Wikipedia:I Concurso de Edición da Galipedia
A Universidade de Santiago de Compostela convocou, a través das comisións de normalización lingüística das Facultades de Matemáticas e Psicoloxía e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, o I Concurso de Edición da Galipedia, dirixido a toda a comunidade universitaria co obxecto de promover a produción e a difusión de artigos de calidade contrastada da Wikipedia en galego en áreas como as matemáticas, a psicoloxía e nalgunhas enxeñarías. Velaquí a convocatoria.
Para participar no concurso cómpre inscribirse antes do 31 de maio. Teranse en conta as edicións feitas ata o día 5 de setembro, xa sexan creando un artigo novo ou mellorando de forma significativa algún xa existente. Concederanse un total de seis premios, dous por cada área de coñecemento.
Participantes
[editar a fonte]Ferramentas
[editar a fonte]- Lembrade que se estades a traballar nun artigo, podedes incluír o marcador {{en uso}}
Propostas
[editar a fonte]Existe unha proposta de artigos por crear que está relacionada co Wikiproxecto matemáticas. Evidentemente se che apetece facer outras do teu gusto tamén son benvidas e interesantes. Tamén existe unha lista de páxinas curtas ou a mellorar: matemáticas en progreso, psicoloxía en progreso.
Logros
[editar a fonte]Participaron quince persoas, que realizaron máis de 580 edicións en 75 artigos. Máis alá dos premios acadados, todas estas achegas son válidas e contribúen a crear coñecemento libre en lingua galega en diversos campos das matemáticas, a psicoloxía, a enxeñaría informática ou a intelixencia artificial.
Creáronse numerosos artigos novos, en boa medida en base a traducións doutras Wikipedias, pero tamén se melloraron artigos xa existentes; por exemplo, os artigos Limiar sensorial e Transformador (modelo de aprendizaxe automática) multiplicaron por catro o seu tamaño. Ademais, no marco do concurso traducíronse ao galego algunhas imaxes, como Ficheiro:Transformador arquitectura.png e Ficheiro:Esquema RedeNeuralConvolucional.svg. Varias persoas non se centraron só nunha materia, senón que editaron artigos de diversos campos, e preocupáronse de que estivesen enlazados entre eles.
Afortunadamente varios usuarios habituais da Galipedia preocupáronse de axeitar erros das persoas novatas, como revisar o formato das citas, a ortografía ou as categorías. (grazas, entre outros, a Usuario:Breogan2008, Usuario:MAGHOI, Usuario:HombreDHojalata ou Usuario:Andresv.63). Unha das cousas a corrixir de cara a vindeiras edicións do concurso, se se celebra, é que non sempre se indicou a orixe da información.