
Liga ACB/1ª División 17 11 15 14 14 15 12 13 15 12 12 8 13 17 14
LEB Ouro/1ª División B Disputándose 2 15 5 13 22 6 7 12 3 8 14 8 4 4 8
LEB Prata/2ª División 1 2 9
Categorías rexionais
  • Tempadas na máxima categoría do baloncesto nacional (Liga ACB ou equivalente): 15
82/83, 09/10, 11/12, 12/13, 13/14, 14/15, 15/16, 16/17, 17/18, 18/19, 19/20, 20/21, 21/22, 22/23, 23/24
  • Tempadas na segunda categoría do baloncesto nacional (LEB Ouro ou equivalente): 15
73/74, 74/75, 75/76, 76/77, 77/78, 80/81, 81/82, 83/84, 85/86, 86/87, 87/88, 88/89, 89/90, 91/92, 10/11, 24/25
  • Tempadas noutras categorías: 24
78/79, 79/90, 84/85, 90/91, 92/93, 93/94, 94/95, 95/96, 96/97, 97/98, 98/99, 99/00, 00/01, 01/02, 02/03, 03/04, 04/05, 05/06, 06/07, 07/08, 08/09
Os números do Obradoiro CAB en ACB / Primeira División
Tempadas Xog. Gañ. Per. P+ P- Postos na Tempada Regular Resultado final
2023-24 34 11 23 2760 2868 17º de 18 Descenso.
2022-23 34 14 20 2694 2832 11º de 18 Permanencia.
2021-22 34 12 22 2792 2930 15º de 18 Permanencia.
2020-21 36 12 24 2888 3015 14º de 19 Permanencia.
2019-20 23 9 14 1832 1972 14º de 18 Permanencia.
2018-19 34 11 23 2645 2823 15º de 18 Permanencia.
2017-18 34 14 20 2650 2742 12º de 18 Permanencia.
2016-17 32 11 21 2439 2626 13º de 17 Permanencia.
2015-16 34 10 24 2564 2685 15º de 18 Permanencia.
2014-15 34 15 19 2467 2535 12º de 18 Permanencia.
2013-14 34 13 21 2548 2624 12º de 18 Permanencia.
2012-13 34 18 16 2720 2640 de 18 Cuartos de final.
2011-12 34 13 21 2405 2481 13º de 18 Permanencia.
2009-10 34 8 26 2519 2814 17º de 18 Descenso.
1982-83 26 2 24 1895 2466 14º de 14 Descenso.
  • Xog. Xogados ; Gañ. Gañados ; Per Perdidos ; P+ Puntos anotados ; P- Puntos encaixados.

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Exterior do Multiúsos Fontes do Sar.
Interior do Multiúsos Fontes do Sar.

O Obradoiro CAB xoga os seus encontros como local no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, situado no leste da cidade, nunha zona coñecida como Brañas de Sar, ó pé do Monte Gaiás. O recinto foi inaugurado en 1998, e ten capacidade para acoller a 6.050 seareiros. O equipo comparte este pavillón co Santiago Futsal, o equipo de fútbol sala que compite na máxima categoría da LNFS. Este pavillón é propiedade do Concello de Santiago de Compostela.

O primeiro fogar do Obradoiro CAB foi o Ximnasio da USC (actual Auditorio do Campus Vida). En 1975 mudouse ó Pavillón Brañas do Sar, construído polo propio club.[17] Nese recinto chegaron os primeiros grandes éxitos da entidade, incluíndo a tempada 1982-83 na que o equipo competiu na máxima categoría da Liga Española de Baloncesto. Coa chegada dos problemas legáis o equipo comezou a xogar no Pavillón Municipal de Santa Isabel, propiedade do concello, que pasou a ser o principal pavillón da cidade. O Obradoiro CAB volveu a Sar en 2009, para xogar no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, construído sobre o antigo Pavillón Brañas do Sar.

Dende o regreso do Obradoiro CAB á elite do baloncesto nacional, a afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do equipo na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas. De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pavillón medrou ata os 5241.[18]

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Xogadores do Obradoiro CAB.

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Monbus Obradoiro 2023−2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 0 Howard, Jordan 1,80 m (5 ft 11 in) 82 kg (181 lb) Napoli Basket (2023)
A 1 Scrubb, Thomas 1,98 m (6 ft 6 in) 91 kg (201 lb) JL Bourg (2021)
B 5 Zurbriggen, Fernando 1,85 m (6 ft 1 in) 86 kg (190 lb) Obras Sanitarias (2021)
A 6 Timma, Jānis 2,03 m (6 ft 8 in) 103 kg (227 lb) Darüşşafaka SK (2024)
B 7 España Figueras, Pol 1,85 m (6 ft 1 in) 80 kg (176 lb) Bàsquet Girona (2023)
B 8 Strēlnieks, Jānis 1,91 m (6 ft 3 in) 88 kg (194 lb) Scafati Basket (2024)
B 10 Dotson, Devon 1,85 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb) Capital City Go-Go (2024)
P 11 Lituania Blaževič, Marek 2,11 m (6 ft 11 in) 114 kg (251 lb) Žalgiris Kaunas (2022)
P 13 Ucraína Pustovyi, Artem 2,19 m (7 ft 2 in) 89 kg (196 lb) UCAM Murcia (2023)
E 26 Mendoza, Rigoberto 1,91 m (6 ft 3 in) 82 kg (181 lb) Piratas de La Guaira (2023)
P 32 España Guerrero, Rubén 2,13 m (7 ft 0 in) 110 kg (243 lb) Unicaja Málaga (2022)
A 33 España Muñoz, Álvaro 1,96 m (6 ft 5 in) 91 kg (201 lb) Bàsquet Manresa (2019)
AP 44 Tinkle, Tres 2,03 m (6 ft 8 in) 102 kg (225 lb) Le Mans Sarthe Basket (2023)
B 50 Ucraína Kovliar, Oleksandr 1,91 m (6 ft 3 in) 85 kg (187 lb) BC Kalev/Cramo (2023)
AP 93 España Suárez, Álex 2,06 m (6 ft 9 in) 101 kg (223 lb) CB Canarias (2020)
Adestrador
Galicia Moncho Fernández
Asistente(s)
Galicia Gonzalo Rodríguez
Galicia Víctor Pérez
Preparador(es) físico(s)
Galicia Rubén Vieira
Galicia Tomás Richartz

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 18−032024

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados do Obradoiro CAB
Xogador Posición Etapa Data de retiro do dorsal
4 Bernard Hopkins Ala-pivote 2010-2012 2013 [19]
14 Tonecho Lorenzo Ala 1971-1976; 1977-1978 16 de outubro de 2021 [20]
15 Oriol Junyent Pivote 2009; 2010-2014 10 de maio de 2015 [21]

Estatísticas individuais

[editar | editar a fonte]

Datos actualizados ata a tempada 2021-22.[22]
En letra negra os xogadores que xogan actualmente no equipo.

Competicións europeas

[editar | editar a fonte]
Partidos en competición europea do Obradoiro CAB
Tempada Competición Rolda Data Rival Resultado
2023–24 Clasificación da Basketball Champions League - Grupo III Cuartos de final 26 de setembro de 2023 KK Mornar Bar 56–90
2023–24 Clasificación da Basketball Champions League - Grupo III Semifinais 28 de setembro de 2023 Polonia Legia Warszawa 66–74
2023–24 Clasificación da Basketball Champions League - Grupo III Final 30 de setembro de 2023 Francia SIG Strasbourg 82–78

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

Xogador Revelación da ACB

Mellor quinteto novo da ACB

MVP da xornada da ACB

[editar | editar a fonte]
Xogadores que acadaron o MVP da Xornada da ACB
Xogador Xornada Tempada Valoración
Rafael Hettsheimeir 13 2009–10 35
Grecia Kostas Vasileiadis 25 2009–10 35
Stephane Lasme 18 2011–12 37
Levon Kendall 4 2012–13 30
Tunisia Salah Mejri 26 2012–13 29
Mike Muscala 18 2013–14 32 1
España Alberto Corbacho 21 2013–14 31
Alemaña Maxi Kleber 25 2014–15 45
Polonia Adam Waczyński 32 2014–15 30
Polonia Adam Waczyński 3 2015–16 36
Nemanja Radović 9 2017–18 29
Grecia Kostas Vasileiadis 11 2018–19 31
Eslovaquia Vladimir Brodziansky 12 2018–19 37
Eslovaquia Vladimir Brodziansky 17 2018–19 25 2
Grecia Kostas Vasileiadis
Fletcher Magee 6 2019–20 33
Lituania Laurynas Birutis 1 2020–21 42
Lituania Laurynas Birutis 9 2020–21 37
Kassius Robertson 15 2020–21 35
Steven Enoch 27 2020–21 34
Lituania Laurynas Birutis 4 2021–22 30
Lituania Laurynas Birutis 12 2021–22 28
Lituania Laurynas Birutis 16 2021–22 37
Kassius Robertson 28 2022–23 40
Thomas Scrubb 6 2023–24 32 3

1 Compartido con Andy Panko do Baloncesto Fuenlabrada.
2 Compartido con Javier Beirán do Iberostar Tenerife.
3 Compartido con Joe Thomasson do Covirán Granada.

MVP do mes da ACB

[editar | editar a fonte]
Xogadores que acadaron o MVP do Mes da ACB
Xogador Mes Tempada Valoración
Grecia Kostas Vasileiadis Decembro 2018 2018–19 22.6
Lituania Laurynas Birutis Setembro 2020 2020–21 27.7
Ucraína Artem Pustovyi Maio 2024 2023–24 22.3
  1. Historia do Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto
  2. Historia do Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto
  3. "Historia do Obradoiro CAB na páxina oficial do club". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2013. 
  4. Aquella temporada en la elite Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., artigo de El Correo Gallego. (en castelán)
  5. "Resultados do Obradoiro CAB na tempada 1982-83 da Liga". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2013. 
  6. 21 años después... el Obra vuelve al play-off a la ACB (en castelán)
  7. "Xacobeo Blu:sens 63-80 FC Barcelona". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 
  8. "Xacobeo Blu:sens 86-66 Ayuda en Acción Fuenlabrada". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 02 de xuño de 2015. 
  9. "Xacobeo Blu:sens 78-68 Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 
  10. El Blu:Sens Monbús Obradoiro alza su primera Copa Príncipe (81-78)
  11. Ford Burgos 64-75 Blu:sens Monbús
  12. "Salah Mejri es el Jugador Revelación 2012-13". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 02 de xuño de 2015. 
  13. "Rio N. Monbus y Atlanta Hawks alcanzan un acuerdo para el traspaso de Muscala". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 02 de xuño de 2015. 
  14. "El Rio Natura Monbus dobla al UCAM Murcia para hacer historia (104-52)". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 02 de xuño de 2015. 
  15. "Palmarés da Copa Galicia de baloncesto na páxina da Federación Galega". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2013. 
  16. "Traxectoria do Obradoiro CAB polas distintas ligas de baloncesto dende a súa fundación na web da ACB". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2013. 
  17. El viejo e inolvidable pabellón de Sar Arquivado 04 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
  18. "Datos obtidos sumando as cifras oficiais de cada xornada da Liga ACB e dividindo entre o número de encontros". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de marzo de 2013. 
  19. "Robbie Hummel por Bernard Hopkins: el `4´de Baltimore deja paso al `4´de Indianápolis". obradoirocab.com. 6 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  20. "O Monbus Obradoiro retirará o dorsal 14 en honra a Tonecho Lorenzo no partido do sábado ante UCAM Murcia". ACB.com. 16 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2021. Consultado o 16 de outubro de 2021. 
  21. "El Fontes do Sar despide en pie a Junyent y retira su camiseta". ACB.com. 10 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015. 
  22. "Estatísticas Obradoiro CAB na Liga ACB". Consultado o 28 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]